‘Lugo de cara ao Miño’ insta a que no se archive la causa judicial de la fábrica de luz por “haber indicios de ilegalidad”

  • “LUGO DE CARA AO MIÑO” ATOPA SENDOS INDICIOS DE ILEGALIDADE NA TRAMITACIÓN DO PROXECTO DA FÁBRICA DA LUZ E INSTA Á FISCALÍA RECORRER O ARQUIVO DA CAUSA.

    Lugo, a 05 de abril de 2017. A plataforma “Lugo de Cara ao Miño” non se explica como o xulgado de instrución nº 1 de Lugo non atopou ningún comportamento delictivo nin ningunha irregularidade no expediente administrativo correspondente á peza do caso Pokemon relativa á adxudicación do proxecto hidroeléctrico da antiga Fábrica da Luz.
    Esta plataforma vén de poñer en coñecemento do Fiscal Xefe de Lugo de sendos indicios de ilegalidade atopados por Lugo de
    Cara ao Mo” no expediente da Fábrica da Luz, para instalo a que recorra o arquivo da causa.
    Tras un ano de intenso traballo na revisión de documentos relativos a este proxecto, a plataforma “Lugo de Cara ao Miño” trasladaralle á Fiscalía cando menos os seguintes 5 feitos que poderían conferir unha ilegalidade ou un comportamento delictivo e que atopamos dentro de todo o procedemento de tramitación da adxudicación e concesión da Fábrica da Luz:
    Feito 1. O goberno local de Lugo aprobou a contratación das obras da minicentral da fábrica da Luz antes de ter formalmente outorgada a concesión de augas para a súa explotación por parte da Confederación Hidrográfica do Norte (agora do MiñoSil). Con data 18 de abril de 2007, a Xunta do goberno local, daquela presidida por Xosé Orozco e con Francisco Fdez. Liñares como tenente alcalde, aprobou a contratación do proxecto de execución das obras de recuperación e mantemento da minicentral “Fábrica da Luz”, pero non foi ata o 26 de outubro dese mesmo ano cando se produciu formalmente a transferencia ao Concello da concesión de augas que permitiría o aproveitamento hidroeléctrico da fábrica da Luz.
    Desde a plataforma “Lugo de cara ao Miño” consideramos que non existían motivos lóxicos nin lexítimos para iniciar a licitación das obras da fábrica da luz antes de ter conquerida a concesión de augas, algo que non se tería que ter permitido e que, cando menos, non obedece ao proceder regulamentario dunha tramitación destas características.
    Feito 2.A solicitude do aumento do caudal de aproveitamento da fábrica da Luz de 7.000 l/s a 18.000 l/s por parte do Concello de Lugo (titular da concesión) prodúcese un ano despois de ter formalizado o contrato de adxudicación do proxecto hidroeléctrico coa empresa INCA, alegando unicamente motivos de rendibilidade ecomica. Deste xeito, o Concello de Lugo podería ter favorecido a empresa INCA con respecto ás demais entidades empresariais que participaron no concurso de adxudicación do proxecto de 2007, en cuxo prego de cláusulas económicas particulares non se contemplaba a posibilidade posterior de aumentar o caudal de aproveitamento por cuestións económicas. Por tanto, as demais empresas terían xogado en desvantaxe con respecto á empresa actualmente adxudicataria, xa que no prego do concurso se prevía menor capacidade de produción hidroeléctrica da fábrica da Luz e, por tanto, menor rendibilidade económica. Debemos de lembrar que pola lei de Contratos da Administración Pública, as condicións que se establezan nos pregos de concursos para as concesións de carácter público deben de ser iguais para todas as entidades interesadas no devandito concurso. Ademais, este proceder xéranos a seguinte dúbida: Se INCA sabía que a explotación da fábrica da Luz non lle ía ser rendible economicamente cun caudal de aproveitamento de 7.000 l/s, por que se presentou ao concurso?
