A Xunta blinda a execución da autovía Carballo-Berdoias coa licitación dun novo prego concesional
La Xunta blinda la ejecución de la autovía de la Costa da Morte con la licitación de un nuevo pliego concesional
A NOVA PLANIFICACIóN DAS INFRAESTRUTURAS GARANTIZA A EXECUCIÓN DAS 12 AUTOVÍAS DO PLAN MOVE nos prazos previstos
Foto: laopinioncoruna.es
El Ejecutivo gallego garantiza la ejecución de las 12 autovías previstas en el Plan MOVE en los plazos previstos, gracias según dice «a la nueva planificación de las infraestructuras» y «pese a los recortes presupuestarios impuestos por el gobierno Zapatero»
- Das 12 autovías, 9 estarán rematadas no horizonte desta lexislatura, e as 3 restantes no 2015 -De las 12 autovías, aseguran que 9 estarán rematadas en esta legislatura, y las 3 restantes para 2015
- “O axuste das actuacións só ten unha causa, a errática xestión da crise por parte do Goberno de España e a esixencia á Xunta de devolver 2.500 millóns de euros”, afirmou Hernández
- O Goberno galego pretende manter o nivel de execución do programa de vías de altas prestacións, o de maior peso dentro do plan, no que xa se está traballando en máis de 423 km, o 73% dos previstos
- Agustín Hernández destacou o esforzo realizado para manter intacto o orzamento destinado a seguridade vial, que se sitúan en 443 millóns de euros, mentres que o programa de conservación mantense practicamente igual, ao pasar de 680 a 660 millóns
Santiago, 30 de setembro de 2010.- A Xunta garante a execución das 12 autovías do Plan MOVE e da practica totalidade das vías de altas prestacións nos prazos comprometidos e sen reducir os investimentos nas mesmas, a pesares da crise económica e dos recortes orzamentarios.
O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, presentou hoxe a nova planificación viaria ata o ano 2015, no que será necesario axustar os orzamentos a un déficit de financiamento de 621 millóns de euros, é dicir, o 14,55% do Plan MOVE, que polo tanto será preciso actualizar para adaptalo ao novo escenario.
Hernández explicou que o Plan MOVE foi elaborado tendo en conta as dispoñiblidades orzamentarias do ano 2009 co obxectivo de contar cun documento de planificación factible, realista e executable, en materia de estradas de Galicia. Lembrou que a nova planificación é necesaria como consecuencia do pouco rigor orzamentario dos exercicios 2008 e 2009, de xeito que “o axuste das actuacións só ten unha causa, a errática xestión da crise por parte do Goberno de España e a esixencia á Xunta de devolver 2.500 millóns de euros”, afirmou.
“A Xunta está a traballar con seriedade, transparencia e responsabilidade para garantir a continuidade da obra pública en Galicia pese aos recortes impostos polo Goberno de Zapatero”, engadiu.
O conselleiro insistiu en que o Goberno galego pretende manter o nivel de execución do programa de vías de altas prestacións, o de maior peso dentro do plan, no que xa se está traballando en máis de 423 km, o 73% dos previstos. Destes, se atopan en obras ou en servizo a día de hoxe un total de 166 quilómetros, o 30% do total. Un grao de execución que cualificou de “moi satisfactorio” para un plan que acaba de cumprir o seu primeiro ano de vida.
En canto ás vías de altas prestacións, o conselleiro destacou que se garante a execución en prazo dun total de 12 autovías, ademais de manter a práctica totalidade das VAP nos horizontes previstos no Plan MOVE. Destas actuacións, 9 estarán listas no horizonte desta lexislatura e as 3 restantes no horizonte de 2015.
