El número de matriculados en ESO desciende un 2,8% en Galicia, mientras que aumenta en FP un 8%

Foto: educacionhijos.es

A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN CONFIRMA A ABSOLUTA NORMALIDADE NO INICIO DE CURSO NON UNIVERSITARIO 2010-2011

 

La Consejería de Educación confirma la absoluta normalidad con que se inició el curso escolar no universitario 2010-2011

 Más de 195.000 alumnos se matricularon de Infantil y Primaria en la región, y más de 164.000 de Secundaria, Bachillerato, FP, Educación Especial y Enseñanzas Artísticas y Deportivas

Destaca en este curso que el número de matriculados en ESO y Bachillerato descendió en un 2,8% frente al incremento del 8% en FP. La Xunta lo achaca al esfuerzo que ha desarrollado para que “en poco más de un año de legislatura pudiesen adaptarse 30 currículos de ciclos de Formación Profesional”.

El descenso en el número de estudiantes de Secundaria y Bachillerato conllevó una reestructuración del profesorado interino de estos ciclos, que en estos momentos supone un 1,4% menos que en el curso pasado.

En este año escolar se estrenan además nuevos proyectos como ABALAR, de introducción de las nuevas tecnologías en el sistema educativo regional, y el Plan Gallego de Potenciación de las Lenguas Extranjeras.

Más de 64.700 alumnos utilizarán este año el servicio de comedores escolares. La Consejería de Educación anunció también que se han introducido mejoras en más de 4.800 rutas de transporte escolar, para beneficio de 90.000 usuarios. Gracias al acuerdo con los transportistas, el coste de este servicio se reduce un 7%, mientras que el número de usuarios aumenta en un 2,3%.

  • O presente ano escolar foi o de estrea de novos proxectos como o ABALAR e o Plan Galego de Potenciación das Linguas Estranxeiras
  • O curso comezou con normalidade para máis de 195.000 alumnas e alumnos de Infantil e Primaria; e máis de 164.000 de Secundaria, Bacharelato, FP, Educación Especial e Ensinanzas Artísticas e Deportivas
  • A Consellería logrou manter a calidade na educación e nos servizos a pesares da crise económica que se está a vivir

 

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2010.- O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, deu conta hoxe no Parlamento da normalidade coa que transcorreu o comezo no curso non universitario 2010-2011, no que a pesares da crise económica que se esta a vivir o Goberno galego, mantén a calidade no ensino ao tempo que foi que nde incorporar novidosos plans como o ABALAR e o de Potenciación de Linguas Estranxeiras.

 Así, o conselleiro destacou a normalidade coa que comezaron o curso os máis de 195.000 estudantes de Infantil e Primaria, un 1,2% máis que no curso pasado. Do mesmo xeito aconteceu cos máis de 164.000 alumnas e alumnos de Educación Secundaria, Bacharelato, FP, Educación Especial e de Ensinanzas Artísticas e Deportivas. Nesta etapa o número de matriculados en ESO e Bacharelato descendeu nun 2,8% fronte ao incremento dun 8% en FP, grazas ao esforzo desenvolvido pola actual administración que “en pouco máis dun ano de lexislatura adaptou 30 currículos de ciclos de FP, fronte aos seis do bipartito en toda a lexislatura pasada”, destacou o conselleiro.

 O descenso no número de estudantes na educación secundaria e bacharelato levou consigo unha restruturación do profesorado interino destes ciclos, que neste momento supón un 1,4% menos que no curso pasado. Aínda así o conselleiro recordou que “o axuste aínda será menor, xa que estamos esperando a firma co Ministerio de Educación das últimas 17 medidas do Plan de Acción, entre elas o Plan PROA, que permite o reparto entre dos profesores as comunidades autónomas”. Cómpre recordar que a ratio de profesor por alumnos en Galicia é unha das máis baixas do Estado, con 9,6 alumnos por profesor, fronte aos 11,2 que teñen en Andalucía.

 Servizos complementarios

No relativo aos servizos complementarios de comedor e transporte escolar, Vázquez Abad sinalou que “neste escenario de crise económica, ademais da calidade do ensino e de ofertas con perspectivas laborais, é fundamental manter o compoñente de política social que supoñen estes servizos. A Consellería de Educación mantén o seu compromiso de seguir ofrecendo e, na medida do posible, incrementando a oferta, ao tempo que procurará unha xestión transparente e eficiente dos mesmos”.

