La Consejería de Educación gallega crea 1.400 nuevas plazas en las Escuelas Oficiales de Idiomas

A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN CREA 1.400 NOVAS PRAZAS NAS ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS PARA IMPULSAR O APRENDIZAXE DE LINGUAS

 La consejería de Educación crea 1.400 nuevas plazas en las escuelas oficiales de idiomas para impulsar el aprendizaje de otras lenguas. Estos centros cuentan con 47 grupos más que el curso anterior, y además este año habrá dos nuevas secciones en Nigrán y Negreira. El periodo de matriculación sigue abierto hasta el 15 de octubre para ocupar las plazas que quedaron vacantes.

  • Os centros continúan a matricular alumnos nas prazas que quedaron vacantes ata o 15 de outubro
  • Estes centros contan con 47 grupos máis respecto do curso anterior
  • Ademais, este ano haberá dúas novas seccións, en Nigrán e Negreira
  • O novo sistema de matrícula online permitiu este ano axilizar os trámites

 
As Escolas Oficiais de Idiomas de Galicia contarán este curso con 1.400 prazas máis en ensinanzas regradas de réxime ordinario, o que supón un 3,5% máis que as ofertadas no ano académico 2009/2010. Deste xeito, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, no marco do Plan Galego de Potenciación das Linguas Estranxeiras, dá un forte impulso á aprendizaxe de idiomas, creando 47 novos grupos nas EEEOOII galegas coas que dá resposta ás demandas da cidadanía.

Foto: subsi.de

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2010.-

 Ademais, este ano a Consellería de Educación dotou aos Concellos de Negreira e Nigrán de novas seccións das Escolas Oficiais de Idiomas, nas que poderán cursar ensinanzas ata 480 alumnas e alumnos de inglés.

Para dar resposta aos intereses dos estudantes, a Consellería incrementou o número de grupos nos centros que rexistran unha máis alta demanda, sendo destacados os casos da sección de Carballo e Ribeira (A Coruña), Ribadeo (Lugo), ou Valle Inclán e Lalín (Pontevedra).

 

Respecto dos diferentes idiomas, foi nas ensinanzas regradas de inglés onde máis se ampliou a oferta, en 29 grupos; seguido do italiano, con 8 novos grupos; o francés, con 4 e o portugués, con 3. Tamén se incrementou o número de prazas en alemán, que ten este curso 2 grupos máis; e en árabe, ruso e xaponés, cun novo grupo para cada un.

 Ademais, as Escolas Oficiais de Idiomas ofertarán novamente este ano cursos de formación do profesorado en colaboración cos Centros de Formación e Recursos (CFR), cursos específicos de linguaxe administrativa galega nos niveis medio e superior, cursos preparatorios para os certificados de lingua galega CELGA, e novas edicións de cursos monográficos como o de inglés audiovisual, entre outros. Asemade, atenderán ao alumnado de ensino a distancia a través do programa That’s English.

 Aínda quedan prazas

Xa pechado o período ordinario de matrícula, as Escolas Oficiais de Idiomas poderán aínda matricular estudantes nun novo prazo ata o 15 de outubro en ensinanzas de réxime ordinario, co fin de cubrir as prazas vacantes. Así, as galegas e galegos interesados en mellorar a súa formación en idiomas poderán obter aínda unha praza, tanto nas ensinanzas regradas, como nos devanditos cursos específicos e monográficos.

 Con esta nova oportunidade, o número de matriculados nestes niveis poderá incrementarse nos próximos días, dando conta da gran acollida que a cidadanía está a dar á estratexia de fomento do plurilingüismo na sociedade galega.

 Éxito da matrícula online

No marco do reforzo que a Consellería de Educación está a facer nas EEOOII, este ano implantou con éxito o proceso de matriculación online, co que os interesados en seguir ensinanzas de idiomas nas escolas puideron acceder, a través dos seus portais web respectivos, a toda a oferta de grupos nas distintas quendas.

 Co novo sistema, o usuario, cun ordenador e desde a súa casa, o seu lugar de traballo…, elixe a opción que máis lle conveña e realiza a preinscrición como alumna ou alumno oficial. Esta matrícula por Internet puxo fin a imaxe das colas de matrícula, cun procedemento áxil, transparente e máis eficaz, simplificando os trámites de xestión, a través da internet. 

Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s