La asociación gallega de artesanos e Idoia Cuesta ganan los premios nacionales de artesanía

170315_Premios_Artesanía 170315_Premios_Artesanía_2 170315_Premios_Artesanía_3

GALERÍA DE FOTOS

Premios Artesanía: Idoia Cuesta, Enrique Loewe (membro do xurado), Sol Vázquez e Manuel González, presidente de AGA
Premios Artesanía 2: Sol Vázquez, Idoia Cuesta, Elena Fabeiro e Manuel González
Premios Artesanía 3: Sol Vázquez, Idoia Cuesta, Manuel González e Elena Fabeiro

 GALARDONADOS GALLEGOS

A ASOCIACIÓN GALEGA DE ARTESÁNS E IDOIA CUESTA GAÑAN OS PREMIOS NACIONAIS DE ARTESANÍA

 

  • A artesá establecida en Outeiro de Rei foi recoñecida na categoría Produto, mentres que a asociación recibiu o premio Promociona para entidades públicas
  • A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, acompañou os representantes galegos, cuxas candidaturas contaron co apoio de Economía e Industria
  • A cerimonia de entrega estivo presidida polo ministro de Industria, Enerxía e Turismo, José Manuel Soria
  • A Artesanía de Galicia ten unha ampla presenza cada ano nestes premios, que supoñen un recoñecemento á alta calidade do produto artesán galego

 

 

Madrid, 17 marzo de 2015.- A artesá Idoia Cuesta e a Asociación Galega de Artesáns alzáronse con dous dos Premios Nacionais de Artesanía 2014, contando as dúas candidaturas co apoio da Consellería de Economía e Industria.  Os premios entregáronse esta tarde en Madrid nunha cerimonia presidida polo ministro de Industria, Enerxía e Turismo, José Manuel Soria, e na que os representantes galegos estiveron acompañados pola directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, e a xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, Elena Fabeiro.

A Artesanía de Galicia ten unha importante presenza cada ano neste certame convocado polo Ministerio de Industria, a través da Escola de Organización Industrial (EOI) e Fundesarte. A súa finalidade é dar un respaldo institucional aos profesionais e iniciativas empresariais do sector da artesanía. De igual forma, os premios teñen como obxectivo impulsar o desenvolvemento e a competitividade das pemes do sector, para incentivar nestas a innovación, o deseño e a capacidade de adaptación ao mercado.

A cesteira contemporánea Idoia Cuesta, nacida no País Vasco e establecida en Outeiro de Rei (Lugo) é gañadora na categoría de Premio Produto, que se outorga ao mellor produto ou colección dos últimos dous anos. Cuesta revolucionou a cestaría tradicional galega a través do xogo de materiais e cores. Soubo propoñer distintos usos da cestaría, chegando así a novos consumidores e abrindo un novo mercado.

O xurado valorou a súa habilidade de modernizar a tradición cesteira experimentando con materiais e usos que non son propios do oficio, a súa capacidade innovadora e a apertura de novos mercados adaptando pezas tradicionais ás tendencias actuais. Exemplo de todo iso é a colección “Pandeira”, premiada nesta ocasión. Está composta por unha serie de cestos xurdidos da cultura tradicional a través da unión da madeira de pradairo, usada nas pandeiretas habituais en Galicia, e dándolles forma de cesto con la.

Pola súa banda, a Asociación Galega de Artesáns (AGA), fíxose co premio Promociona para entidades privadas. A asociación conta cun dilatado historial de accións innovadoras en materia de promoción e desenvolvemento da artesanía, entendida coma unha profesión actual. Optan a este galardón polo desenvolvemento da aplicación Obradoiros Abertos, que achega información sobre cada obradoiro visitable ou punto de interese, xeolocalízao e proporciona a ruta para chegar ata el desde a ubicación do usuario. Esta aplicación foi incluída e ampliada dentro da iniciativa da Xunta Rutas de Artesanía.

 

O xurado dos Premios Nacionais de Artesanía valorou a contribución de AGA á posta en valor da artesanía dando visibilidade aos pequenos talleres dispersos na xeografía galega, ademais do potencial de ampliación a nivel nacional.

O sector artesán galego ten cada ano un importante recoñecemento nos Premios Nacionais de Artesanía, con nove gañadores galegos e unha mención especial nas nove edicións celebradas ata a data, ademais dun total de oito finalistas.

Na anterior edición o obradoiro de gaitas Seivane fíxose co máximo galardón, o Premio Nacional, mentres que a Asociación Galega de Carpintería de Ribeira (Agalcari), resultou finalista no Premio Promociona. A propia Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, dependente da Consellería de Economía e Industria, conseguiu o premio Promociona para entidades públicas pola súa labor de impulso ao sector artesán galego.

Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s