Los primeros expertos en I+D de la Red Xiga gallega se integran en pymes con ayudas de la Xunta

ECONOMÍA E INDUSTRIA COFINANCIA DESDE HOXE A CONTRATACIÓN DOS XESTORES DE INNOVACIÓN DA REDE XIGA EN PEMES GALEGAS

La Xunta cofinancia desde esta semana en las pymes gallegas la contratación de los gestores de innovación de la Red Xiga, cuya primera promoción está lista para incorporarse la próxima semana a sus puestos de trabajo.

 

  • O conselleiro Javier Guerra clausura o curso de formación intensiva da primeira promoción da Rede de Xestores de Innovación de Galicia (XIGA), que se incorporarán a vindeira semana aos seus postos de traballo
  • Na listaxe de empresas beneficiadas están representados todos os sectores estratéxicos de actividade da comunidade
  • O programa, pioneiro a nivel estatal, xa espertou o interese doutras comunidades autónomas

 

Ourense, 16 de outubro de 2010.- Os membros da Rede de Xestores de Innovación de Galicia (XIGA),  promovida pola Consellería de Economía e Industria, incorporaránse os vindeiros días aos seus postos de traballo nas pemes que viron aprobada a súa solicitude para contratar a estes profesionais co apoio económico da Xunta de Galicia. O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, clausurou esta mañá no Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) o curso intensivo de formación desta primeira promoción de expertos e entregoulles os seus diplomas acreditativos.

 As pemes beneficiarias por este programa de apoio á innovación empresarial recibirán axudas por un importe total de 45.250 euros cada unha entre este ano e 2013 para facerlle fronte aos gastos derivados da contratación, que se materializarán no 70% do custo laboral o primeiro ano, o 50% o segundo, e o 30% o terceiro, sobre un importe máximo de 30.000 euros para o salario bruto anual e a cota empresarial da Seguridade Social a tempo completo.

 Guerra destacou que, mediante esta iniciativa, a Xunta trascende as accións de cofinanciamento de proxectos concretos de innovación empresarial –que, segundo sinalou, seguirán estando vixentes- para abordar o soporte á incorporación nas pemes de capital humano especializado na xestión destes proxectos. “O obxectivo é capacitar as empresas para convertelas nas promotoras do aumento da súa competitividade a través de recursos propios”, explicou.

 O conselleiro de Economía e Industria enmarcou esta iniciativa nos esforzos que a Xunta consolidará coa posta en marcha do Plan Galego de I+D+I 2011-2015 e da Axencia Galega de Innovación, encamiñados a conseguir que o gasto en I+D ascenda ao 3% do Produto Interior Bruto (PIB) no ano 2020.

 Segundo detallou o director xeral de I+D+I, Ricardo Capilla, na listaxe de empresas están representados todos os sectores estratéxicos de actividade para Galicia, desde o das Tecnoloxías da Información e das Telecomunicacións (TIC) ata o alimentario, pasando polo da pesca e a acuicultura, o das enerxías renovables, o medioambiental, o audiovisual, o téxtil e o termal e incluíndo ámbitos de actividade de elevado potencial coma o nanotecnolóxico. Durante esta semana as empresas tiveron ocasión de entrevistar a varios xestores e xestoras cada unha para seleccionar o/a que máis se axustaba ás súas necesidades.

 Os xestores e xestoras de innovación que esta mañá recolleron os seus diplomas na Tecnópole completaron un intenso programa de 320 horas de formación especializada que os capacita para identificar proxectos e potencial de I+D+i nas empresas; analizar convocatorias de axudas públicas no ámbito da innovación; definir, planificar e documentar memorias de proxectos de I+D+i; e xestionar proyectos de innovación na empresa, individuais ou cooperativos. O seu traballo e os resultados que as empresas consigan a partir del serán obxecto dun seguimento continuado por parte da Consellería de Economía e Industria.

 A continuidade da axuda concedida ás pemes estará supeditada á presentación de resultados tanxibles ao remate do primeiro ano. Estes resultados mediranse tomando como referencia o número de proxectos de innovación identificados, o número de proxectos realizados e en execución e os resultados acadados grazas a estes. 

Pioneiro a nivel estatal

Guerra lembrou que a Rede XIGA é “unha iniciativa pioneira a nivel estatal” que xa “espertou o interese doutras comunidades autónomas” e sinalou que a filosofía de actuación deste programa, é dicir, dotar as empresas galegas de recursos de alto valor engadido para abordar, sistematizar e xestionar proxectos innovadores, é a que se plasmará de xeito prioritario no novo Plan Galego de I+D+I que entrará en vigor en 2011.

 As expectativas do programa contemplan que as empresas contratantes de profesionais da Rede XIGA teñan acadado ao remate de 2012 un incremento do investimento en innovación dun 30%; un 50% máis de proxectos presentados a convocatorias competitivas de plans autonómicos, estatais e internacionais; e un aumento da facturación ligado á explotación dos resultados dos proxectos. 

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s