O delegado territorial da Xunta, Ignacio López-Chaves, lembrou que o alcalde de Vigo ten sen adxudicar a obra pese a que a anunciou hai máis de un ano
López-Chaves sinala que a Xunta foi dilixente na petición e devolución da documentación administrativa necesaria e recorda que o Concello tardou 7 meses en presentar o proxecto ante Augas de Galicia
Vigo, 07 de decembro de 2016.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, saíu hoxe ao paso das declaracións feitas polo alcalde da cidade, Abel Caballero, ao respecto do aparcadoiro municipal que comprometeu nas inmediacións do Hospital Público Álvaro Cunqueiro (HAC).López-Chaves considerou que o rexedor vigués “leva 450 días buscando escusas para non construír o aparcadoiro que comprometeu” no contorno do HAC e nuns terreos cedidos gratuitamente por Zona Franca.
O delegado sinalou que, unha vez máis, Caballero “falta á verdade” porque foi o Concello de Vigo o que tardou máis de 7 meses en remitir o proxecto a Augas de Galicia, de xeito que “non se puido tramitar sen que o envíe a Administración interesada”. “Neste caso parece que o interesado tiña pouco interese porque tardou 7 meses en envialo”, dixo López-Chaves.
Por último, quixo deixar claro que a Administración autonómica foi dilixente coa petición e devolución da documentación administrativa necesaria e relativa ao proxecto do aparcadoiro municipal. “Un proxecto que”, coma matizou o delegado, “anunciou hai máis de un ano pero que aínda non adxudicou nin iniciou as obras”. “Sucedeu o mesmo co aparcadoiro que anunciou e ía a construír en Bouzas e que nada máis se soubo del”, finalizou.
- O delegado territorial da Xunta, Ignacio López-Chaves, lembrou que o alcalde de Vigo ten sen adxudicar a obra pese a que a anunciou hai máis de un ano
- López-Chaves sinala que a Xunta foi dilixente na petición e devolución da documentación administrativa necesaria e recorda que o Concello tardou 7 meses en presentar o proxecto ante Augas de Galicia
Vigo, 07 de decembro de 2016.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, saíu hoxe ao paso das declaracións feitas polo alcalde da cidade, Abel Caballero, ao respecto do aparcadoiro municipal que comprometeu nas inmediacións do Hospital Público Álvaro Cunqueiro (HAC).
López-Chaves considerou que o rexedor vigués “leva 450 días buscando escusas para non construír o aparcadoiro que comprometeu” no contorno do HAC e nuns terreos cedidos gratuitamente por Zona Franca.
O delegado sinalou que, unha vez máis, Caballero “falta á verdade” porque foi o Concello de Vigo o…
Ver la entrada original 114 palabras más