La CIG presenta una denuncia en la Audiencia Nacional contra la cúpula directiva de la extinta Caixa Galicia

Considera que dos feitos probados en sentenzas anteriores poden derivar delitos como administración desleal, estafa e falsidade documental –

A CIG presenta unha denuncia na Audiencia Nacional contra a cúpula directiva da extinta Caixa Galicia –

Compostela, 21 de abril de 2017.- O secretario xeral da CIG, Suso Seixo e o secretario nacional da CIG-Banca, Clodomiro Montero, compareceron este venres en rolda de prensa para explicar o contido da denuncia presentada no Xulgado de Instrución do Penal da Audiencia Nacional, coa que se solicita que se investigue á cúpula directiva da extinta Caixa Galicia. A denuncia baséase en sentenzas da propia Audiencia Nacional que recoñecen como feitos probados cuestións que a CIG entende que poden ser consideradas delitivas como: administración desleal, estafa e falsidade documental.

Na denuncia solicítase, en concreto, que se investigue a José Luís Méndez López, na súa condición de exdirector de Caixa Galicia, a Mauro Varela Pérez, como expresidente do Consello de Administración e ao resto dos membros do Consello de Administración e do Comité de Dirección da antiga Caixa.

Caixa Galicia considerada insolvente xa en 2009

Respecto dos feitos probados nos que se basea a denuncia da CIG, Clodomiro Montero, sinalou a sentenza pola que a Audiencia Nacional condenou a cadea aos directivos de Caixa Nova, que recoñece como feito probado, xa no punto primeiro, que Caixa Galicia estaba nunha situación de insolvencia no ano 2009 en base ás argumentacións dos inspectores do Banco de España.

Xunto a isto, Montero lembrou que nas propias actas de inspección do Banco de España, que son públicas, recóllese tamén que no mes de marzo de 2009 Caixa Galicia estaba nunha situación de insolvencia, cunha previsión de perdas esperadas de 1.279 millóns de euros.

Porén, sinalou que nas asembleas xerais correspondentes ao exercicio 2008 e 2009, o Consello de Administración da caixa presentou unhas contas nas que se recollían uns beneficios de 225 millóns de euros no ano 2008 e de 91 millóns de euros no ano 2009. Por iso considerou que “alguén terá que explicar como pode, unha entidade que está nunha situación de insolvencia, segundo a Audiencia Nacional e segundo a Inspección do Banco de España, pode presentar beneficios multimillonarios. Nós entendemos que aí hai unha actuación que pode ser claramente irregular”.

Voto en contra das contas, da xestión e da emisión de preferentes

O secretario nacional da CIG-Banca lembrou que el mesmo, como representante da CIG na Asemblea Xeral de Accionistas correspondente ao exercicio 2008, cando se presentaron os beneficios de 225 millóns de euros, interveu para manifestar a posición contraria da central sindical e votar en contra do plan de xestión e desas contas, por entender que non reflectían fielmente a situación da entidade.

Unha asemblea na que Montero advertiu que as emisións de participacións preferentes que Caixa Galicia pensaba realizar en marzo e setembro de 2009 “tiñan a consideración de bonos lixo segundo a axencia de cualificación Moodys” e opúxose a esas emisións. Un voto en contra que se emitía mentres o Consello de Administración e a representacións dos/as accionistas validaban co seu voto a favor a emisión de preferentes. “Aí hai, polo tanto unha  grave responsabilidade”, considerou.

Xunto a isto Montero salientou que esas mesmas contas presentadas nos órganos de goberno cuns supostos beneficios de 225 millóns de euros nun ano e 91 noutro foron utilizadas para presentar diante do Banco de España e máis da Comisión Nacional do Mercado de Valores e “serviron para avalar esas dúas emisións de preferentes no ano 2009. O cal nos parece tremendamente grave e iso fundamenta parte da nosa denuncia”, engadiu.

Sanción do Ministerio de Economía

A todos estes feitos probados Montero engadiu que tamén, no mes de xuño de 2010, o Ministerio de Economía e Facenda abriu unhas actas de infracción con resolucións sancionadoras contra Tasa Galicia, a entidade que tiña Caixa Galicia para realizar a taxación de bens inmóbeis, e que nesa sanción -que foi recorrida diante da Audiencia Nacional e posteriormente validada pola propia Audiencia- se recoñece “que as taxacións realizadas por Caixa Galicia adoecían de múltiples irregularidades”.

Diante disto, a CIG considera que todo parece indicar que “aquí realmente o que se fixo foi deseñar unha estratexia para ocultar a situación de insolvencia de Caixa Galicia en 2009 tanto contablemente como a través da taxación”. Considera ademais que isto só se puido facer a través dunha posíbel manipulación contábel” e “por iso queremos que se investigue por parte da Audiencia Nacional”.

Comisión de investigación do parlamento de Galiza

Pola súa banda o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, explicou que a central sindical decidiu recorrer a denunciar esta situación diante dos tribunais de xustiza pola “pobre e desilusionante” experiencia vivida na Comisión de Investigación das caixas creada no seu momento no Parlamento de Galiza.

Unha comisión na que a CIG compareceu aportando documentación e datos diversos, pero que despois foi paralizada polo propio Partido Popular, ao que responsabilizou de impedir que se buscaran responsabilidades políticas e persoais que permitiran aclarar o que realmente ocorreu na súa xestión.

Seixo lembrou tamén outra denuncia presentada pola CIG na fiscalía en Compostela en relación con negocios vinculados á propia muller de José Luís Méndez, pola compra de patrimonio da propia Caixa por debaixo do valor de taxación. Sinalou que eses feitos foron postos en coñecemento en setembro de 2014 e denunciou que “sorprendentemente por parte da fiscalía nunca se nos deu razón de se se abrira algún tipo de investigación e cales foron os resultados da mesma”.

Non recollida pola Fiscalía

E se para a CIG este silencio da fiscalía de Compostela é sorprendente, máis o é que da que hoxe se daba conta, e que agora está en mans do Xulgado de Instrución do Penal da Audiencia Nacional, se intentara presentar previamente na Fiscalía da Audiencia xa no mes de marzo “un dereito que calquera cidadán ten cando considera que hai uns feitos posibelmente delitivos” e esta se negara a recollela. “Que unha fiscalía se negue a recoller unha denuncia é un feito insólito”, asegurou o secretario nacional da CIG-Banca.

Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s