Denuncia Adega: “La recuperación de la naturaleza afectada por el fuego, en manos de un acusado de delito ambiental”

DENUNCIA ADEGA

A        recuperación da natureza afectada polo lume, en mans dun acusado        de delicto ambiental

Ausencia de responsábeis, de actuacións e de      respecto pola lei

A catástrofe do Pindo amosou o absoluto abandono da nosa natureza      e o desleixo dos responsábeis. Co conselleiro agochado, a      directora xeral de baixa e o subdirector de ferias, o medio      ambiente fica nas mans dun xefe provincial acusado pola Fiscalía.

O Monte Pindo, metáfora do abandono institucional da natureza      galega

recurtesMAAs medidas de recuperación dos espazos afectados polo lume,      nomeadamente o Monte Pindo, e as actuacións para conter a erosión e evitar os arrastres e a perda        de solo fértil xa tardan.       A Xunta tivo tres anos esquecido ao Monte Pindo opoñéndose ás      demandas cidadás para a súa protección efectiva e posta en valor.      Agora, logo dunha destrución anunciada, semella que agarda a que a      chuvia apague o conflito ambiental e dilúa as súas      responsabilidades tanto na catástrofe como na posterior      rexeneración.       O abandono, a incompetencia e o desleixo da administración para co      Monte Pindo é tamén unha metáfora do que acontece co noso      patrimonio natural noutros espazos protexidos. A consellaría de      Medio Ambiente fagocitada polo cemento e o asfalto está      desaparecida, ao igual que o seu conselleiro. En Conservación da      Natureza, a “dimisión” de García-Borregón deu paso a unha      Directora Xeral que aínda non se estreou por estar de baixa. E co      Monte Pindo ardendo a cachón, o “número dous” de Conservación, o      subdirector xeral de espazos e biodiversidade Rogelio Fernández      marchou de ferias. Toda a responsabilidade da xestión dos espazos      protexidos na provincia da Coruña recae pois no xefe do servizo de      conservación Carlos Muñoz, o mesmo que dirixíu o baleirado da      lagoa da Frouxeira e que recentemente foi acusado pola Fiscalía      Ambiental do TSXG xunta co subdirector  Rogelio Fernández de      prevaricación, falsidade documental e delicto ambiental no dragado      da ría de Ferrol.       É o raposo a ter conta do galiñeiro!

Escurantismo e falta de respecto pola lei

A este panorama hai que engadir unha política de participación      pública e comunicación absolutamente opaca, tamén no eido      ambiental. Os organismos consultivos e de participación pública      quer o COGAMADES (Consello Galego de Medio Ambiente e      Desenvolvemento Sustentábel), o Observatorio Galego da      Boidiversidade e o Consello da Rede de Parques Naturais de Galiza,      levan meses sen convocarse, incumprindo a lei. O COGAMADES leva      sen reunirse dende o  21-2-2012 (obriga legal de convocarse      semestralmente -artigo 9 do decreto 74/2006-); o Observatorio      Galego da Biodiversidade dende o 22-12-2010 (obriga legal de      reunirse 1 vez ao ano -artigo 4 Decreto 260/2007-) e o Consello da      Rede de Parques Naturais de Galiza, co deber de reunirse      semestralmente -artigo 10 do decreto 148/2007- non se reuníu nin      unha vez dende a súa constitución.       Cómpre lembrar que o Valedor do Pobo sinalou en repetidas ocasións      a “renuencia” da Xunta a cumprir a lei e dar voz á sociedade na      xestión dos nosos espazos protexidos.       Coma en tantos outros eidos, a Xunta nen fai, nen sabe, nen deixa      facer, e agora quere tamén silenciar as voces críticas dos que      demandamos actuacións urxentes para recuperar a natureza derramada      pola catástrofe incendiaria.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s