Una universidad de Berlín promociona el conocimiento y difusión del gallego

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

A FREIE UNIVERSITÄT DE BERLÍN TEN EN MARCHA IMPORTANTES INICIATIVAS A PROL DO COÑECEMENTO E A DIFUSIÓN DO GALEGO

 La Freie Universität de Berlín tiene en marcha importantes iniciativas para favorecer el conocimiento y difusión del gallego

  • O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, e o catedrático de Filoloxía Galega Ramón Lorenzo reuníronse hoxe co responsable do Centro de Estudos Galegos para afondar no programa académico do curso 2010-2011

 

Berlín (Alemaña), 21 de outubro de 2010.- A Freie Universität de Berlín, en Alemaña,  desenvolverá durante o curso académico 2010-2011 un importante programa de actividades para promover o coñecemento e a difusión da lingua e da cultura galegas entre a comunidade universitaria. Así llo trasladou o responsable do Centro de Estudos Galegos (CEG), Uli Reich, ao secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, durante a reunión de traballo que mantiveron na Facultade de Filosofía e Humanidades.

 O secretario xeral de Política Lingüística, que estivo acompañado polo catedrático de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago de Compostela e académico da RAG, Ramón Lorenzo, interesouse polas liñas de actuación do CEG de Berlín durante o curso 2010-2011, que, segundo informou o seu responsable académico, se centran en tres aspectos principais. Por unha banda, no programa académico de materias de galego en titulacións de grao, mestrado e doutoramento. Por outra banda, a Freie Universität de Berlín impulsará varios proxectos de investigación, entre os que destaca o impacto do galego na formación das variedades americanas do español e do portugués. Finalmente, o CEG de Berlín promoverá diversas actividades culturais e de extensión universitaria co fin de promover a lingua, a literatura e a cultura galegas entre o alumnado, a comunidade universitaria e, dun xeito máis amplo, entre a cidadanía en xeral.

 Pola súa parte, Anxo Lorenzo salientou o esforzo da Secretaría Xeral de Política Lingüística, como departamento responsable da promoción exterior da lingua e literatura galegas, por coordinar e impulsar o labor dos centros de estudos galegos, xa que estes constitúen “un vía estratéxica fundamental para dar a coñecer a realidade lingüística e cultural de Galicia, para propiciar o interese de estudiosos doutras culturas polo galego e para favorecer a conexión e o intercambio académico e investigador con outras linguas.

 Na súa visita á Facultade de Filosofía e Humanidades, Anxo Lorenzo e Ramón Lorenzo foron recibidos polo decano, o profesor Joachim Küpper, e mais pola directora do Instituto de Romanística, Ulrike Scheneider.

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, e mais o académico da lingua galega tamén participaron na inauguración do Centro de Estudos Galegos da Universidade alemá de Leipzig e do correspondente lectorado, nun acto que tivo lugar na Biblioteca Albertina da universidade.

 A importancia de Alemaña na investigación e na proxección exterior do galego

A lingüística e a filoloxía alemá contribuíron de xeito moi importante ao estudo do galego, tanto no referente á lingua moderna como á literatura medieval, e froito disto foron os múltiples traballos levados a cabo por investigadores das universidades de Alemaña.

 Hoxe, a Secretaría Xeral de Política Lingüística conta con cinco centros de estudos galegos no país xermano, que se localizan en Berlín, Tubinga, Kiel, Heidelberg e, desde este ano, en Leipzig. Foi precisamente en Alemaña, concretamente en Tréveris, onde se creou o primeiro lectorado de lingua galega, na década dos 80, grazas ao interese amosado polo catedrático Ramón Lorenzo e á vontade das autoridades políticas galegas daquel momento.

 Hoxe en día, desde as cátedras e os lectorados de Alemaña foméntase o coñecemento do galego e hai moita xente nova que fala a lingua propia de Galicia con fluidez. No curso académico 2009-2010, foron máis de 200 os estudantes universitarios de Alemaña que estudaron materias de lingua, literatura e cultura galegas grazas aos centros de estudos galegos. E son moitos os que asisten todos os anos aos cursos de lingua e cultura galegas para estranxeiros e de fóra de Galicia que organizan as tres universidades galegas co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s