El gobierno gallego se ayudará de particulares y empresas para controlar los vertidos a la red fluvial

MEDIO AMBIENTE PUBLICA NO DOG O DECRETO POLO QUE SE REGULA A COLABORACIÓN DE ENTIDADES COA ADMINISTRACIÓN HIDRÁULICA DE GALICIA EN MATERIA DE CONTROL DE VEREDURAS

 Medio Ambiente publica en el Diario Oficial de Galicia el decreto por el que se regula la colaboración de entidades con la Administración Hidráulica en materia de control de vertidos. Las entidades podrán auxiliar a la Administración regional mediante la realización de informes y análisis, dada la densidad de la red fluvial. La Xunta ha destinado a este plan de control un presupuesto de más de 6 millones de euros.

  • As entidades poderán auxiliar a Administración na realización de informes ou análises, dada a densidade da rede fluvial da Demarcación Hidrográfica Galicia- Costa e o volume de tarefas da primeira
  • O Plan de Control de Verteduras foi aprobado no Consello da Xunta do 6 de agosto de 2009, cun investimento de máis de 6 millóns de euros por parte do Goberno galego

 

Red fluvial de Galicia. Gráfico: madrimasd.es

Santiago, 05 de outubro de 2010.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas publica no Diario Oficial de Galicia (DOG) o decreto polo que se regulan as entidades colaboradoras da Administración hidráulica de Galicia en materia de control de verteduras e calidade das augas. Establécense así as condicións que as persoas ou empresas deben reunir para obter o título de entidade colaboradora da Administración hidráulica de Galicia en materia de control de verteduras e vixilancia da calidade das augas, e realizar tarefas de apoio á dita administración.

 Na actualidade, Augas de Galicia conta cunha unidade técnica de intervención en saneamento en cada unha das demarcacións: Galicia Norte, Centro e Sur, integradas dentro do Plan de Control de Vertidos, en estreita coordinación coa Gardaría Fluvial.

 Cómpre sinalar que o Plan de Control de Verteduras foi aprobado no Consello da Xunta do 6 de agosto de 2009 cun investimento de máis de 6 millóns de euros por parte do Goberno galego. O obxectivo deste plan é crear unidades renovadas e especializadas, destinadas tanto á inspección e ao control de vertidos en dominio público como á xestión das alertas xeradas.

 Entidades colaboradoras

Non obstante, dada a densidade da rede fluvial existente na Demarcación Hidrográfica Galicia- Costa e o volume e diversidade das tarefas de control e vixilancia das verteduras, considerouse a necesidade de contar con empresas que puidesen colaborar na realización de análises, informes e demais actuacións en materia de ambiente.

 As actuacións realizadas polas entidades colaboradoras complementan os traballos que se están levando a cabo dende o Plan de Control de Verteduras, o que en definitiva lle permitirá á Administración ter maior control sobre as verteduras ao dominio público e, sobre todo, ao medio receptor.

 As entidades colaboradoras prestarán auxilio á Administración nas súas funcións de seguimento e control das verteduras ao dominio público e da calidade das augas. Tamén lles proporcionarán ás empresas que o necesiten o auxilio técnico necesario nos seus trámites ante a Administración.

 O decreto polo que se regulan os entes conta cos informes favorables emitidos pola Dirección Xeral de Orzamentos, Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, Dirección Xeral de Tributos, Secretaría Xeral de Igualdade e Asesoría Xurídica.

 Para a elaboración do decreto contouse, ademais, coa participación de 26 entidades interesadas no procedemento.

Un comentario sobre “El gobierno gallego se ayudará de particulares y empresas para controlar los vertidos a la red fluvial

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s