CIG rechaza en Santiago tanto el cierre de camas como la falta de cobertura de personal en el área sanitaria compostelana

NOTA DE PRENSA-

Unha vida vale menos de 2300 euros.

Dende CIGsaúde Compostela, queremos manifestar o noso rexeitamento a política de aforro que se está a levar a cabo dende esta Xerencia ao entendermos que hai maneiras de aplicar medidas de contención do gasto sanitario, sen que estas vaian encamiñadas única e exclusivamente, ao aforro en recursos humanos.
A desculpa sistemática, ante as queixas reiteradas por parte da Confederación Intersindical Galega tanto por pecharen camas coma por non facer as coberturas de persoal necesarias, non é outra cá de dicir que non teñen persoal médico nos listados de contratación. O que non din, é que non houbo previsión algunha e se están
producindo máis xubilacións cá incorporacións de médicos ao mundo laboral.
maiores, lonxe de ofrecerlles aos facultativos médicos unha estabilidade laboral, seguen a ofertarlles contratos vasoira que levan a este persoal a coñecer xeograficamente a área desaúde, pero nonaoseu “cupo”de usuarios,de xeito que unha/un médico de familia poido estar onte traballando en Carnota, hoxe en Lalín e ter un contrato mañá
en Aguiño.
A realidade non é outra que seguindo a estela deixada pola anterior Xerencia que baseou tódalas medidas de recorte indicadas polo SERGAS, en recortes en persoal,as actuais xestoras lonxe de facer gala da suposta recuperación económica, seguen a manter as pautas de actuación herdadas amparándose iso si, en que levan pouco tempo ou en que elas ofertaron 2 contratos máis, ou estabilizaron 2 ou 3 prazas máis.
O certo é que salario base do persoal facultativo médico non supera os 1300 euros e o de enfermería, non chega aos 1000. Así que por exemplo o PAC da Estrada, tal e como se tiña acordado, tería un equipo de reforzo os fins de semana por 2300 euros ao mes.
E si ben o desenlace ocorrido este sábado no que un paciente morreu na sala de espera do PAC da Estrada, mentres o único equipo (médico enfermeira/o) có que contaba ese día este Concello saíra có 061, podería ter acontecido igualmente, o que si non se tería dado é asituación de angustia que tivo que pasar a familia do paciente,o resto de
usuarios que se atopaban no centro, a compañeira PSX.
Dende CIGsaúde Compostela exiximos que tódolos PAC da XXIS conten con equipos completos, e mesmo a cobertura de tódolos permisos por vacacións, días, baixas etc. que se producen tanto na atención primaria coma na especializada.
Santiago de Compostela a 6 de Agosto do 2018.
Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s