Reclaman a convocatoria da Comisión Técnica de PACs
O 31 de xullo, ás 11:00 h, farán entrega de sinaturas diante de cada Área sanitaria
.- As organizacións sindicais con representación na Mesa sectorial do SERGAS e o persoal dos Puntos de Atención Continuada lamentan que a convocatoria da Comisión Técnica de PACs non se tivese celebrado antes de rematar o mes de xullo. Consideran que, están intentando demorar as negociación para que remate o verán e advirten que isto tería como consecuencia o incremento das mobilizacións do colectivo afectado.
Continuando coas mobilizacións realizadas até hoxe, e na liña do defendido na última Comisión Técnica, o persoal de PAC afectado por esta medida (Medicina de Familia e Enfermaría), acompañados de representantes das Organizacións Sindicais, realizarán unha entrega de sinaturas o día 31 de xullo ás 11 da mañá, diante das Xerencias de cada Área Sanitaria, reclamando calendarios axustados coa xornada ordinaria que ten que facer cada profesional.
Páxina Web: http://www.cig-saude.info/SANTIAGO
Facebook: PÁXINA CIG-SAÚDE COMPOSTELA