Empieza la construcción del futuro Centro de Recursos Naturales de Galicia

O titular de Medio Ambiente asistiu en Ourense ao inicio de construción do futuro Centro de Interpretación de Recursos Naturais da Galicia

OS PARQUES NATURAIS DE GALICIA REXISTRAN UN MILLÓN DE VISITANTES NESTE ANO 2010

 Medio Ambiente indica que los parques naturales gallegos registrarán un millón de visitantes en este año 2010

  •  A posta en marcha do presente proxecto é froito  dun convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, o Concello de Ourense, o Estado e a Unión Europea
  • O centro nace coa intención de ser un complemento de todos os centros de interpretación que existen en cada un dos espazos naturais galegos
  • O conselleiro indicou que as instalacións serán un instrumento educativo para que a sociedade entenda e comparta os problemas ambientais
  • Galicia conta con seis parques naturais e un nacional que suman algo máis de 49.000 hectáreas, onde se inclúen espazos emblemáticos como as Illas Atlánticas
  • O titular de Medio Ambiente manifestou que os parques tamén deben ser sinónimos de lugares atractivos onde impulsar actividades turísticas, respetando sempre a conservación dos valores naturais

 

Ourense, 2 de outubro de 2010.- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, asistiu hoxe ao acto de inicio de construción do futuro Centro de Interpretación de Recursos Naturais da Galicia en Eirasvedras, en Ourense. No acto tamén estiveron presentes a ministra de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, Elena Espinosa, e o alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez.

 A posta en marcha do presente proxecto é froito  dun convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, o Concello de Ourense, o Estado e a Unión Europea. O centro nace coa intención de ser un complemento de todos os centros de interpretación que existen en cada un dos espazos naturais galegos.

 Hernández destacou que o obxectivo primordial da construción das instalacións de interpretación de recursos naturais de Galicia é poñer en valor e dar a coñecer o patrimonio natural e, concretamente, os parques naturais da comunidade galega.

 Na actualidade, Galicia conta con seis parques naturais e un nacional que suman algo máis de 49.000 hectáreas, onde se inclúen espazos tan emblemáticos como as Illas Atlánticas, enclave no que se atopan os ecosistemas marítimos máis valiosos do dominio atlántico español.

 Estes parques naturais, que van constituír boa parte do futuro edificio do que hoxe se colocou a primeira pedra, son unha peza angular da política de conservación da biodiversidade galega, ao dispoñer de 58 hábitats identificados (80% do total da comunidade).

 Funcións

O titular de Medio Ambiente subliñou que o acordo de colaboración entre administracións debe conseguir que os parques naturais de Galicia se constitúan en modelos territoriais de desenvolvemento sostible ou áreas onde aplicar proxectos de desenrolo rural en harmonía cos valores naturais.

 Por outra parte, os parques tamén deben ser sinónimos de lugares atractivos onde impulsar actividades turísticas, respetando sempre a conservación dos valores naturais. A súa condición de patrimonio público fai que sexa necesario potenciar as visitas ordenadas aos parques naturais e aos seus centros de interpretación. Deste xeito, prevese que se alcance a cifra dun millón de visitantes neste ano 2010, dos que case un terzo lle corresponde ao Parque Nacional das Illas Atlánticas, que rexistrará a súa maior marca nos oito anos de existencia.

Agustín Hernández apuntou que o centro tamén será un instrumento de alto valor educativo para que a sociedade entenda e comparta os problemas ambientais. Neste senso, explicou que temas como a biodiversidade, o cambio climático, o ruído ou a responsabilidade ambiental son referentes de interese no ámbito de posgrao e na formación laboral, avalado nos últimos tempos pola nova dinámica da universidade emanada do Plan Bolonia.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s