Desde a Confederación Intersindical Galega queremos denunciar a situación que se está a vivir no seo da AEAT cos sucesivos ceses e demisións que de maneira continuada se están a producir, desta volta tocoulle, entre outros, ao Delegado Especial de Galiza. O Partido do Goberno está a deseñar unha AEAT ao servizo dos seus intereses e non ao servizo da cidadanía como sería de desexar. Nuns momentos críticos para a maioría da cidadanía, á que lle costa moito chegar a fin de mes, e á que este goberno está machacando sen compasión, non se pode dar a imaxe dunha administración tributaria implacable cos cidadáns de a pé e sumisa aos intereses dos grandes defraudadores, grandes empresas e membros da aristocracia. E moito menos se pode permitir que cuaxe na cidadanía que a AEAT pode estar sendo utilizada polo goberno para eludir responsabilidades penais do propio partido que o sustenta e…
Ver la entrada original 148 palabras más