La hostelería gallega recibió este año un 11% más de turistas

El volumen de viajeros alojados en establecimientos turísticos de Galicia desde enero hasta agosto aumentó un 11,21% respecto al mismo periodo del año pasado

O VOLUME DE VIAXEIROS ALOXADOS EN ESTABLECEMENTOS TURÍSTICOS DE GALICIA DENDE XANEIRO A AGOSTO AUMENTOU UN 11,21% RESPECTO DO MESMO PERÍODO DO ANO PASADO

  •  Os datos oficiais do Instituto Nacional de Estadística revelan que, no caso das pernoitas, o incremento  deste ano foi do 8,05% en relación aos oito primeiros meses de 2009.
  • En comparación co último Ano Santo 2004, o aumento do 2010 sitúase ao redor do 5 e o 6%, considerando o volume de viaxeiros e as pernoitas, respectivamente. Trátase das cifras máis elevadas da década no conxunto da oferta regrada.
  • Os datos do conxunto de aloxamentos regrados de Galicia durante o mes de agosto revelan un aumento do 6,7% no caso dos viaxeiros e do 6,4% no das pernoitas.
  • Os valores deste mes en comparación co último Xacobeo constatan tamén unha medra de case o 2% no caso do volumen de viaxeiros e do 3,8% no das pernoitas.

 Santiago, 30 de setembro de 2010.- O volume de viaxeiros aloxados en establecementos de aloxamento regrado de Galicia durante os oito primeiros meses do ano aumentou un 11,21% respecto do mesmo período do ano pasado, segundo datos oficiais do Instituto Nacional de Estadística (INE). No tocante ás pernoitas o aumento foi do 8,05%. Estas cifras son as máis elevadas da década, tanto no número de viaxeiros como no de pernoitas en todo o conxunto da oferta regrada.

 A comparativa deste Ano Santo 2010 con respecto ao anterior Xacobeo 2004, sitúa o aumento no número de viaxeiros aloxados en establecementos de aloxamento regrado en case un 5%, mentres que o das pernoitas se sitúa nun 5,47%.

 Esta dinámica positiva é unha característica común ás diferentes tipoloxías de aloxamento, pois en todas elas se melloran as cifras de 2009 e 2004. 

 En canto aos establecemetnos hoteleiros, o aumento foi nos oito primeiros meses do ano dun 11,77% respecto ao mesmo período do 209 e dun 9,17%, no que atinxe ás pernoitas. O incremento respecto do anterior Ano Santo sitúase nun 4,43% no caso dos viaxeiros e nun 4,63% no das pernoitas.

 No caso dos establecementos extrahoteleiros (apartamentos turísticos, cámpings e turismo rural) o aumento rexistrado no período que vai de xaneiro a agosto sitúase nun ttoal do 7,51% respecto do mesmo período do ano pasado, mentres o das pernoitas se situou nun 3,21%.

 Os incrementos deste Ano Santo respecto do Xacobeo 2004 nos establecementos extrahoteleiros sitúase nun 8,65% no caso do volume de viaxeiros, e nun 9,47% no caso das pernoitas.

 Considerando os apartamentos turísticos, as porcentaxes de aumento respecto do ano pasado sitúanse nun 9,34% para o volume de viaxeiros e nun 1,91% no caso das pernoitas. No caso dos cámpings os aumentos dos viaxieros situaronse nun 7,49% respecto do mesmo período do ano pasado e as pernoitas nun 3,66%.

 No apartado de turismo rural, o aumento do volume de viaxeiros entre xaneiro e agosto foi do 7,04% e o das pernoitas do 2,73%. As variacións respecto do Xacobeo 2004 no caso dos establecementos de turismo rural foi no caso dos viaxeiros e das pernoitas, do 14,76% e do 11,20%, respectivamente.

 

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Buenos resultados también en agosto

Os datos do conxunto de aloxamentos regrados de Galicia durante o mes de agosto revelan un aumento do 6,7% no caso dos viaxeiros e do 6,4% no das pernoitas. Os valores deste mes en comparación co último Xacobeo constatan tamén unha medra de case o 2% no caso do volumen de viaxeiros e do 3,8% no das pernoitas.

 A análise dos datos dos establecementos hoteleiros constata un incremento do 7,51% no caso dos viaxeiros aloxados neste segmento en concreto, e do 7,50% no caso das pernoitas. As porcentaxes de aumento en hoteis e pensións respecto do Xacobeo 2004 sitúanse nun 1,35% e nun 1,81%, para os viaxeiros e as pernoitas, respectivamente.

 Por outra banda, os datos do INE revelan para os establecemetnos extrahoteleiros (apartamentos turísticos, cámpings e turismo rural) un aumento do 3,75% no caso do volume de viaxeiros alxoados e dun 4,01% no das pernoitas. Nesta ocasión, os incrementos rexistrados respecto do anterior Xacobeo cifra´nse nun 3,99% e nun 8,77%, para os viaxeiros e as pernoitas, respectivamente.

 No caso dos apartamentos turísticos, o aumento rexistrado neste mes foi do 21,36% respecto do 2009, mentres que as pernoitas se situaron nun 5,80%. As variacións con respecto ao Xacobeo 2004 neste segmento en concreto sitúanse nun 65,74% no caso dos vaixeiros e nun 10,95% no das pernoitas.

 Polo que respecta aos cámpings, o aumento do mes de agosto deste ano respecto do pasado foi do 3,70% e do 5,65%, en canto a viaxeiros e pernoitas, respectivamente. No segmento de establecemetnos de turismo rural rexistrouse, en cambio, unha diminución do 0,91% no caso dos viaxeiros aloxados e do 3,57% no caso das pernoitas.

2 comentarios sobre “La hostelería gallega recibió este año un 11% más de turistas

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s