| AUTOVÍAS | KM | M € |
| Horizonte actual lexislatura | ||
| Morrazo | 15,4 | 53,8 |
| Carballo- Berdoias | 42 | 208 |
| Brión-Noia | 17,5 | 22,6 |
| Nadela-Sarria | 26,8 | 34,8 |
| Acceso Plisan | 4,6 | 32,5 |
| Terceira Rolda Coruña | 4,4 | 51,3 |
| Pontevedra- Vilagarcía | 8,8 | 122,7 |
| Tui- A Guarda (Enlace Tui- Goián) | 18 | 119,5 |
| Ourense- Celanova | 18,7 | 72,2 |
| Horizonte 2015 | ||
| A Ramallosa- A Estrada | 13,6 | 75,8 |
| Sanxenxo- Lanzada | 9,1 | 11,7 |
| Sabón-AG 55 | 1.3 | 1,3 |
| TOTAIS | 178,9 km | 806,2 M € |
Modificacións
Agustín Hernández afirmou que se revisaron minuciosamente cada unha das actuacións recollidas no Plan de acordo coas capacidades económicas, as prioridades de execución e a situación administrativa de cada unha delas. Con estes criterios, modificáronse os horizontes temporais de tres actuacións, do total de 39 vías de altas prestacións que contén o Plan MOVE. Concretamente: a VAP Lalín – Alto do Faro, a metade das variantes da estrada OU-536 (Ourense-Trives), e conexión N-550 (As Galanas) – variante AC-841, que pasan do 2015 ao 2017 como ano de posta en servizo.
Ademais, vincúlanse outras actuacións á tramitación dos Plans Xerais de Ordenación Municipal que as deben definir. Así sucede coa Rolda de Pontevedra e o vial Balsa-Saiáns-Porto do Molle no concello de Nigrán. Nestes casos, tanto o seu financiamento como o seu horizonte de finalización vincúlanse a que o trazado estea pechado e decidido polo concello correspondente, xa que se trata de vías de carácter urbano.
Por último, anúlanse dúas actuacións, o vial de Loureda, en Arteixo; e a conexión entre a AP-9 e a A-6 en Cambre. Estes proxectos elimínanse do Plan MOVE logo de escoitar aos colectivos veciñais, da análise do seu impacto por parte dos técnicos e do estudo das alternativas presentes e futuras para garantir a mobilidade dos cidadáns.
Ademais destas modificacións que afectan a proxectos concretos, o resto de axustes realízase en partidas xenéricas do Plan MOVE. A este respecto, Agustín Hernández destacou o esforzo realizado para manter intacto o orzamento destinado a seguridade vial, que se sitúan en 443 millóns de euros, mentres que o programa de conservación de estradas mantense practicamente igual, ao pasar de 680 a 660 millóns de euros, é dicir, experimenta unha redución do 3%. Tampouco varía o programa de optimización das peaxes.
Como resultado da nova planificación, acádase a seguinte táboa comparativa entre os investimentos dos diferentes programas do Plan MOVE:
| PROGRAMA | MOVE 2009-2015Situación inicial (M€) | MOVE 2009-2015Nova Planificación (M€) | Redución M€ | Redución % |
| 1. VÍAS DE ALTAS PRESTACIÓNS | 1.428 | 1.405 | 23 | 2% |
| 2. VÍAS ESTRUTURANTES | 461 | 332 | 129 | 28% |
| 3. VÍAS COMPLEMENTARIAS | 588 | 387 | 201 | 34% |
| 4. ACTUACIÓNS DE APOIO | 79 | 54 | 25 | 31% |
| 5. ACTUACIÓNS MEDIOS URBANOS | 516 | 325 | 192 | 37% |
| 6. MANTEMENTO E CONSERVACIÓN | 680 | 660 | 20 | 3% |
| 7. SEGURIDADE VIAL | 443 | 443 | 0 | 0 |
| 8. I+D+I e MELLORA PAISAXÍSTICA | 48 | 17 | 31 | 65% |
| 9. OPTIMIZACIÓN DAS PEAXES | 22 | 22 | 0 | 0 |
| TOTAL PROGRAMAS | 4.265 | 3.645 | 621 | 15% |
Reformulación do sistema de concesións
O responsable de Obras Públicas da Xunta de Galicia expuxo tamén que o seu departamento vai a reformular o sistema que tradicionalmente se vén empregando nas concesións de obra pública, de xeito que nas que se leven a cabo a partires deste ano aplicaranse novos criterios que permitan optimizar aínda máis os investimentos e recursos, adaptándoos á situación financeira actual.
Un deses criterios será que, na medida das posibilidades de cada obra, reduciranse ao máximo os prazos de execución, así como o prazo concesional. Pero o mais importante consistirá en adaptar o sistema de contraprestación á entidade concesionaria aos condicionantes financeiros actuais.
