La Semana Auria de Ourense cierra con una conferencia de Antonio Gala

ROBERTO VARELA CLAUSURA A SEMANA AURIA DE OURENSE COMO “UN FORO DE REFERENCIA INEXCUSABLE PARA TODOS OS AMANTES DA NOVELA HISTÓRICA EN ESPAÑA”

 El conselleiro de Cultura y Turismo clausuró la primera edición de la Semana de la Literatura Histórica Auria 

  • O conselleiro de Cultura e Turismo clausurou este serán a Primeira Edición da Semana da Literatura Histórica Auria coa “satisfacción que nos produce o éxito dunha iniciativa cultural desta categoría, especialmente neste 2010, Ano do Libro e da Lectura”

 

Ourense, 18 de outubro de 2010.- O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela clausurou a Primeira Edición da Semana Auria da Literatura Histórica de Ourense ennmarcada na celebración do Ano do Libro e da Lectura 2010 en Galicia e no Camiño da Reflexión do Xacobeo 2010, e que “durante estes días converteuse nun foro de referencia inexcusable para todos os amantes da novela histórica en España”.

 Na súa intervención, o conselleiro manifestou a “satisfacción que nos produce o éxito dunha iniciativa cultural desta categoría, especialmente neste 2010, Ano do Libro e da Lectura”.

Do mesmo xeito, incidiu no carácter literario da cidade de Ourense asegurando que “demostrou unha vez más que a súa fama de cidade literaria por excelencia está completamente xustificada” e amosou a convicción da Consellería de Cultura e Turismo de que “esta Semana Literaria axudará a afianzar a Ourense como un dos focos culturais máis importantes do norte de España”.

 Roberto Varela apuntou cara a importancia do Ano do Libro e da Lectura en Galicia no que “a Xunta de Galicia pretende facer a promoción da lectura máis ampla e profunda, en cantidade e calidade”. “A novela histórica aparece como unha magnífica porta de entrada ao hábito lector para os máis xoves”, engadiu.

 Antonio Gala

O conselleiro de Cultura e Turismo presentou na súa intervención a última conferencia da Semana Literaria Auria a cargo de Antonio Gala ao que definiu como “un gran estudoso e coñecedor da historia, cultivador dunha finísima prosa e un dos máis exquisitos escritores españois das últimas décadas”.

 Respecto ao traballo de Antonio Gala ao redor da novela, Roberto Varela lembrou que “neste 2010 cúmprense dúas décadas dese impactante debut novelístico que foi El manuscrito Carmesí, que lle fixo merecedor do Premio Planeta e que supuxo unha pequena revolución para a literatura española”.

O conselleiro de Cultura e Turismo agradeceu a presenza de Antonio Gala en Ourense que supón “un brillante colofón da Semana de Literatura Histórica” e agradeceulle pola “súa longa traxectoria como escritor de éxito e de calidade, así como pola encomiable labor que está a facer para axudar aos xoves creadores a través da Fundación que leva o seu nome”.

Anuncios

Un comentario sobre “La Semana Auria de Ourense cierra con una conferencia de Antonio Gala

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s