Inauguración do proxecto-homenaxe “OS NOVE ANOS DE FRAGUAS EN LUGO” no Pazo de San Roque (Santiago de Compostela)

Presentado no Pazo de San Roque (Santiago de Compostela) o proxecto “Os nove anos de Fraguas en Lugo” –

Lugo, outubro de 2019. Foi presentado no Pazo de San Roque de Santiago de Compostela o proxecto-homenaxe “OS NOVE ANOS DE FRAGUAS EN LUGO”. Ao acto asistiron o Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o presidente do Colectivo Egeria, Xulio Xiz. Ademais, o pintor Manuel Romero fixo entrega aos representantes do Museo do Pobo Galego e o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento de cadanseu cadro de homenaxe a Fraguas pintados con motivo deste proxecto.

O proxecto FRAGUAS EN LUGO está composto polo libro “Os nove anos de Fraguas en Lugo”, que recolle textos dos promotores desta iniciativa, e doutros amigos e antigos alumnos de Antonio Fraguas, sobre os nove anos que este pasou en Lugo, e da profunda pegada que deixou na cidade e na sociedade lucense; unha exposición itinerante, composta por doce paneis, nos que se resumen os contidos do libro, e que está a percorrer toda Galicia; e a web fraguasenlugo.org, que recolle todas os contidos da publicación en papel.

Convocados polo profesor Manuel Regueiro Tenreiro, que tivo gran relación profesional e persoal con don Antonio Fraguas, reuniron recordos o historiador Antonio Prado Gómez (ao que nada do antigo “Instituto Masculino de Lugo” lle é alleo), e os antigos alumnos do vello profesor, Paco Martín, Xulián Parga e Xulio Xiz, para –por serlle dedicado a Fraguas o Día das Letras Galegas do ano 2019– facer un achegamento á pegada que o Mestre Fraguas deixou na cidade das murallas, e en
todos os que tivemos / tiveron a sorte de telo por docente e amigo.

Polo recente pasamento do profesor Manuel Regueiro Tenreiro, a homenaxe a Fraguas ven ser tamén unha homenaxe póstuma ao iniciador deste proxecto, o derradeiro no que con grande ilusión se involucrou.

O proxecto “OS NOVE ANOS DE FRAGUAS EN LUGO” contou coa colaboración do Colectivo Egeria e de GaliciaDigital no desenvolvemento de todas as accións, e co apoio da Xunta de Galicia.

Esta exposición xa visitou Lugo (IES Lucus Augusti e Biblioteca Provincial), Santiago de Compostela (IES Antonio Fraguas e IES Rosalía de Castro), A Estrada (Casa das Letras), Vilalba (Casa da Cultura), Ferrol (Ateneo Ferrolán), Guitiriz (IES Poeta Díaz Castro), e nas vindeiras semanas percorrerá diversos lugares de Galicia e do resto de España.

Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s