ACCIDENTES GALICIA
Galicia rexistrou no ano 2014 un total de 23.214 accidentes de traballo durante a xornada laboralDeste total de sinistros, 22.726 foron de carácter leve, 429 graves, e 59 mortais
- Os accidentes baixaron nos sectores da agricultura e a industria, pero aumentaron nos sectores da pesca, da construción e dos servizos
- O ano pasado tamén se comunicaron un total de 588 partes de enfermidades profesionais con baixa
Santiago, 15 de febreiro de 2015.- Galicia rexistrou no ano 2014 un total de 23.214 accidentes de traballo en xornada laboral, o que supón un incremento do 3,79% (+848) con respecto aos que se detectaron en 2013.
Deste total, 22.726 foron de carácter leve, 429 foron graves, e 59 foron mortais. Isto supón que o 97,9% do total dos accidentes foron leves, un 1,85% correspóndense con sinistros graves, e o 0,25% cos mortais. Neste último caso, o maior número de sinistros correspondeuse cos accidentes de buques e afundimentos no sector pesqueiro.
Por provincias, produciuse unha redución dos accidentes de traballo na provincia de Pontevedra (-3,45%), pero rexistrouse un incremento no resto das provincias: A Coruña (+7,61%), Lugo (+11,39%), e Ourense (+2,98%).
En canto aos sectores, a agricultura (-0,25%) e a industria (-0,16%) rexistraron un descenso nos accidentes laborais, mentres que os sinistros aumentaron na pesca (+5,65%), na construción (+5,71%), e nos servizos (+5,88%).
Para medir a sinistralidade laboral tamén se emprega o índice de incidencia, que compara o número de accidentes co número de persoas traballadoras coas continxencias profesionais cubertas (número de accidentes de traballo dividido pola poboación afiliada e multiplicado por 100.000). Neste caso, o índice de incidencia incrementouse en Galicia no 3,58% en comparación co ano anterior.
Por provincias, o índice de incidencia baixou en Pontevedra (-3,62%), pero subiu na Coruña (+7,26%), Lugo (+11,32%), e Ourense (+3,05%).
Respecto dos accidentes “in itinere” (os ocorridos durante os desprazamentos ao ir ou volver do traballo) no 2014 producíronse 2.755, 63 menos que no 2013 (2.818) o que supón unha redución dun 2,24%.
Enfermidades profesionais
Durante o ano 2014 foron comunicados 588 partes de enfermidades profesionais que causaron baixa. Por sexos, 256 foron homes e 332 mulleres. Isto supón un incremento con respecto ao ano anterior de 67 novas comunicacións.
Os sectores da industria e dos servizos son os que rexistraron máis partes de enfermidades profesionais con baixa. En concreto, na industria correspondéronse en maior medida co colectivo masculino, mentres que en servizos co feminino.
Por grupos de enfermidades con baixa, o maior número de casos foron provocados por axentes físicos (433), seguido do grupo das enfermidades producidas por axentes biolóxicos (56).
Por provincias, o maior número de partes procede de Pontevedra (311), seguida pola Coruña (169), Ourense (75) e Lugo (33).
Sen baixa, comunicáronse un total de 536 enfermidades profesionais en Galicia.
Plan de actividades do ISSGA 2015
É preciso lembrar que esta mesma semana vén de aprobarse no Consello da Xunta o Plan de actividades do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral para 2015, que conta tamén co acordo de patronal e sindicatos.
Esta ferramenta conta con 80 actuacións, articuladas ao redor de 6 eixos. Os seus principais obxectivos son promover un máis eficaz cumprimento da normativa; incrementar a calidade e eficacia dos sistemas de prevención; implicar a todos os actores na seguridade e saúde laboral; potenciar a formación e cultura da prevención na sociedade galega; e mellorar a investigación na materia.
Este ano inclúense medidas novidosas como a publicación dun estudo cos datos da sinistralidade dos últimos 10 anos ou a posta en marcha dun programa de asesoramento técnico en ergonomía en centros hospitalarios e en residencias de persoas maiores.
Ademais das novas medidas, reforzaranse especialmente certos sectores. Por exemplo, este ano realizarase unha compaña informativa e formativa específica no sector da pesca, que incluirá a realización de cursos sobre a actuación en caso de accidente.
|
TOTAIS (xaneiro-decembro)
|
|||||||||
|
GALICIA
|
2013
|
2014
|
% Var.
Home
|
% Var.
Muller
|
% Var.
