Arrancan las obras del nuevo estacionamiento de autobuses de Barreiros

 

Foto: joseloy.blogspot.com

A XUNTA INICIA ESTA SEMANA AS OBRAS PARA A CONSTRUCIÓN DUNHA NOVA ÁREA DE ESTACIONAMENTO DE BUSES NO CONCELLO LUCENSE DE BARREIROS

  • Este tipo de espazos configúranse como infraestruturas análogas ás estacións de autobuses nos concellos en que pola súa dimensión ou configuración urbana non é adecuada a construción dunha estación
  • O obxectivo será mellorar as condicións de transporte para repercutir na mellora da ordenación do tráfico do transporte público, xa que se centralizará nun único lugar tanto as chegadas como as saídas dos autobuses

 

Santiago, 19 de outubro de 2010.- A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, iniciará esta mesma semana as obras para levar a cabo a construción dunha nova área de estacionamento de autobuses no concello lucense de Barreiros.

Así, a Dirección Xeral de Mobilidade realizará unha achega de preto de 190.000 euros para que a empresa “Construcciones Mon S.L.” leve a cabo esta actuación.

 Esta infraestrutura estará ubicada na marxe esquerdo da estrada N-634, na rúa da Vila de San Cosme de Barreiros ao seguir do cruce coa Rúa de Neiga, na fronte do edificio do Concello.

 Esta estrutura deseñouse en aceiro inoxidable, ten unha lonxitude de 18,40 metros e a súa cuberta esta configurada por sete pórticos. Esta peza que envolve o conxunto exteriormente serve tamén de apoio ao elemento de curva a base de pezas de vidro tempado antivándalico. Así mesmo, actuarase sobre a beirarrúa actual de xeito que, os autobuses estacionen deixando a estrada libre sen producir atrancos. A lonxitude do estacionamento acadará os 15 metros.

Espazos funcionais

Este tipo de espazos configúranse como infraestruturas análogas ás estacións de autobuses nos concellos en que, tanto pola súa dimensión como pola súa configuración urbana, non resultaría viable levalas a cabo. Esta actuación beneficiará aos preto de 2.250 veciños de Barreiros.

 A Xunta de Galicia, ao longo dos últimos anos, acometeu diversos plans de construción de estacións de autobuses de diversos niveis, atendendo ás necesidades e demandas específicas que cada entidade de poboación demandaba.

Na actualidade, é preciso continuar coa liña de creación de elementos dotacionais do transporte de viaxeiros. Nalgúns casos, non é necesario crear novas áreas de estacionamento, senón que tan só é preciso dotar a estación de novas instalacións que faciliten a penetración urbana ao transporte.

 Obrigas das administracións

A Consellería de Medio Ambiente terá o deber de financiar a totalidade das obras así como licitalas, ademais de asumir a dirección da obra. Pola súa parte, o Concello de Barreiros deberá poñer á disposición da consellería os terreos libres de cargas e gravames necesarios para a execución das obras, así como asumir o mantemento e a conservación das obras unha vez rematadas.

Para o seguimento do cumprimento das condicións establecidas no convenio, establecerase unha comisión de coordinación formada polo director xeral de Mobilidade, Miguel Rodríguez Bugarín, por un técnico da consellería, polo alcalde de Barreiros, José Alfonso Fuente, e por un funcionario do concello. A vixencia do convenio será ata o 31 de decembro de 2010, sen prexuízo de prorrogar o dito período en virtude dunha causa xustificada. 

  La Xunta inicia esta semana las obras para la construcción de una nueva área de estacionamiento de autobuses en el concejo lucense de Barreiros. La actuación beneficiará a 2.250 vecinos

Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s