O actor, acompañado dunha maleta, unha guitarra, unha cadeira e unha escaleira, falará do cotián a través do humor mañá no teatro de Cidade Universitaria de Vigo
Vigo, 19 de novembro de 2014.- O teatro de Cidade Universitaria da Universidade de Vigo acolle mañá a obra interpretada por Pepe Viyuela, Encerrona. Trátase dunha reflexión sobre o cotián desde a perspectiva dun pallaso que entra en escena sen saber onde se está a meter. A obra circula entón ao redor deste personaxe que, ante a mirada atenta do público e co terror que isto lle supón, tenta atopar unha saída que “alguén invisible” lle impide tomar. Os seus compañeiros de reparto nesta obra de humor de 75 minutos de duración serán unha maleta, unha guitarra, unha cadeira e unha escaleira.
| Pepe Viyuela Encerrona Data: Xoves, 20 de novembro Hora: 18.30 h // Entrada libre e gratuíta ata completar aforamento Lugar: |
Ver la entrada original 7 palabras más