El PPdG denuncia que el bipartito adjudicó «por la puerta de atrás» un sobrecoste en las obras públicas de 200,7 millones

Gómez Alonso indica que a Xunta anterior incrementou en 200,7 millóns o valor das adxudicacións que mandou ‘completar’ dos presupostos iniciais das infraestruturas previstas. «O bipartito incrementou un 24%, a través de posteriores modificados, as obras que adxudicara por 836,5 millóns de euros»

 El PPdeG denuncia que el bipartito incrementó a través de modificados en un 24% (200,7 millones más) las obras que adjudicara por 836,5 millones de euros. Califican esta forma de adjudicar obra «por la puerta de atrás» de «auténtico engaño a los gallegos, que como ciudadanos inteligentes se merecen saber el coste real de sus infraestructuras»

  •  Calificou está forma de adxudicar obra pola porta de atrás “un auténtico engano aos galegos, que como cidadáns intelixentes merecen saber o coste real das súas infraestruturas”

  •  Para o voceiro de infraestruturas do PPdeG, cabe salientar que das 260 obras licitadas polo bipartito, 48 experimentaron gastos adicionais que implicaron incrementos de, en moitos casos, máis do 50% e 60% e incluso do 100%
  •  Afirma que o Goberno galego está levando a cabo actuacións para garantir os principios de transparencia dos procedementos, non discriminación e igualdade de trato entre os licitadores, así como asegurar unha eficiente utilización dos fondos públicos

 

Santiago de Compostela, 12 de outubro de 2010.- O secretario de organización e voceiro de infraestruturas do PPdeG, Alejandro Gómez Alonso, criticou esta mañá que o Goberno bipartito incrementase un 24%, a través de posteriores modificados ou complementarios, as obras que adxudicou por un valor de 836,5 milóns de euros.

Segundo informou o dirixente popular, entre o 1 de agosto de 2005 e o 19 de abril de 2009, o Goberno bipartito licitou preto de 260 obras cuxo importe de adxudicación foi despois incrementado en 200,7 millóns de euros a través de posteriores ‘incidencias’.

 Gómez Alonso fai fincapé en que ditas actuacións foran licitadas nun principio por valor de 1.175 millóns de euros e se adxudicaron por menos diñeiro para despois incrementalo con modificados ata chegar a un 24% máis de gastos.

 Para o voceiro de infraestruturas dos populares, cabe salientar que desas obras, 48 experimentaron gastos adicionais que implicaron incrementos, en moitos casos, do 50% e 60% e incluso do 100%.

 Estas 48 actuacións foron licitadas por 339,1 millóns e adxudicadas por 239,2 millóns para que despois os gastos adicionais, supuxesen un incremento de 110,4 millóns de euros. É dicir, as susoditas obras suman máis da metade dos gastos adicionais e o total ascende a 349,6 millóns.

O deputado popular calificou está forma de adxudicar obra pola porta de atrás “un auténtico engano aos galegos, que como cidadáns intelixentes merecen saber o coste real das súas infraestruturas”.

 REGULACIÓN DA TRAMITACION DOS PROXECTOS MODIFICADOS

Segundo Gómez Alonso, o actual Goberno galego está traballando na posta en marcha de distintas actuacións para facer fronte á problemática que supoñen os proxectos modificados. Así, creouse unha Subdirección Xeral de Seguridade Viaria e Inspección para informar sobre as propostas de redacción de proxectos modificados de obras xa contratadas, actuando como órgano inspector que garanta a obxetividade e imparcialidade das causas de modificación inherentes só ás obras.

 Do mesmo xeito, modificouse o sistema de cálculo da baixa temeraria a incluir nos pregos de licitación, endurecéndose os criterios de inclusión en baixa temeraria das ofertas, para que así descenda a baixa media de adxudicación, e garantir, deste xeito, que os prezos ofertados permitan realmente a execución.

 Segundo o dirixente popular, aseguraránse os principios de transparencia dos procedementos, non discriminación e igualdade de trato entre os licitadores, así como unha eficiente utilización dos fondos públicos.

¿Y tú qué opinas de esto?