La Xunta estudia incluir el campamento romano de Cidadella como Bien de Interés Cultural

ROBERTO VARELA ANUNCIA EN SOBRADO DOS MONXES QUE A CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO ACOMETERÁ EN 2011 A RESTAURACIÓN INTEGRAL DA CAPELA DE SANTA COMBA DAS PÍAS

 El conselleiro de Cultura anuncia en Sobrado dos Monxes que la Xunta acometerá en 2011 la restauración integral de la capilla de Santa Comba das Pías. El coste estimado de la obra asciende a 300.000 euros. Además se prevé completar el próximo año la obra de las cubiertas del monasterio cisterciense de Santa María de Sobrado, ya en marcha y en la que ya se invirtieron otros 300.000 euros.

  • O conselleiro de Cultura e Turismo comprometeu hoxe esta actuación durante unha visita ao concello coruñés. O proxecto de restauración integral da Capela Santuario de Santa Comba das Pías ten un custo estimado de 300.000 euros.
  • Varela supervisou ademais o estado das actuacións nas cubertas do mosteiro cisterciense de Santa María de Sobrado, nas que xa se investiron máis de 300.000 euros. A Consellería de Cultura e Turismo traballa coa previsión de rematar esta intervención o próximo ano.

El conselleiro de Cultura, Roberto Varela, visita el monasterio de Sobrado dos Monxes y la capilla de As Pias.

Sobrado dos Monxes (A Coruña), 31 de outubro de 2010.- O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, asegurou durante a súa visita ao concello de Sobrado dos Monxes que a Xunta de Galicia asumirá a restauración integral da capela do Santuario de Santa Comba das Pías, na parroquia de San Miguel de Codesoso.

Segundo a previsión avanzada polo conselleiro, os traballos de restauración integral deste ben patrimonial comezarán en 2011 cunha estimación de gasto cifrada en 300.000 euros. Nesta visita, Roberto Varela estivo acompañado polo director xeral do Patrimonio Cultural, José Manuel Rey Pichel, o alcalde de Sobrado dos Monxes, Jacobo Fernández, e varios representantes da corporación municipal.

Durante a xornada de traballo en Sobrado dos Monxes, o conselleiro tivo a oportunidade de coñecer de primeira man a situación actual de conservación do Mosteiro de Santa María, no  que a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural está a traballar dende 2009 na rehabilitación das cubertas, obras nas xa se investiron máis de 300.000 euros. As actuacións consistiron basicamente na substitución das cubertas da zona do Claustro Regular, o redimensionado dos canalóns e a limpeza das fábricas de pedra da cheminea da cociña medieval.

Para este ano 2010 estaba prevista a realización de máis obras noutro tramo de cubertas, tamén en estado precario de conservación. Durante a fase de estudio e de recompilación de información detectáronse novas deficiencias nos muros que conteñen as terras do adro de acceso ao conxunto, polo que se redactou un proxecto de oficio para a reparación do muro, retirando do material derruído e desmontando parte dos lenzos danados para a súa posterior reconstrución. Asemade, nos últimos meses realizáronse traballos para a condución e evacuación de auga de choiva en superficie, evitando que se desvíe por detrás do muro de contención.

Nesta liña, Roberto Varela anunciou que técnicos da Consellería de Cultura e Turismo están avanzando na redacción dun proxecto para rematar as actuacións nas cubertas. A Consellería de Cultura e Turismo traballa coa previsión de acometer o seu desenvolvemento ao longo de 2011.

Conservación do patrimonio

Na súa visita ao concello coruñés, o titular de Cultura e Turismo tamén se interesou polo estado do Campamento Romano da Cidadella, un xacemento arqueolóxico no que se están a realizar escavacións e estudios dende o ano 2009, gracias a un convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago.

A Consellería de Cultura e Turismo investiu 60.000 euros no desenvolvendo dun proxecto de investigación, conservación e escavación do restos romanos do Campamento da Cidadella, co obxectivo de poñer en valor este xacemento arqueolóxico. O Campamento da Cidadella está incluído dentro dos xacementos arqueolóxicos obxecto de estudo para a súa posible inclusión coma Ben de Interese Cultural.

¿Y tú qué opinas de esto?