El emblemático centro coruñés Eusebio da Guarda cumple 120 años

O CONSELLEIRO DE EDUCACIÓN ASISTE Á CELEBRACIÓN DO CXX ANIVERSARIO DO IES EUSEBIO DA GUARDA, EN A CORUÑA

El consejero de Educación de la Xunta asiste a la celebración de los ciento veinte años que cumple el emblemático instituto Eusebio da Guarda, en A Coruña

  •  Polas aulas do centro coruñés pasaron ao longo destes anos preto de 90.000 alumnas e alumnos
  • Actualmente ten matriculados máis de 1.000 estudantes en bacharelato, educación secundaria de adultos, ESO e ciclos formativos
  • O instituto será, este curso, un dos centros plurilingües que terá a cidade de A Coruña,

 

A Coruña, 1 de outubro de 2010.- O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, asistiu  á celebración do 120 aniversario da apertura do IES Eusebio da Guarda, en A Coruña.

 

Durante a súa intervención no acto conmemorativo o conselleiro destacou a figura de Eusebio da Guarda, do que dixo que “a súa apaixonante biografía a prol dos intereses e dos soños da cidade herculina, forma parte das máis importantes sagas desta urbe luminosa que durante décadas deseñou as rutas da liberdade e a galeguidade”.

Ademais, destacou que a experiencia humana e as inquedanzas do fundador do centro “poñen de relevo que de cando en vez o pobo, unha cidade, ten a sorte de asistir á presenza da figura dun benfeitor que consegue transformar a súa vida enteira con ambiciosos proxectos de fomento que actúan como catalizadores do avance social e do benestar colectivo”.

 Por outra banda, Vázquez Abad fixo referencia ao primeiro director do centro, Xosé Pérez Ballesteros, “a persoa que comezou un programa de ensino público que axiña sería un exemplo a imitar na azarosa xeografía educativa e pedagóxica doutras terras e sociedades irmás”.

 Historia e melloras

Ao longo destes anos o IES Eusebio da Guarda non só se converteu nun dos edificios educativos con máis historia de Galicia, senón que durante a época, na que no seu interior se situaba a Escola de Belas Artes, estivo matriculado un dos españois máis universais: o pintor Pablo Picasso. Polas aulas deste centro pasaron personaxes da talla de Gonzalo Torrente Ballester ou Manuel Fraga Iribarne.

 O aspecto do IES Eusebio da Guarda sufriu numerosos cambios, e agora o proxecto máis inmediato é levar adiante a rehabilitación do edificio histórico e a demolición e nova construción da ampliación dos anos sesenta, renovándose así totalmente a fachada marítima.

 Formación educativa

Ao longo destes 120 anos polo centro educativo pasaron preto de 90.000 alumnas e alumnos, e na actualidade están matriculados máis de mil estudantes da ESO, o bacharelato, os ciclos formativos e a educación secundaria para adultos.

 No presente curso escolar o centro posúe seccións bilingües en inglés para os estudantes de 2º de bacharelato en historia da filosofía. Ademais, este ano o instituto comeza como centro plurilingüe en 1º da ESO en inglés.

 No acto estiveron presentes a directora do centro educativo, Isabel Ruso de Lago; o delegado da Xunta en A Coruña, Diego Calvo; a xefa territorial de educación en A Coruña, María Teresa Fernández Villaverde; o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, José Luis Mira; o alcalde de A Coruña, Javier Losada; o presidente da Deputación, Salvador Fernández Moreda; e o presidente da Real Academia Galega, Xosé Luis Méndez Ferrín; entre outros.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s