6.085 bomberos y 3.579 fuegos este verano en Galicia

JUÁREZ COMPARECEU NO PARLAMENTO PARA INFORMAR SOBRE A CAMPAÑA DE VERÁN CONTRA OS LUMES FORESTAIS

 El consejero de Medio Rural de la Xunta compareció en el parlamento regional para informar sobre la campaña de verano contra los incendios forestales

  • O conselleiro destacou o labor das máis de 6.000 persoas dedicadas á extinción, e tivo un recordo para as familias dos dous brigadistas falecidos no lume de Fornelos de Montes
  • A superficie total queimada supón un 45% da media da última década, malia terse rexistrado condicións climatolóxicas moi adversas para a extinción de lumes

 Santiago, 28 de setembro de 2010.- O conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, compareceu esta mañá a petición propia no Parlamento de Galicia para informar sobre a campaña de verán de defensa contra os lumes forestais.

Juárez realizou un recoñecemento expreso ao labor “de cada unha das persoas que traballan na extinción e prevención dos lumes en Galicia”, que neste verán chegaron a 6.085, e quixo en primeiro lugar “trasladarlles ás familias de Julio Martínez da Silva e de Rodrigo Amo González, os brigadistas falecidos este verán mentres apagaban un lume en Fornelos de Montes, a nosa solidariedade e afecto”.

 O titular do Medio Rural explicou que, no que vai de campaña, se rexistraron 3.579 lumes, incluíndo os de menor entidade que non chegan a incendio: 883 na provincia da Coruña, 457 en Lugo, 1.275 en Ourense y 964 en Pontevedra. Estes lumes provocaron que ardesen 13.594 hectáreas (2.895 hectáreas de monte arborado, e 10.699 de monte raso).

 

Este dato de superficie total arborada queimada en 2010 supón o 25% da media do período 2000-2009 (a media da década foi de 11.635 Hs). O dato de superficie total queimada supón un 45% da media do mesmo período (a media foi de 29.934 Hs). E canto ó número de lumes, foi o 49% da media desa última década (a media dos dez últimos anos sitúase en 7.327).

 Meteoroloxía adversa – Meteorología adversa

Estes parámetros da campaña de verán de incendios resultan especialmente salientables toda vez que as condicións climatolóxicas para a extinción de lumes forestais non puideron ser máis adversas, tal e como cabe tirar dos respectivos informes presentados por Meteogalicia e Aemet (Axencia Estatal de Meteoroloxía).

 O verán de 2010 pasará a historia por temperaturas altas, persistencia de ventos do nordés moderados e mesmo fortes, pouca humidade ambiental, e, sobre todo, datos pluviométricos extremos, con encadeamento de cinco semanas seguidas –entre xullo e agosto- sen que caese unha soa pinga de chuvia. Condicións que había moitos anos non se xuntaban nunha canícula en Galicia.

 Juárez expuxo que, dos obxectivos de control especificados para o ano 2010 no Pladiga (Plan de Defensa contra Incendios Forestais de Galicia) estanse a cumprir catro ata a momento.

O primeiro, que a superficie arborada queimada por lume foi de 0’82 hectáreas, polo tanto menor de 1 hectárea que é o obxectivo previsto. O segundo, que a porcentaxe de lumes menores dunha hectárea foi de 76,11%, cumpríndose polo tanto o obxectivo de que esta porcentaxe sexa maior do 70%. O terceiro dos criterios cumpridos é o de controlar e reducir o número de incendios forestais con respecto á media dos últimos dez anos, xa que os 583 incendios (que non lumes) do ano 2010 é moi inferior aos 1.170 incendios de media no período considerado. E por último, cumpriuse tamén un cuarto obxectivo de reducir a superficie total queimada con respecto á media dos últimos dez anos, xa que as 13.556 hectáreas queimadas no ano 2010 son inferiores as 29.934 hectáreas queimadas de media entre o ano 2000 e o 2009.

 O conselleiro engadiu que, sen embargo, existen dous obxectivos aínda non acadados ata o momento e que son: a superficie total queimada por lume menor de 3 hectáreas (arestora rexístrase unha media de 3,87), e a porcentaxe de lumes maiores de 25 hectáreas inferior ao 2% (na actualidade é de 2,63%).

 Juárez tamén informou no Parlamento de que os 2.676 lumes rexistrados na campaña supoñen o 75% do total de lumes rexistrados no que vai de ano, e que concretamente durante o mes de agosto se rexistraron o 57% dos lumes, e ardeu o 86% da superficie total do que levamos de campaña.

 Nocturnidade e intencionalidade – Nocturnidad e intencionalidad

O conselleiro do Medio Rural incidiu especialmente, durante a súa exposición ante o hemiciclo, na “elevadísima porcentaxe de incendios nocturnos, con datos tan elocuentes como que no mes de setembro o 44% dos lumes da provincia de Pontevedra, e o 41% da provincia de Ourense, empezaron a partir do ocaso”.

 Juárez agradeceu, falando desta clara intencionalidade dos lumes, o labor disuasorio realizado polas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, e tamén do Exército, por canto a súa presenza nos montes axuda de maneira salientable na prevención da súa acción vandálica. No que levamos de ano foron detidas 93 persoas como presuntos incendiarios, por 166 no ano 2009, motivo polo cal o conselleiro ten solicitado que as autoridades policiais redobren  esforzos na persecución destes delincuentes.

 O máximo responsable da loita contra incendios fixo fincapé no feito de que “é inestimable a achega dos cidadáns que chaman ao 085 e ao 112. Grazas as súas chamadas, no que vai de ano, hai un 46% de lumes cuxo primeiro aviso foi a través destes teléfonos, o que fai que o noso dispositivo de prevención e extinción de incendios sexa aínda máis eficaz”. Conclúe o conselleiro, á luz destes datos, que “as cifras dan conta dunha realidade: a sociedade entende o problema dos incendios como unha cuestión de país. Así tamén debéramos entendelo, na miña opinión, todos os políticos”.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s