(**)
|
||||
|
Home
|
Muller
|
Total
|
Home
|
Muller
|
Total
|
||||
|
AGRICULTURA
|
880
|
334
|
1.214
|
917
|
294
|
1.211
|
4,20
|
-11,98
|
-0,25
|
|
PESCA
|
1.018
|
115
|
1.133
|
1.070
|
127
|
1.197
|
5,11
|
10,43
|
5,65
|
|
INDUSTRIA
|
5.309
|
1.082
|
6.391
|
5.144
|
1.237
|
6.381
|
-3,11
|
14,33
|
-0,16
|
|
CONSTRUCIÓN
|
2.764
|
20
|
2.784
|
2.918
|
25
|
2.943
|
5,57
|
25,00
|
5,71
|
|
SERVIZOS
|
5.763
|
5.081
|
10.844
|
6.151
|
5.331
|
11.482
|
6,73
|
4,92
|
5,88
|
|
TOTAL
|
15.734
|
6.632
|
22.366
|
16.200
|
7.014
|
23.214
|
2,96
|
5,76
|
3,79
|
|
CNAE 93 (*)
|
4
|
0
|
4
|
6
|
0
|
6
|
–
|
–
|
–
|
* Partes coa codificación anterior, CNAE93, respecto do total dos partes recibidos.
** É a porcentaxe de variación do total de homes e mulleres conxuntamente.
Accidentes totais por provincias de xaneiro a decembro
|
TOTAIS (xaneiro-decembro)
|
|||||||||
|
A CORUÑA
|
2013
|
2014
|
% Var.
Home
|
% Var.
Muller
|
% Var.
(**)
|
||||
|
|
Home
|
Muller
|
TOTAL
|
Home
|
Muller
|
TOTAL
|
|||
|
AGRICULTURA
|
360
|
119
|
479
|
358
|
102
|
460
|
-0,56
|
-14,29
|
-3,97
|
|
PESCA
|
478
|
46
|
524
|
536
|
50
|
586
|
12,13
|
8,70
|
11,83
|
|
INDUSTRIA
|
2.102
|
413
|
2.515
|
2.149
|
499
|
2.648
|
2,24
|
20,82
|
5,29
|
|
CONSTRUCIÓN
|
1.292
|
12
|
1.304
|
1.426
|
16
|
1.442
|
10,37
|
33,33
|
10,58
|
|
SERVIZOS
|
2.747
|
2.471
|
5.218
|
3.037
|
2.631
|
5.668
|
10,56
|
6,48
|
8,62
|
|
TOTAL
|
6.979
|
3.061
|
10.040
|
7.506
|
3.298
|
10.804
|
7,55
|
7,74
|
7,61
|
|
CNAE 93 (*)
|
2
|
0
|
2
|
3
|
0
|
3
|
–
|
–
|
–
|
* Partes coa codificación anterior, CNAE93, respecto do total dos partes recibidos.
** É a porcentaxe de variación do total de homes e mulleres conxuntamente.
|
TOTAIS (xaneiro-decembro)
|
||||||||||
|
LUGO
|
2013
|
2014
|
% Var.
Home
|
% Var.
Muller
|
% Var.
(*)
|
|||||
|
|
Home
|
Muller
|
TOTAL
|
Home
|
Muller
|
TOTAL
|
||||
|
AGRICULTURA
|
259
|
120
|
379
|
303
|
118
|
421
|
16,99
|
-1,67
|
11,08
|
|
|
PESCA
|
128
|
4
|
132
|
95
|
1
|
96
|
-25,78
|
-75,00
|
-27,27
|
|
|
INDUSTRIA
|
344
|
68
|
412
|
404
|
61
|
465
|
17,44
|
-10,29
|
12,86
|
|
|
CONSTRUCIÓN
|
309
|
0
|
309
|
385
|
0
|
385
|
24,60
|
0,00
|
24,60
|
|
|
SERVIZOS
|
599
|
540
|
1.139
|
682
|
592
|
1.274
|
13,86
|
9,63
|
11,85
|
|
|
TOTAL
|
1.639
|
732
|
2.371
|
1.869
|
772
|
2.641
|
14,03
|
5,46
|
11,39
|
|
|
CNAE 93 (*)
|
1
|
0
|
1
|
0
|
0
|
0
|
–
|
–
|
–
|
|
* Partes coa codificación anterior, CNAE93, respecto do total dos partes recibidos.
** É a porcentaxe de variación do total de homes e mulleres conxuntamente.