ADEGA – PASOU O DÍA MUNDIAL DOS BOSQUES MAIS SEGUEN AS DESFEITAS/ A PERTURA DUNHA PISTA FORESTAL PON EN RISCO UNHA ZONA CON ALTO VALOR ECOLÓXICO ENTRE OURENSE E LEON

  • A PERTURA DUNHA PISTA FORESTAL PON EN RISCO UNHA ZONA CON ALTO VALOR ECOLÓXICO ENTRE OURENSE E LEON

    A Serra de Enciña da Lastra é unha área con relevancia ambiental e paisaxística de primeira orde, polo que este territorio situado entre as divisiorias das provincias de León e Ourense conta con distintas figuras de protección.
    Na vertente galega atopamos o Parque Natural “Serra da Enciña da Lastra”, e no lado leonés a situación é similar, xa que é un Lugar de Importancia Comunitaria e e unha Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA), ambas figuras de protección incluídas na rede de espazos naturais protexidos pola Unión Europea, a Rede Natura 2000.

    A pesar diso, nos últimos días detectamos a realización de traballos forestais destinados a abrir o que parece ser un cortalumes no límite actual das provincias de Ourense e León, e que continuarán coa entrada dun buldózer pola área desbrozada ata Peña Falcoeira. Entendemos que de ser un cortalumes non ten senso ningún dende unha perspectiva técnica a súa consecución pode ter un gran dano ambiental e social, facilitando a entrada nunha zona sensible a actividades non desexadas, como a caza furtiva, e sen dúbida proporcionará acceso a posibles incendiarios.
    Descoñecemos quen autorizou a realización destas accións e cal é o obxecto das mesmas, pero denunciamos publicamente a falla de rigor ambiental e técnico na súa planificación e execución e o risco que supón para os valores ambientais que lle deron a este territorio o protección actual que ten.

    Non podemos esquecer que os desbroces xa ocasionaron un dano directo nunha formación vexetal típicamente mediterránea asentada sobre rochas calizas que teñen unha elevada singularidade na contorna incluíndo a presenza de algúns endemismos botánicos que a día de hoxe descoñecemos se se viron afectados. Ademáis causouse unha alteración a unha área que ten unha elevada importación como corredor ecolóxico e representa a zona límite de distribución para a poboación occidental de oso pardo (Ursus arctos).

    Por outra banda, a data de realización destes traballos é a peor posible, tendo en conta que estamos en pleno período reprodutivo dalgunhas especies, e calquera alteración do hábitat neste momento é moi prexudicial para as aves e outros vertebrados. Nin que dicir ten que a entrada de maquinaria para este lugar pon en risco o éxito reproductor dunha das únicos tres parellas de voitre branco (Neophron percnopterus) toda esta zona da Península Ibérica, especie declarada a nivel europeo pola IUCN como “En perigo.”

    Por todas estas razóns, as entidades asinantes vimos de solicitar á Xunta de Galicia e á Junta de Castilla y de León información sobre a legalidade e a necesidade destes traballos, así como a súa xustificación.

    ASOCIACIÓN A MORTEIRA
    ASOCIACIÓN URZ
    ASOCIACIÓN PARA A DEFENSA ECOLÓXICA DE GALICIA – ADEGA
    ECOLOGISTAS EN ACCIÓN LEÓN
    PLATAFORMA FILÓN VERDE
    PLATAFORMA PARA LA DEFENSA DE LA CORDILLERA CANTÁBRICA – PDCC
    SOCIEDADE GALEGA DE HISTORIA NATURAL – SGHN
    TYTO ALBA EL BIERZO

Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s