A CONSELLEIRA DE INFRAESTRUTURAS AVANZA A DISPOSICIÓN DA XUNTA A ACADAR UN ACORDO SOBRE OS ACCESOS PARA QUE VIGO TEÑA A PRIMEIRA ESTACIÓN INTERMODAL DE GALICIA E CONTRIBUÍR A “FACER CIDADE”

Ethel Vázquez e o director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, mantiveron hoxe nun encontro na estación de Vigo Urzáiz co presidente de Adif, Juan Bravo, e co alcalde, Abel Caballero, para avanzar no impulso a esta infraestrutura estratéxica

Vázquez Mourelle salienta que a Xunta, que investirá máis de 10 millóns de euros na terminal de autobuses, valora positivamente a proposta de reordenación urbana formulada para dar acceso ao complexo e solucionar os problemas de tráfico da zona
A solución acordada consiste na construción dun vial soterrado que comunique a rúa Lepanto coa AP-9, pasando baixo a praza da estación e a parcela da futura terminal de autobuses, mellorando así o tráfico urbano
A falta de concretar os custos da actuación, a Xunta, o Adif e a Administración local abordarán as vindeiras semanas os aspectos técnicos e os termos do seu financiamento
O desbloqueo dos accesos e a solución urbanística achegada polo Goberno galego para o complexo de Vigo- Urzáiz permitiralle ao Adif adxudicar a vindeira semana o Centro Vialia
A adxudicación estará condicionada a que o Concello de Vigo emita un informe favorable sobre o proxecto conxunto da estación intermodal

Vigo, 23 de marzo de 2017.- A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, confirmou hoxe a disposición do Goberno a acadar un acordo sobre os accesos para que Vigo teña a primeira estación intermodal de Galicia, mediante unha actuación urbanística que contribúa a “facer cidade”. Así o trasladou logo da xuntanza que mantivo este mediodía na estación de ferrocarril de Vigo-Urzaiz co presidente de Adif, Juan Bravo, e alcalde de Vigo, Abel Caballero, ademais do director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, para avanzar no impulso desta infraestrutura estratéxica.

A responsable de Infraestruturas salientou que a Xunta, que está a traballar no proxecto da nova estación de autobuses integrada na de ferrocarril, e que investirá máis de 10 millóns de euros nesa infraestrutura, valora positivamente a proposta de reordenación urbana formulada, xa que, ademais de dar acceso ao conxunto da estación intermodal, solucionará un problema de ordenación do tráfico na contorna.

Vázquez Mourelle explicou que con anterioridade se mantiveron varias reunións técnicas nas que se analizaron diferentes alternativas de accesos co obxectivo de facer compatibles as necesidades das tres pezas do puzzle: estación de autobuses, estación de ferrocarril e Centro Vialia e a última alternativa formulada conta co visto e prace de todas as partes.

O obxectivo do deseño defendido polo Concello é eliminar o tapón que supón para o tráfico urbano a limitación de gálibo existente na rúa Alfonso XIII, imposto polo viaduto de acceso á AP-9. Para iso, proponse a construción dun vial soterrado que comunique a rúa Lepanto coa AP-9, pasando baixo a praza da estación e a parcela da futura terminal de autobuses.

A conselleira subliñou que as tres partes están de acordo en que o impulso desta infraestrutura é unha boa ocasión para solucionar este problema municipal e aproveitar para facer cidade.

A falta de concretar os custos da actuación, a Xunta, o Adif e a Administración local abordarán as vindeiras semanas os aspectos técnicos e os termos do seu financiamento.

Paralelamente, na xuntanza de hoxe, púxose de manifesto que o acordo sobre os accesos e a solución urbanística achegada polo Goberno galego para o complexo Urzáiz permitiralle ao Adif adxudicar a vindeira semana o Centro Vialia. A adxudicación estará condicionada a que o Concello de Vigo emita un informe favorable sobre o proxecto conxunto da estación intermodal.

Isto será posible porque, no momento en que a anulación xudicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo converteu en inviable o conxunto da estación intermodal, a Xunta actuou con axilidade e aprobou unha Lei de medidas en materia de proxectos urxentes ou de excepcional interese que permite acadar a aprobación urbanística nun prazo aproximado de seis meses.

A Xunta iniciou o pasado mes de febreiro a tramitación do proxecto da estación intermodal de Vigo a través desa Lei, pero actualmente o proceso está en mans do Concello de Vigo, que debe culminar o período de información pública e emitir un informe municipal nun prazo máximo de 10 días.

VGO MAgazine

Ethel Vázquez e o director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, mantiveron hoxe nun encontro na estación de Vigo Urzáiz co presidente de Adif, Juan Bravo, e co alcalde, Abel Caballero, para avanzar no impulso a esta infraestrutura estratéxica

  • Vázquez Mourelle salienta que a Xunta, que investirá máis de 10 millóns de euros na terminal de autobuses, valora positivamente a proposta de reordenación urbana formulada para dar acceso ao complexo e solucionar os problemas de tráfico da zona
  • A solución acordada consiste na construción dun vial soterrado que comunique a rúa Lepanto coa AP-9, pasando baixo a praza da estación e a parcela da futura terminal de autobuses, mellorando así o tráfico urbano
  • A falta de concretar os custos da actuación, a Xunta, o Adif e a Administración local abordarán as vindeiras semanas os aspectos técnicos e os termos do seu financiamento
  • O desbloqueo dos accesos e a solución urbanística achegada…

Ver la entrada original 533 palabras más

Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s