 Deste xeito cando falamos de comedores escolares, aínda con datos provisionais, “máis de 64.700 comensais utilizaran este curso este servizo” dixo o conselleiro, quen engadiu ademais que “se teñen introducido avances no transporte escolar coa reestruturación e mellora de máis de 4.800 rutas. Para beneficio de 90.000 escolares”. Tamén destacou que no presente curso o número de usuarios incrementouse nun 2,3%, e grazas a un acordo cos transportistas o custe reduciuse nun 7%.

 Novos proxectos

Durante a súa intervención no Parlamento o conselleiro recordou que este ano os escolares galegos terán novos ferramentas coas que mellorar a calidade educativa como son o Proxecto ABALAR e o Plan Galego de Potenciación das Linguas Estranxeiras. No relativo ao primeiro, Xesús Vázquez explicou que “queremos unha Galicia preparada, e por iso o sistema educativo galego non pode quedar á marxe da transformación que supón a chegada e o uso das potentes tecnoloxías da información e da comunicación (TICs). Por iso este Goberno puxo en marcha este ano o Proxecto Abalar, para arredor de 14.500 estudantes de primaria e secundaria, que así poderán mellorar as súas competencias dixitais”.

 Por outra banda, no relativo ao Plan Galego de Potenciación das Linguas Estranxeiras,  o conselleiro confirmou que del xa se beneficiarán este curso máis de 29.000 escolares. Este proxecto, explicou, xa se está a facer realidade a través dos primeiros 58 centros plurilingües, 18 máis dos previstos ao comezo. O plan complementase con máis de 1.500 seccións bilingües, 400 máis ca no curso pasado. O conselleiro recordou que “o Plan vese reforzado pola chegada de máis de 260 auxiliares de conversa, que prestarán especial apoio aos profesores dos centros plurilingües e seccións bilingües. Deste xeito Galicia contará este curso con catro veces máis auxiliares de conversa; sendo a nosa comunidade unha das que máis ten xunto a Andalucía e Madrid”.

 

Reforzo na aprendizaxe de linguas

No relativo á aprendizaxe de linguas, o titular de Educación engadiu que se reforzou a oferta de mellora da competencia en linguas estranxeiras a través das Escolas Oficiais de Idiomas. Nestes centros, a Consellería creou este ano 1.400 novas prazas distribuídas en 47 novos grupos e dúas novas seccións nos concellos de Nigrán e Negreira. Ademais, e para facilitar a matriculación, este ano implantouse un sistema on-line.  A actual administración xa incrementou nun 22% o número de prazas nas Escolas Oficiais de Idiomas.

 

O conselleiro non esqueceu sinalar que este ano volveuse á normalidade lingüística entre o galego e o castelán e ao equilibrio nas aulas atendendo a demanda do galegos. Vázquez Abad recordou que “fomos máis ambiciosos e afrontamos o reto de avanzar máis. Xa en 58 centros plurilingües estamos a garantir tamén o equilibrio entre galego, castelán e unha terceira lingua estranxeira, cun máximo de 33% en cada un dos idiomas.  Porque non podíamos deixar ás galegas e galegos á marxe da competencia noutras linguas, algo tan necesario na sociedade actual”.

 

Outras actuacións

O responsable do departamento dixo que tamén se está a traballar na mellora da convivencia das aulas xa que “para a Consellería,  reducir ou eliminar o conflito e xerar unha maior convivencia nas aulas pasa por dotar á figura do profesor dun reforzamento da autoridade”. Neste sentido, anunciou que “estamos decididos e traballamos para dotar a Galicia dunha Lei de dignificación e autoridade do docente e de participación das familias. O presente curso será o que sente as bases para que os docentes recuperen o seu valor como transmisores dos valores aos cidadáns e cidadás do futuro. Para iso a Consellería contactou cos expertos do ámbito da docencia e da xudicatura para formar un grupo de traballo e elaborar o texto”.

 

Respecto das iniciativas de fomento da lectura, Vázquez Abad dixo no Parlamento que no curso 2010-2011, 375 centros están integrados no PLAMBE (Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares), das que 79 son de nova incorporación. Xunto a isto xa está en marcha o Plan LÍA de Bibliotecas escolares para a Lectura, a Información e a Aprendizaxe que incorpora novas medidas para estabilizar as bibliotecas escolares, como poden ser recursos para a aprendizaxe e a innovación pedagóxica dentro dos centros educativos”.

 

Finalmente o conselleiro destacou que por riba de todo o propósito da Administración é realizar todos os esforzos precisos para lograr a mellor educación sen deixarse vencer pola crise actual, facendo o mellor uso posible dos recursos económicos, materiais e humanos dispoñobles. Vázquez Abad dixo que “seguiremos traballando por procurar os avances que precisa o noso sistema educativo, coa participación das familias e dos docentes”.

Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s