Tripulantes suecos viajan a Galicia para conocer el funcionamiento del servicio aéreo de guardacostas

 

TRIPULANTES SUECOS VIAXAN A GALICIA PARA COÑECER O FUNCIONAMENTO DO SERVIZO AÉREO DE GARDACOSTAS

 Tripulantes suecos viajan a Galicia para conocer el funcionamiento del servicio aéreo de guardacostas

  • Os tripulantes coñeceron os procedementos e uso dos helicópteros da Consellería do Mar e realizaron simulacros de rescate durante a fin de semana
  • O servizo de rescate aéreo de Gardacostas converteuse, nos seus 20 anos de experiencia, nun referente europeo

 

Santiago,  12 de outubro de 2010.- Un equipo de tripulantes suecos achegouse esta fin de semana á nosa comunidade para coñecer o funcionamento do Servizo aéreo de Gardacostas. O país helvético utiliza as mesmas aeronaves que a Consellería do Mar, os Sikorsky S76, polo que puideron coñecer os procedementos e uso das aeronaves e realizaron exercizos de voo diúrnos e nocturnos.

 Durante as mañás realizáronse conferencias onde representantes de cada servizo -sueco e galego- explicaron o funcionamento do servizo de cada país, co obxectivo de intercambiar experiencias e analizar problemas comúns. Xa polas tardes e polas noites desenvolvéronse diversos exercizos na Ría de Arousa que consistiron en rescates de todo tipo; nun acantilado, nun pesqueiro, dun home ao auga e unha práctica de rescate en camilla dende un pesqueiro. Tamén fixeron un simulacro que consistía nun rescate dende unha balsa salvavidas, de xeito manual e utilizando un estacionario automático. Durante os tres días que durou esta visita, os pilotos suecos coñeceron ademais as instalacións da base do Pesca I -en Vigo- e as unidades aéreas de Sasemar con base en Galicia.

 A relación entre o servizo de Gardacostas de Galicia e o de Suecia comezou no ano 2004, cando un equipo da Consellería de Pesca achegouse ata Suecia para estudar aspectos do equipamento dos helicópteros Sikorsky S76, que puideran ser incorporados aos recén contratados pola Xunta de Galicia. Dado o interese mutuo en afondar na operación de salvamento, decidiuse organizar unha visita toda vez que as aeronaves levasen operativas en Galicia un tempo, de aí estas xornadas, co obxectivo de coñecer polo miúdo os procedementos de salvamento galegos, que conta con 10 anos mais de experiencia que o de Suecia.

 Cabe destacar que o servizo de rescate de Gardacostas de Galicia conseguiu, nos seus 20 anos de experiencia, converterse nun servizo de referencia europea, tal e como recoñeceu a revista “Aviador”, editada polo Colegio Oficial de Pilotos de la Aviación Comercial

Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s