La CIG denuncia el colapso en el servicio de Urgencias del Complejo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS)

COLAPSO NO SERVIZO DE URXENCIAS DO CHUS:

  1. O desmantelamento da atención primaria.

  2. O peche de camas.

  3. O aumento dos pacientes crónicos e oncolóxicos.

  4. Os recortes en persoal e medios materiais.

Son as causas polas que o Servizo de Urxencias ano tras ano, se atope cá mesma problemática.

Se ben é certo que a gripe chegou, este servizo está sufrindo unha sobrecarga de traballo, dende fai meses. A gripe só ven a agravar unha situación, que o persoal ven denunciando reiteradamente.

Péchanse camas cando está aumentando o número de pacientes crónicos, pluri- patolóxicos e oncolóxicos. Pese a isto, desmantélase a atención primaria. Invístese cada vez menos na atención a domicilio. O que motiva que os usuarios non atopen máis saída que iren a urxencias.

Unha vez alí, atópanse con máis do mesmo: recortes tanto en materiais coma en persoal.

Esta nota de prensa podería estandarizarse, xa que é a tónica habitual dende o 2009, data de comezo do desmantelamento da sanidade pública para un maior beneficio da privada, coa salvedade de que un traballador público, médico de atención primaria, como é o Sr. Verde, Xerente deste Complexo, o que menospreza a Sanidade Pública cás súas manifestacións nun medio de comunicación.

Nun servizo que atende unha media de 432 urxencias/ diarias, resúltanos moi complicado, a nós como CIG, entender as declaracións da semana pasada, de este sr á Cadena Ser, na que culpabiliza aos médicos deste servizo, iso si, no tono distendido do que sempre fai gala, de tomar café en vez de traballar. E dende CIG queremos saber, por qué sendo Xerente e o máximo responsable deste Complexo, e coñecendo estes datos, atrévese a facer semellantes declaracións, en vez de recoñecer a labor de uns profesionais, que pese as dificultades impostas dende a Dirección, conseguen facer o seu traballo contribuíndo a manter unha sanidade pública de calidade.

Dende CIG- saúde Compostela, queremos facerlle saber ó Xerente, que ningún traballador desta Xerencia, antepón o café a atención ó usuario.

Polo que lle esiximos rectificación pública das súas declaracións.

Compostela a 26 de xaneiro do 2017.

Pola CI.G-Saúde.

Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s