El presidente gallego considera el turismo de balnearios una de las claves para prolongar en 2011 los efectos económicos del Xacobeo

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

O titular do Goberno galego presidiu en Ourense o acto de inauguración da 10ª Edición da Feira Internacional de Turismo Termal, Termatalia 2010 – El titular del gobierno gallego presidió en Ourense el acto de inauguración de la décima edición de la Feria Internacional de Turismo Termal, Termatalia 2010

 

FEIJÓO DESTACA O APOIO DA XUNTA AO TERMALISMO E CUALIFÍCAO COMO UNHA DAS CHAVES PARA PROLONGAR EN 2011 OS EFECTOS ECONÓMICOS DO XACOBEO

El presidente gallego considera el turismo de balnearios una de las claves para prolongar en 2011 los efectos económicos del Xacobeo. Feijóo recordó que en Galicia se hallan más del 20% de las instalaciones termales de España.  Y que por primera vez, la Xunta cuenta con una línea de ayudas en el ámbito termal de 4 millones de euros para emprendedores que quieran construir hoteles-balneario.

  • Remarca o impulso dado pola Xunta aos emprendedores cun plan de desestacionalización e cunha liña específica de subvencións para a creación e mellora de hoteis-balneario que suman 4 millóns de euros
  • Lembra que Galicia representa máis do 20% das instalacións termais de España; “e, actualmente, o termal significa para Galicia: 21 balnearios en funcionamento, 2.726 prazas hoteleiras directas, 140.000 clientes (en 2009), 126 millóns de euros de facturación e 1.700 empregados directos”
  • Subliña que os balnearios de Galicia son, despois do Camiño de Santiago, o atractivo máis importante da comunidade
  • Salienta a importancia dunha “industria branca sen contaminación como é o turismo, que supón o 10% do PIB galego e que dá emprego a máis de 130.000 persoas”
  • Afirma que a aposta do Goberno galego polo sector termal vese reflectida en catro piares: innovación, impulso aos emprendedores, cualificación e dinamización do mercado

 

Ourense, 16 de outubro de 2010.- O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou en Ourense, durante a visita á 10ª Edición da Feira Internacional de Turismo Termal Termatalia 2010, o apoio da Xunta ao termalismo e cualificou ao sector como unha das chaves para prolongar en 2011 os efectos económicos do Xacobeo. “O éxito do Xacobeo en 2010 non radica exclusivamente no destino de Santiago como final do Camiño, senón na ampla oferta turística de Galicia. O reto de 2011 será prolongar os seus efectos e nesa chamada a que volvan ou a que nos coñezan, o termalismo e o turismo interior de Galicia será un dos principais reclamos da estratexia turística da nosa terra”.

 Ao longo da súa intervención, Feijóo afirmou que Galicia aspira a seguir sendo referente turístico; e aspira a ser un destino para todos os gustos e para todos os públicos. Referiuse así, ao termalismo como un exemplo de que temos un turismo forte e consolidado, que quere ofrecer un turismo de calidade e un turismo versátil. Neste sentido, remarcou que este ano 2010 estará marcado na historia de Galicia como o ano no que máis viaxeiros visitarán a comunidade autónoma. “Estou no certo de que superaremos a cifra máxica de 8 millóns de viaxeiros”, aseverou, remarcando que “eses 8 millóns teñen que levan un recordo positivo do noso país”.

 O presidente da Xunta lembrou que Galicia representa máis do 20% das instalacións termais de España; “e, actualmente, o termal significa para Galicia: 21 balnearios en funcionamento, 2.726 prazas hoteleiras directas, 140.000 clientes (en 2009), 126 millóns de euros de facturación e 1.700 empregados directos”.

 Diante destas cifras, aseverou que os balnearios de Galicia son, despois do Camiño de Santiago, o atractivo turístico máis importante da comunidade autónoma.

“Temos no termalismo unha das bazas máis importantes do noso futuro económico porque emprega un recurso endóxeno diferencial, cun alto valor engadido; fixa poboación ao rural; xera maior gasto e maior estancia media; é un elemento desestacionalizador do turismo; é un modelo de empresa comprometida co desenvolvemento sostible e co entorno natural; e porque é un elemento de reequilibrio territorial, non en balde, a localización dos balnearios, predominantemente na Galicia interior, converteunos en importantes dinamizadores socioeconómicos para as comarcas”.

Deste xeito, resaltou a importancia dunha “industria branca sen contaminación como é o turismo, que supón o 10% do PIB galego e que dá emprego a máis de 130.000 persoas”.

 Conscientes de que Galicia é a rexión xeotérmica máis importante de España, con máis de 300 captacións dispersas ao longo de toda a xeografía, que conta coas augas máis quentes e fluoradas de todo o país e cun caudal diario de cerca de 30 millóns de litros, que fai da comunidade unha das rexións máis ricas de Europa no que respecta a este recurso; o presidente da Xunta subliñou que a aposta do Goberno galego polo sector termal vese reflectida en catro piares: innovación, impulso aos emprendedores, cualificación e dinamización do mercado.

 4 millóns de euros para a construción de hoteis-balneario termais

No tocante ao impulso aos emprendedores, Feijóo salientou que, por primeira vez, a Xunta conta cunha liña de axudas no ámbito termal de 4 millóns de euros para aqueles emprendedores que queiran facer hoteis-balneario termais. “Creouse a primeira cátedra de Hidroloxía Médica de Galicia e segunda de España; e deuse un impulso aos emprendedores cun plan de desestacionalización e cunha liña específica de subvencións para a creación e mellora de hoteis-balneario que suman 4 millóns de euros”, matizou.

 Sobre a innovación, resaltou o impulso da Agrupación Empresarial Innovadora Termal formada por 58 entidades, e Proxectos Europeos relacionados co termalismo e a innovación, como o Termared. E dentro do impulso á comercialización, Feijóo destacou a creación de produtos turísticos termais como “Outono nas termas”, para mulleres do rural; Programa “Noites Saudables”, enfocado a mozos; ou Programa “Balnearios.Un descanso no Camiño” que une o poder da auga ao descanso nas rutas de peregrinación xacobea.

 Por último, e logo de lembrar que Termatalia é a única Feira Internacional de Turismo Termal que se celebra en España, Feijóo amosouse convencido de que esta feira termal seguirá a ser durante moitas máis edicións o escaparate de vangarda das últimas tecnoloxías e novidades do sector.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s