A la venta las entradas para los conciertos de Eli ‘Paperboy’ Reed y Teenage Fanclub

AS ENTRADAS PARA OS CONCERTOS DE ‘ELI PAPERBOY REED’ E TEENAGE FANCLUB DO CICLO XACOBEO IMPORTA SAEN A VENDA 

 Las entradas para los conciertos de Eli ‘Paperboy’ Reed y Teenage Fanclub del ciclo Xacobeo Importa salen a la venta. Eli ‘Paperboy’ Reed actuará el 17 de noviembre a las 21.30 horas y Teenage Fanclub el 3 de diciembre a las 22 horas, ambos en la sala Capitol de Santiago.

  • Eli “Paperboy” Reed actuará o próximo 17 de novembro ás 21.30 horas e Teenage Fanclub o 3 de decembro ás 22. Ambos concertos serán na sala Capitol de Santiago.
  • As entradas poderán adquirirse nas canles habituais do ciclo Xacobeo Importa: http://www.servinova.com/, no 902504500, Discos Elepé en Vigo, Gong e A Reixa Tenda en Santiago de Compostela, no despacho de billetes da praza de Ourense en A Coruña e en Breakpoint.es.

 

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Santiago, 23 de outubro de 2010.- As entradas para as dúas últimas incorporacións do ciclo Xacobeo Importa, Eli “Paperboy” Reed e Teenage Fanclub, saen a venda nas canles habituais do ciclo Xacobeo Importa. Os billetes poderán adquirirse en http://www.servinova.com/, no 902504500, Discos Elepé en Vigo, Gong e A Reixa Tenda en Santiago de Compostela, no despacho de billetes da praza de Ourense en A Coruña e en Breakpoint.es. Eli “Paperboy” Reed e Teenage Fanclub actuarán na sala Capitol de Santiago os próximos 17 de novembro (ás 21.30 horas) e 3 de decembro (ás 22 horas), respectivamente.

As entradas para poder ver, por primeira vez en Galicia, a Eli “Paperboy” Reed e a súa banda o 17 de novembro terán un prezo de 20 euros en venda anticipada e de 23 euros o día da actuación. Pola súa banda, os billetes para Teenage Fanclub, que estarán en Santiago o 3 de decembro, costarán 18 euros en venda anticipada e 20 o día do concerto.

Eli “Paperboy” Reed, de só 25 anos e considerado un dos artistas revelación do 2008, e coa súa banda The True Loves chega por primeira vez a Galicia tralo seu magnífico disco Roll with you, que sacou hai dous anos. A prensa internacional comparouno cos grandes, e medios como Rolling Stone, Mondo Sonoro, Rockdelux ou Ruta 66 foron unánimes ao elixir o directo de Reed como un dos mellores que pasou por España en 2008 e 2009.

Teenage Fanclub, banda escocesa formada por Norman Blake e Gerard Love, presentarán en Santiago as cancións do seu último traballo Shadows, xunto con temas dos seus discos clásicos como son Bandwagonesque e Grand Prix. Nas súas composicións atópanse influencias dos Beach Boys, The Byrds, Beatles ou Big Star. Pese a contar co apoio da prensa especializada e da súa gran facilidade para crear boas cancións, nunca chegaron a ser un grupo de masas aínda que os seus discos e xiras sempre contaron cunha lexión de seguidores dentro do circuíto alternativo. Shadows, o seu último disco, consolídaos como un dos mellores grupos de pop xurdidos na década dos 90.

Xacobeo Importa é una iniciativa do Xacobeo 2010 e o Ciclo Importa que supón unha programación regular, que engloba a grupos e artistas do circuíto independente, que nunca visitaron Galicia, ou que pola súa traxectoria, estilo ou relevancia, merecen ser presentados ao público galego en actuacións únicas e formatos especiais. 

¿Y tú qué opinas de esto?