Presentada a exposición ‘Don Ricardo de Fingoi’ na Biblioteca Miguel González Garcés da Coruña

Lugo, 24 de febreiro de 2020. A exposición ‘Don Ricardo de Fingoi’, homenaxe a
Carballo Calero por serlle dedicado o Día das Letras Galegas do presente ano, foi
presentada hoxe na Biblioteca Miguel González Garcés, da Coruña, onde permanecerá
ata o vindeiro venres. Ao acto de inauguración asistiron Marisol González Regal,
directora da biblioteca; Marisol Truque, antiga alumna de Carballo Calero; Xosé María
Gómez Vilabella, escritor; Siro López Lorenzo, artista gráfico que aportou varios
magníficos traballos a este proxecto, e Xulio Xiz, presidente do Colectivo Egeria.
A mostra, organizada polo Colectivo Egeria, con patrocinio da Xunta de Galicia e a
colaboración da Real Academia Galega e o Colexio de Fingoi, reflicte as “pegadas de
Carballo Calero en Lugo”, onde permaneceu quince anos (19501965), e desenvolveu
unha moi importante actividade na investigación, na educación e na escrita.
O proxecto “Don Ricardo de Fingoi” inclúe, ademais desta exposición itinerante, un
folleto que reflicte integramente os trece paneis, e unha web e un libro que recollerán
opinións e lembranzas de ex-alumnos de Carballo Calero no Colexio de Fingoi.
No seu período en Lugo, Ricardo Carballo Calero leu e publicou a tese de
doutoramento, ingresou na Real Academia Galega e publicou a súa monumental
Historia da Literatura Galega contemporánea.
A exposición ten carácter itinerante, iniciando o seu percorrido no Colexio Fingoi
(Lugo) o pasado 15 de xaneiro. Despois de estar en Santiago de Compostela, Sarria e
Paradela, nas vindeiras semanas chegará a centros educativos, culturais e concellos de
toda Galicia.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s