Arranca la campaña de marisqueo en la ría de Arosa

O LUNS DÍA 4 DE OUTUBRO COMEZA A CAMPAÑA DE LIBRE MARISQUEO NOS LOMBOS DO ULLA, BOHÍDO E CABÍO

Comienza la campaña extractiva de libre marisqueo para los mariscadores de la ría de Arousa, en los bancos de arena del Ulla, Bohído y Cabío

  •  Técnicos da Consellería do Mar e os patróns maiores das 12 confrarías da Ría de Arousa que faenan nestes bancos reuníronse esta semana para organizar diferentes aspectos que atinxen ao traballo conxunto da campaña

 

Foto: Wikipedia

Santiago, 3 de outubro de 2010.-  Mañá comeza a campaña extractiva de libre marisqueo para os mariscadores da ría de Arousa. Técnicos da Consellería do Mar e os patróns maiores das 12 confrarías desta ría que faenan nos bancos de libre marisqueo, como Lombos do Ulla, O Bohído e Cabío, reuníronse esta semana para organizar diferentes aspectos que atinxen ao traballo conxunto da campaña. Entre eles acordouse o período de desenvolvemento da actividade que se prolongará ata o 1 de abril de 2011 e que poderá ser modificado pola dirección xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños trala petición do sector e atendendo aos datos biolóxicos dos bancos e da evolución dos prezos no mercado.

 Outro dos temas principais tratados na xuntanza foi o das cotas máximas de captura. No caso dos Lombos, as cantidades consensuadas entre administración e sector para o berberecho foi de 6 quilos máximo por tripulante, 2 quilos para a ameixa fina, a mesma cantidade para a ameixa babosa e 6 quilos para a ameixa xaponesa. No Bohído, os topes de capturas diarias por tripulante son de 2 quilos para a ameixa fina, tamén esta cantidade para a ameixa xaponesa e 5 quilos para cada unha das especies de ameixa babosa, ameixa bicuda e carneiro.

 Por outra banda, en Cabío e no resto de zonas de libre marisqueo da ría, as cotas máximas son de 5 quilos para as especies de berberecho, ameixa xaponesa, ameixa bicuda e carneiro; 21 quilos para a ameixa rubia, 6 para a ameixa babosa e 2 quilos para a fina.

 No que atinxe aos horarios, a actividade extractiva realizarase de luns a xoves en horario de 8:00 a 14:00 horas. Para o labor de extracción están autorizadas como artes de marisqueo dende embarcación os rastros, os raños e as ganchas. A separación mínima entre varillas será de 17 mm.

 En canto á vixilancia da zona e dos puntos de control, realizaranse conxuntamemte entre os vixilantes das confrarías da Ría de Arousa coa colaboración do Servizo de Gardacostas de Galicia da Consellería do Mar.

 * Nota: adxuntamos táboa de topes diarios por tripulante nas zonas de libre marisqueo.

 ANEXO: TÁBOA TOPES DIARIOS POR TRIPULANTE

 

Especies Lombos do Ulla O Bohído Cabío Resto de zonas
Berberecho 6 5 5
Ameixa fina 2 2 2 2
Ameixa babosa 2 5 6 6
Ameixa xaponesa 6 2 5 5
Ameixa rubia 21 21
Ameixa bicuda 5 5 5
Carneiro 5 5 5

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s