El sector pesquero se enfrenta a causa del primer seguro de responsabilidad civil

AS FEDERACIÓNS DE CONFRARIAS DE PESCADORES TACHAN DE IRRESPONSABLES AS CRITICAS DE ASOAR-ARMEGA AO SEGURO DE RESPOSABILIDADE CIVIL IMPULSADO POLO SECTOR.-

 Las Federaciones de Cofradías de Pescadores gallegas tachan de irresponsables las críticas de Asoar-Armega al seguro de responsabilidad civil impulsado por el sector

«Non se pode máis que definir de “irresponsables” e “ignorantes” a aqueles que se postulan en contra dunha iniciativa que permitirá a implantación dun seguro marítimo galego, impulsado polas entidades máis representativas do sector da pesca de baixura e do marisqueo da nosa Comunidade Autónoma e que dará cobertura a máis de 25.000 traballadores do mar.

Na Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, aprobada polo goberno bipartito, establécese que as persoas físicas ou xurídicas que realicen actividades de pesca profesional, marisqueo ou acuicultura terán a obriga de constituir un seguro que garanta a cobertura de posibles danos a terceiros. A Consellería competente en materia de pesca, marisqueo e acuicultura somentes ten como obriga  promover a cultura do seguro no sector, fomentando iniciativas que potencien ou introduzan a subscrición de seguros de produción ou de calquera outra natureza dirixidos á cobertura de continxencias extraordinarias no exercicio da actividade pesqueira, marisqueira e acuicola.

 

Ata o 30 de setembro de 2010, en Galicia unicamente existía un seguro colectivo de accidentes no mar para os profesionais que traballan no sector pesqueiro fronte a accidentes que puideran sufrir no desenvolvemento da súa actividade, mais cunha cobertura mínima e que en ningún caso cubría aos armadores das embarcacións e que, polo tanto, non responde nin dá solución ás obrigas esixidas na Lei de Pesca de Galicia.

 

Polar Seguros Marítimos, nace por iniciativa do sector e en absoluto por imposición da Consellería do Mar como se trata de falsear ante a opinión pública por parte dalgunha Asociación que conta cunha mínima representación no sector e supostamente atendendo a intereses políticos. Dende as Federacións  podemos dicir e con voz alta e clara, que Polar Seguros xurde por proposta do sector, xa que foron as Federacións Galega e Provinciais de Confrarías, que representan ao 99% da flota pesqueira de baixura de Galicia, a Cooperativa de Armadores de Vigo (ARVI) e Remolcanosa as que impulsaron o proxecto.

 

Polar Seguros está aberto á participación de calquera Entidade asociativa do sector, e trátase dun instrumento que cubre as necesidades dos profesionais do mar para cumprir coa lexislación vixente na materia, dando cobertura ás embarcacións de baixura e altura, aos seus tripulantes, aos danos por contaminación e calquera dano a terceiros, sendo aspectos que ata o momento non estaban cubertos polo seguro colectivo de accidentes no mar.

Os obxectivos da Axencia de suscrición (Polar), son entre outros: implantar o primeiro seguro que dea cobertura aos riscos marítimos conforme ao establecido na lexislación española vixente na materia; ser unha alternativa real aos aseguradores estranxeiros (P&I), unificar os intereses da flota galega e obter mellores termos e condicións de cobertura, xestionar a suscrición de riscos así coma a xestión de sinistros, etc.

Como vantaxes da implantación dun seguro marítimo galego, podemos citar: o manexo da Axencia dende o propio sector, abaratamento de primas, evítase a lentitude das reaseguradoras españolas que dependen de P&I, respaldo do 100 % da aseguradora (Maphre), cobertura dos Patróns das embarcacións na pesca de baixura, (as aseguradoras de P&I só cubren a responsabilidade do armador), reclamación directa dos tripulantes ante a aseguradora sen nin sequera dirixirse ao armador, asumir todo tipo de seguros (Confrarías, Lonxas, Fábricas de Xeo,…), etc..

 

A todo isto compre sumarlle a mellora que se consigue no prezo das pólizas para a flota de altura, en relación ao custe que ata hoxe viñan ofrecendo os seguros de P&I, e principalmente que se acada a cobertura legal da flota de baixura que ata o momento carecía absolutamente dela. Paralelamente hai que ter en conta  e recoñecer o apoio e a colaboración da Xunta de Galicia, ofrecendo unha subvención de ata vintecinco euros por tripulante e con referencia ao custe de cada póliza.

Asemade, é necesario informar do gran interese amosado por cada vez máis armadores das embarcacións de pesca artesanal e de marisqueo, os que continuamente están a dirixirse ás Federacións de Confrarías para suscribir coa maior urxencia o seguro de responsabilidade civil, e co obxecto de poder darlle cobertura legal ás súas tripulacións e tamén as súas embarcacións.

 Consideramos pois que todos estes fundamentos deberían ser suficientes para recoñecer a importancia da creación de Polar Seguros Marítimos e sen entender, pola contra, como se pode por en tea de xuízo ou criticar unha ferramenta de tanta valía, pioneira no estado español, e pola que se acada a seguridade necesaria dos nosos pescadores».

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s