Galicia se convierte en maestra de cultivos marinos para Brasil

OS RESPONSABLES DO DESENVOLVEMENTO DA ACUICULTURA EN BRASIL, VISITAN O INTECMAR, PARA COÑECER O SEU PROGRAMA DE CONTROL

 Los responsables del desarrollo de la acuicultura en Brasil visitan el Instituto Tecnológico para el Control del Medio Marino (Intecmar), con el fin de conocer sus programas de cultivos marinos.

  • A delegación brasileira chega da man do Ministerio de Ciencia e Innovación, para coñecer o potencial científico e industrial español en materia de cultivos mariños
  •  Visitaron centros de formación, control e investigación, así como as principais empresas de acuicultura

 

Santiago, 9 de novembro de 2010.- Unha delegación brasileira, composta polos principais responsables da Unidade de Acuicultura da Empresa Brasileira de Investigación Agropecuaria (EMBRAPA), e dous altos cargos do Ministerio de Pesca e Acuicultura, visitaron hoxe o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (INTECMAR), co fin de coñecer in situ o programa de control do medio mariño implantado en Galicia, e xestionado dende este centro.

 Covadonga Salgado, Directora do INTECMAR, acolleu aos visitantes e fíxolles unha completa exposición dos programas de mostraxe e procesos analíticos que se desenvolven nese Instituto, para velar pola calidade das augas na nosa faixa costeira e dar cumprimento á lexislación vixente en materia de control técnico-sanitario dos produtos do mar, actividade fundamental para o desenvolvemento do marisqueo e da acuicultura en Galicia.

 Os responsables da acuicultura brasileira atópanse en España invitados polo Ministerio de Ciencia e Innovación, con obxecto de que coñezan o potencial científico, tecnolóxico e industrial español, con vistas a desenvolver programas de cooperación en acuicultura mariña.

 Ademais do INTECMAR, outro centro dependente da Consellería do Mar, o Instituto Galego de Formación e Acuicultura (IGAFA), tamén estivo incluído entre as visitas de interese desta misión hispano-brasileira, xunto co Centro Oceanográfico de Vigo, do Instituto Español de Oceanografía (IEO); o Instituto de Investigacións Mariñas do Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC); o Instituto de Acuicultura da Universidade de Santiago de Compostela (USC); o Centro Tecnolóxico Galego de Acuicultura, do Clúster de Acuicultura de Galicia.

 Con este programa de visitas preténdese dar unha visión ampla da estratexia de investigación das diferentes institucións españolas, dos resultados máis relevantes e das formas máis efectivas de transferencia ó sector produtivo, así como da organización e xestión das propias instalacións científicas. 

Un comentario sobre “Galicia se convierte en maestra de cultivos marinos para Brasil

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s