Sueltan 15.000 alevines de salmón en el río Lérez para repoblarlo

MEDIO RURAL REPOBOA O LÉREZ CON 15.000 ALEVÍNS DE SALMÓN, PARA CONTINUAR COA SÚA RECUPERACIÓN NESTE RÍO

 La Xunta repuebla el río Lérez, en la provincia de Pontevedra, con 15.000 alevines de salmón para continuar con la recuperación de este río

  • O conselleiro Samuel Juárez asistiu hoxe á solta dos exemplares no refuxio de Cutián, acompañado polo delegado da Xunta en Pontevedra e o director xeral de Conservación da Natureza
  • O titular de Medio Rural salientou a importancia destas labores, tendo en conta a especial sensibilidade da especie neste curso fluvial, e gabou o labor do Seprona e dos axentes de Conservación da Natureza contra o furtivismo

 

Campo Lameiro (Pontevedra), 4 de novembro de 2010.- O conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, acompañado do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, o director xeral de Conservación da Natureza, Ricardo García-Borregón, o presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, Rafael Louzán e o alcalde de Campo Lameiro, Julio Sayáns, asistiu  á solta de 15.000 pintos de outono (alevíns de salmón) no río Lérez. A solta foi realizada por axentes de Conservación da Natureza no refuxio de Cutián, no concello pontevedrés de Campo Lameiro.

 Neste acto, o titular de Medio Rural salientou a importancia dos traballos de repoboación nos diferentes cursos fluviais de Galicia e, de maneira particular, os que se veñen desenvolvendo para a recuperación do salmón atlántico no Lérez, tendo en conta a especial sensibilidade desta especie no límite do seu hábitat norte.

 Juárez referiuse tamén ao furtivismo como inimigo e ameaza para esta e outras especies. Lembrou que no Lérez produciuse, precisamente este ano, un caso que tivo bastante repercusión e destacou o éxito do Seprona e dos axentes de Conservación da Natureza na loita contra este mal.

 O conselleiro indicou, ademais, a necesidade de reforzar as repoboacións de salmón autóctono nados nas nosas piscifactorías, neste caso no Centro Ictioxénico de Carballedo.

 Repoboación

Os traballos de repoboación de salmón no Lérez comezaron nos anos 90 do pasado século, realizándose melloras na accesibilidade, labores de redución da mortalidade e repoboacións propiamente ditas. Entre 1997 e 2009 soltáronse un total de 850.000 xuvenís de salmón neste río. Todos marcados, para facer unha valoración do proceso e calcular a taxa de recaptura.

 Transladáronse desde a estación de Bora á piscifactoría de Carballedo 160 adultos de salmón (95 femias e 65 machos), recapturándose ata o de agora algo máis de 300 exemplares. A taxa de recaptura varía entre 1 e 2 adultos recapturados por cada 1.000 xuvenís soltados.

 

Un comentario sobre “Sueltan 15.000 alevines de salmón en el río Lérez para repoblarlo

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s