El sector del metal de A Coruña continúa sus movilizaciones para reclamar que se negocie el convenio

Traballadores/as de Castrosua sumáronse á concentración convocada pola CIG-Metal, CCOO e UGT-

O sector do Metal da Coruña continúa coas mobilizacións en demanda do desbloqueo da negociación do convenio-

Compostela, 4 de maio de 2017.- Delegados e delegadas da CIG-Metal, CCOO e UGT concentráronse esta mañá diante das instalacións da empresa Castrosua para denunciar o bloqueo da patronal á negociación do convenio provincial de siderometalurxia da Coruña, caducado desde 2015. A eles sumáronse os traballadores e traballadoras da empresa de fabricación de carrocerías de autobuses e grandes turismos compostelá que tamén reclamaron un convenio que garanta unhas dignas condicións laborais e de vida.

Hai dous anos e medio comezaron as negociacións do convenio provincial do Metal da provincia da Coruña. Un período no que a patronal non só non aceptou practicamente ningunha das demandas da parte social senón máis ben, segundo explicou Pepe Maio, responsábel de Negociación Colectiva de CIG-Industria, “todo o contrario, mesmo pretendeu suprimir dereitos xa conquistados”.

Maio denunciou que para iso a patronal aproveita as facilidades introducidas nas contrarreformas laborais e, nomeadamente a da negociación colectiva, promovendo ademais convenios de empresa de ámbito estatal.

O responsábel de Negociación Colectiva de CIG-Industria lembrou que nas primeiras xuntanzas a parte social tivo que centrarse en impedir que se introduciran os recortes que a patronal pretendía aplicar, desde rebaixas salariais do 15%, até redución das indemnizacións do persoal eventual, pasando polo estabelecemento da distribución irregular da xornada, conxelación dos pluses, supresión do complemento salarial nas IT ou eliminación da revisión salarial, entre outros.

Parte das pretensións da patronal foron paralizadas, pero aínda mantén a intención de introducir a distribución irregular da xornada e eliminar a revisión salarial.

Para a CIG-Industria, fronte este ataque aos dereitos dos traballadores e traballadoras do sector, é esencial que no novo convenio de recollan reivindicacións que veñen de vello, como establecer a subrogación para o persoal das contratas, regular as gardas localizadas fóra de xornada, recuperar a revisión salarial, mellorar as licencias retribuídas, limitar o uso das ETTs ou conseguir un incremento salarial que permita recuperar o poder adquisitivo perdido.

Maio chamou a continuar coa mobilización como única forma de presionar á patronal para que sente a negociar e avanzar en algunhas das cuestións que considera esenciais, como a da subrogación do persoal das contratas, pola precariedade que padecen e o incremento salarial, impedindo que se impoña fórmula algunha que permita a distribución irregular da xornada e garantindo a revisión salarial anual.

O representante da CIG-Industria advertiu ademais que tanto as e os traballadores como as centrais sindicais están chegando ao límite da súa paciencia polo que non descartan endurecer as mobilizacións, mesmo coa convocatoria dunha folga provincial no metal para conseguir que a patronal se aveña a negociar un convenio xusto que permita dignificar as condicións laborais e salariais no sector.

Confederación Intersindical Galega

Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s