A APLU ORDENOU A DEMOLICIÓN DUNHA VIVENDA UNIFAMILIAR, NO CONCELLO CORUÑÉS DE CARBALLO, POR ATOPARSE EN SOLO DE PROTECCIÓN DE ESPAZOS NATURAIS
La Agencia de Protección de la Legalidad Urbanística (APLU) ordenó en Galicia la demolición de una vivienda unifamiliar, en el concejo coruñés de Carballo, por encontrarse en suelo de protección de espacios naturales. La estructura se situaba en el entorno de la laguna de Baldaio, por lo que incurría en una infracción de carácter muy grave.
- A estrutura situábase na lagoa de Baldaio, polo que incorría nunha infracción de carácter moi grave
- A Xunta de Galicia considera a Axencia como unha peza clave para o desenvolvemento da ordenación territorial e dunha adecuada planificación urbanística
Santiago, 31 de outubro de 2010.- A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) ordenou a demolición dunha vivenda unifamiliar no lugar dos Areos-Noicela no concello coruñés de Carballo. A estrutura atopábase en solo de protección de espazos naturais na lagoa de Baldaio, polo que incorría nunha infracción de carácter moi grave.
Despois de tres multas coercitivas procedeuse á execución voluntaria da estrutura. A primeira das resolucións data do 29 de setembro de 2003 e nela indicábanse a suspensión de obras e a incoación de expediente como consecuencia dunha denuncia formulada polo concello de Carballo, momento no que o interesado podería interpoñer un recurso de reposición se estaba en desacordo co ditame.
Posteriormente, en febreiro de 2004, a APLU procedeu a emitir unha nova resolución que declaraba as obras ilegalizables por resultar incompatibles co ordenamento urbanístico e ordenou a demolición das mesmas. Esta resolución xa foi firme por non ter presentado o interesado un recurso de reposición nin contencioso administrativo.
Cronoloxía dos feitos
A primeira multa coercitiva de 1.000 euros interpúxose o 18 de maio de 2004, rematado o prazo de tres meses establecido na resolución para a execución da demolición. Nese tempo, o Servizo Provincial de Urbanismo procedeu a comprobar si se repuxera a legalidade, comprobando que a demolición era incompleta.
En atención a isto, a segunda multa chegou o 29 de decembro do 2006, tamén por 1.000 euros. A última sanción, por un importe de 2.000 euros interpúxose o 17 de marzo de 2009. Finalmente, a APLU dispuxo a execución do inmoble, procedéndose á mesma e obténdose a comprobación por parte da Unidade de Policía Adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia (EPICA) o pasado 2 de agosto deste mesmo ano.
Ordenación urbanística
A Xunta de Galicia está a impulsar o traballo da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) e continuará a facelo no futuro, consciente do importante papel que desempeña na ordenación urbanística da comunidade.
A Axencia debe ser un elemento ao servizo da legalidade urbanística, pero tamén de leal e estreita colaboración cos concellos que a conforman e tamén co resto dos municipios da comunidade autónoma.
Con esas prioridades vén traballando a Xunta de Galicia, que considera a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística unha peza clave para o desenvolvemento da ordenación territorial e dunha adecuada planificación urbanística.
La pagina de tu Blog se ha actualizado…
[..]Articulo Indexado Correctamente en la Blogosfera de Sysmaya[..]…
Me gustaMe gusta