El ingreso medio por habitación aumentó este verano en las principales ciudades gallegas

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

SANTIAGO REXISTROU ENTRE OS MESES DE XUÑO E AGOSTO UN INCREMENTO DO 31,5% DO INGRESO MEDIO POR HABITACIÓN DISPOÑIBLE  RESPECTO DO MESMO PERÍODO DO ANO PASADO, SEGUNDO EXCELTUR

Santiago de Compostela registró entre los meses de junio y agosto un incremento del 31,5% del ingreso medio por habitación disponible respecto del mismo periodo del año pasado, según Exceltur. Ascendieron también las ciudades de Coruña y Lugo, y Pontevedra en los meses de junio y julio

  •  O ‘Barómetro de Rendabilidade dos destinos turísticos españois’, elaborado por Exceltur nos hoteis de tres, catro e cinco estrelas, reflicte que no acumulado do ano 2010 a cidade compostelana rexistrou un aumento do 30,7%, o maior do conxunto dos destinos urbanos de España.
  • A nivel estatal o incremento medio dos ingresos por habitación dispoñible no sector hoteleiro en destinos urbanos situouse só nun 6,5% en relación ao 2009.

 Santiago, 5 outubro de 2010.-  Santiago de Compostela rexistrou entre os meses de xuño e agosto deste ano un incremento do 31,5% do ingreso medio por habitación dispoñible nos hoteis de tres, catro e cinco estrelas respecto do mesmo período do ano pasado, situándose o dato medio en 71,6 euros, segundo o informe ‘Barómetro da Rendabilidade dos destinos turísticos españois’ realizado por Exceltur. Trátase da quinta cifra máis elevada do Estado dos destinos urbanos analizados.

 O informe, que analiza o ingreso medio por habitación dispoñible no caso dos hoteis de tres, catro e cinco estrelas dos principais destinos urbanos de España, revela que no acumulado do ano o aumento da rendabilidade empresarial na cidade de Santiago foi do 30,7% máis respecto do mesmo período do ano pasado, o maior do conxunto de destinos urbanos de España.

 Por categorías, no segmento de cinco estrelas Santiago rexistra o terceiro valor máis elevado de ingreso medio por habitación dispoñible dos destinos urbanos españois, con 101,6 euros de media nos tres meses do verán. En catro e tres estrelas rexistra 66,6 euros e 52,5 euros respectivamente, cifras que supoñen un incremento do 29% e o 27%, o primeiro e segundo máis elevado de todo o país, respectivamente.

 No conxunto dos destinos urbanos de España o incremento da rendabilidade empresarial medida segundo o ingreso medio por habitación dispoñible cifrouse tan só nun 6,5% en relación ao mesmo período do ano pasado.

 A Coruña, Lugo e Pontevedra

As outras tres cidades galegas que analiza o Barómetro de Exceltur son A Coruña, Lugo e Pontevedra. Respecto á cidade herculina, a mellora da rendabilidade do sector hoteleiro de alta categoría nos meses do verán subiu un 9,3% respecto do mesmo período do ano pasado. No acumulado do ano, a rendabilidade media na Coruña incrementouse nun 7,7%, grazas tamén ao bo comportamento observado xa dende os meses de maio e xuño.

 No caso de Lugo a rendabilidade media dos hoteis de alta categoría subiu un 6% nos meses de verán. O comportamento dos oito primeiros meses do ano reflictiu unha suba do 7% na rendabilidade media dos hoteis.

 Por último, no caso de Pontevedra os bos resultados de meses como marzo e abril –permiten falar, segundo o estudo de Exceltur dunha suba acumulada do 5,5% nos ingresos medios por habitación dispoñible nos oito primeiros meses de 2010. Considerando o período de xuño a agosto, Pontevedra é o único destino urbano no que se mantén estable a situación en relación ao mesmo período do verán do ano pasado. Obsérvase, neste caso, unha suba nos meses de xuño e xullo en contraposición a unha caída practicamente equivalente no mes de agosto, situándose nunha media final do -0,1%.

Un comentario sobre “El ingreso medio por habitación aumentó este verano en las principales ciudades gallegas

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s