    Feito 3.O contrato que, segundo o goberno local, está vixente entre o Concello de Lugo e a empresa adxudicataria INCA é o referido ao aproveitamento dun caudal de 7.000 l/s, non de 18.000 l/s. Este contrato foi formalizado en xuño de 2008 e nel establécense os criterios e condicións de aproveitamento hidroeléctrico da Fábrica da Luz para un caudal de aproveitamento de 7.000 l/s, incluído o canon que debe reverter no concello (5.468,96€ /ano), e non para unha explotación hidroeléctrica de 18.000 l/s, pola que case se triplica o volume de produción e, por tanto, tamén case triplicaría os beneficios da empresa adxudicataria.
    Debemos resaltar que a Confederación Hidrográfica MiñoSil autorizou o aumento do caudal de explotación no mes de
    maio do ano 2015, polo que o contrato formalizado en 2007 teríase que ter suspendido eposteriormente, reformulado ante a ampliación da concesión de augas. O Concello de Lugo, pola contra, nin suspendeu, nin reformulou o contrato coa empresa concesionaria, por tanto, neste sentido tamén se podería estar dando un trato preferente para a empresa INCA.
    Feito 4. Pese as mudanzas sufridas polo proxecto, as súas condicións de aproveitamento e acircunstancias de toda índole que o acompañan nos últimos 8 anos, o Concello de Lugo nopromoveu un novo procedemento de adxudicación ou concurso.
    Desde “Lugo de Cara ao Miño” consideramos que a envergadura da ampliación do volume de aproveitamento de caudal, que case triplica o volume orixinal, como a mudanza das circunstancias económicas da propia empresa, os condicionamento ambientais e a evolución do estado de conservación do propio edificio da Fábrica da Luz, oito anos despois de térense adxudicado as obras do proxecto hidroeléctrico, terían que ter sido motivos suficientes para que o Concello anulase o anterior concurso e o conseguinte contrato de adxudicación e iniciase un novo procedemento de adxudicación máis acorde coas características da nova concesión autorizada pola ConfederacióHidrográfica MiñoSil.
    Feito 5. O Concello de Lugo permitiu á empresa INCA hipotecar a concesión pese ao sepretendido interese público. O que sen dúbida ofrece maiores sospeitas sobre o posible trato de favor que a empresa INCA tería percibido por parte do Concello de Lugo é a autorización que o goberno local lle outorga á empresa concesionaria en agosto de 2015 para poder HIPOTECAR a concesión. Lembremos que no prego de cláusulas do concurso do proxecto do ano 2007, a maior puntuación (40 de 100 puntos) destinábase á empresa que realizase un maior investimento económico na execución das obras, por riba curiosamente doutros criterios, como a calidade técnica dos proxectos ou o canon percibido polas arcas do concello. Neste senso, foi a empresa INCA a que máis puntuación recibiu no concurso de adxudicación. Por tanto, chama poderosamente a atención que 8 anos despois de terlle adxudicado o aproveitamento á empresa INCA, esta teña que pedir un préstamo hipotecario de preto de 1 millón de euros ao banco
    Sabadell para poder executar as obras do proxecto. Pero aínda chama máis poderosamente atención que o Concello de Lugo teña autorizado presentar a concesión como aval dese préstamos hipotecario. Isto na práctica significa que, se a empresa INCA non dá asumido o préstamo hipotecario xa concedido, o Concello de Lugo podería perder a concesión “de interese público” a Luz a favor da entidade prestataria! Esta é a proba irrefutable de que o Concello de Lugo minte descaradamente cando di que teme perder a concesión vixente por razóns de interese público, xa que a titularidade pública do concello se atopa en risco desde que a concesión foi autorizada como aval dun préstamo hipotecario percibido por unha empresa privada.
    Ademais de instar á Fiscalía a recorrer contra o arquivo da causa no xulgado nº 1 de instrución de Lugo, “Lugo de Cara ao Miño” realizará mañá xoves, ás 20 horas, no local de Madialeva, unha charla informativa para todas as formación políticas, colectivos e particulares que queiran obter máis información sobre estas presuntas irregularidades atopadas no expediente da fábrica da luz e que poidan esixir responsabilidade política ao concello e un maior afondamento nesta causa por parte da Xustiza.
Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s