Deste xeito, nas futuras concesións que vaian a entrar en servizo deixarase de empregar o actual canon de demanda, que se aplica en autovías como as do Salnés e do Barbanza, calculado en función da cantidade e do tipo de vehículos que circulen pola infraestrutura.
O novo sistema consistirá na contraprestación por canon de disponibilidade anual, cuxo importe máximo é ofertado polo sociedade concesionaria e que se modula en función da calidade do servizo, dependendo dos valores alcanzados para os indicadores de calidade e estado da vía.
Deste xeito, a operación minora drasticamente o seu risco financeiro facilitando o acceso a financiamento nun momento de escasez de liquidez como o actual.
En canto á Administración, vese beneficiada porque consegue así ampliar o abano de empresas coa capacidade suficiente para concorrer ás licitacións fomentando a competitividade e diminuíndo o nivel de criba actual que supón a capacidade de acceso ao endebedamento. Este novo esquema se aplicará sobre as seguintes concesións, que estarán en marcha todas elas o vindeiro ano:
| ACTUACIÓN | KM | M€ |
| Desdobramento da VAP Brión-Noia | 17,50 | 22,6 |
| Desdobramento da VAP Nadela-Sarria | 26,80 | 34,8 |
| Autovía Carballo-Berdoias | 42 | 208’2 |
| Desdobramento do Morrazo | 15,40 | 53,8 |
Hernández remarcou que a Xunta de Galicia está a realizar un exercicio de responsabilidade para mellorar dende o interese público as licitacións, xa que non é realista esixir ás construtoras uns parámetros de calidade elevados sabendo de antemán que a súa capacidade para asumir o proxecto está limitada polo acceso ao financiamento.
Autovía Carballo-Berdoias
Hernández explicou que as primeiras autovías nas que se aplicarán estes novos criterios serán as do Morrazo e da Costa da Morte. Con respecto a esta última, anunciou que a consellería renuncia á celebración do contrato de concesión da autovía Carballo – Berdoias e procederá de inmediato a reiniciar o proceso de licitación da autovía baixo este novo prisma, modificando polo tanto o sistema de contraprestación á sociedade concesionaria. Édicir, substituirase o canon de demanda do actual prego polo canon de dispoñibilidade. A nova licitación terá lugar antes de que remate o ano.
O conselleiro afirmou que, á vista do deterioro do escenario económico de Galicia producido nos últimos meses, a formalización do contrato de concesión nos termos en que foi licitado suporía a asunción dunha carga financeira que iría contra o interese público e obrigaría a retrasar outras actuacións tamén imprescindibles.
Tendo en conta o escenario financeiro actual e os previstos para o futuro, considérase necesaria a incorporación dunha serie de melloras no expediente e reformular a concesión. As melloras que irán encamiñadas á:
Minoración do prazo de execución das obras en 3 meses posto que se plantexa a construción dunha autovía dende o principio, non a construción dun corredor co seu posterior desdobre, permitindo unha maior optimización dos recursos da obra.
Redución do prazo concesional en 5 anos. Pasando de 30 a 25 anos e buscando un aforro significativo de cartos.
Modificación do sistema de contraprestación á sociedade concesionaria, adoptando o anteriormente dito sistema de canon por dispoñibilidade
Con este novo esquema, o cronograma previsto para a execución desta importante infraestrutura sería:
| Nova licitación | Decembro de 2010 |
| Adxudicación | 2º trimestre 2011 |
| Inicio das obras | 3º trimestre 2011 |
| Remate das obras | Ano 2013 |
Mantendo o horizonte previsto no MOVE e cumprindo a palabra dada aos cidadáns da Costa da Morte, o conselleiro de Medio Ambiente volveu a reiterar que, a pesares de asumir un retraso de oito meses no inicio das obras, a Xunta de Galicia está en disposición de licitar de novo a autovía en decembro de 2010 e de rematalas en 2013. “A autovía da Costa da Morte está blindada e vaise executar nesta lexislatura”, asegurou.

Estoi interesado en trabajar en las obras de la autovia, hai alguien responsable de contratacion o algun tipo de email que recoga c. Vitae.
Me gustaMe gusta