Los 14 colectivos gallegos que piden 10 medidas contra incendios presentan este viernes las firmas recogidas

CONTRA INCENDIOS

Los 14 colectivos gallegos que piden 10 medidas contra incendios presentan este viernes las firmas recogidas

  • La convocatoria está fijada para este viernes, día 30 de agosto, a las 11.30 horas, en la entrada del registro de la Xunta de Galicia en San Caetano.

Representantes de los 14 colectivos que firmaron el documento ‘Por una asamblea gallega contra el fuego. Diez medidas de país contra el destrozo’ convocan este viernes a la presentación de las firmas recogidas la semana pasada en apoyo de dicho texto.

La convocatoria está fijada para este viernes, día 30 de agosto, a las 11.30 horas, en la entrada del registro de la Xunta de Galicia en San Caetano.

Se trata de Adega, Altermundo, Amarante, Anagaci, Asociación Petón do Lobo de Corcoesto, Colectivo Artabra 21, ContraMINAcción, Federación Ecoloxista Galega, Foro Social de Cangas, Fuco Buxán, Plataforma Fragas do Eume, Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños, Sindicato Labrego Galego y Verdegaia.

El escrito pide un ordenamiento territorial «acorde con las características» de Galicia, una nueva política forestal que promueva la multifuncionalidad del monte y proteja sus funciones ecosistémicas, un nuevo plan forestal, desarrollar labores de prevención y vigilancia durante todo el año y programas de regeneración hidrológico-forestal.

También reclama tareas de regeneración de la vegetación natural, promover el incremento de los montes públicos y reforzar el papel de las comunidades de montes vecinales en mano común, profesionalizar los equipos de prevención, rapidez y transparencia en el acceso a la información y fomentar la educación ambiental.

«Los incendios deberían tratarse como un asunto de país, huyendo de la utilización partidista, la demagogia y el cortoplacismo. Ningún gobierno puede resolver los fuegos en una legislatura. Es necesario pues un amplio consenso político y social en la lucha contra los incendios», subrayan los 14 colectivos.

La petición, en change.org, dirigida al presidente gallego, Alberto Núñez Feijóo –por una nueva política forestal que evite los incendios–, cuenta ya con más de un millar de firmas, según aseguran.

DENUNCIA

Feijóo pide a colaboración cidadá contra os lumes mentres aproba leis que os favorecen

30 de agosto de 2013. Esta mañá representantes dos colectivos asinantes do documento «Por unha Asemblea Galega contra o Lume: 10 medidas de país contra a desfeita», presentamos no rexistro xeral da Xunta máis de 2.500 sinaturas recollidas en poucos días avalando o texto. Para ADEGA, ascausas estruturais dos incendios forestais están xa suficientemente diagnosticadas dende hai anos, e as medidas precisas para reducir a súa incidencia son tamén coñecidas.

A pregunta é como unha administración que ten a cacidade técnica e xurídica para poñelas en marcha, alén de non o facer, mesmo lexisla en sentido contrario para seguir permitindo o deterioro do mundo rural abocado ao abandono, o lume e os eucaliptos. Nula prevención, recurtes, máis superficie de pirófitas, menos franxas de protección, forestación de terras agrarias, cultivos enerxéticos, privatización encoberta das CCMM, uso do lume como ferramenta… Moitos dos lumes que arraxzan arestora o país tamén prendéronse nos despachos.

Por unha Asemblea Galega contra o Lume. 10 medidas “de país” contra a desfeita

As organizacións e persoas asinantes do presente documento entendemos que os recentes lumes non foron máis que o inicio da campaña de incendios que ano tras ano esnaquizan Galiza enteira. As accións de prevención e extinción que tras máis de 25 anos se veñen tomando polos distintos gobernos, case que sempre do Partido Popular, demostráronse e demóstranse insuficientes e sobre todo erradas. Proba disto é que non hai ano no que as lapas non sexan portada dos medios de comunicación, arrasen grandes extensións de monte baixo e arborado, acaben co mellores entornos ecolóxicos do noso pais como sucedeu estes días pasados en Chandrexa de Queixa espazo da Rede Natura e non poñan en perigo ou acaben coa vida de veciños e veciñas de Galiza.

Dende 1988 até hoxe en Galiza, e segundo datos oficiais, téñense producido máis de 100.000 incendios forestais que queimaron máis de 500.000 has. de monte, das que preto de 200.000 has. eran arboradas. Desde 1995, hai uns 10.000 incendios ao ano, un incendio por cada 2 Km2 de superficie forestal –a media estatal é dun incendio por cada 25 Km2. En Galiza, co 7,7 % da superficie forestal española, acontecen o 45% de todos os incendios, estando un 30% da superficie forestal afectada.

O monte é un sector estratéxico para a sustentabilidade ecolóxica e social do país noso. Os incendios causan graves prexuízos ambientais, sociais e económicos. Seguen a ser un dos principais problemas da nosa terra. Non é posíbel avanzarmos na solución deste problema que nos atinxe a todos e todas sen información, educación ambiental e participación social.

As persoas e organizacións abaixo asinantes emprazamos ao goberno da Xunta a tomar en consideracións as medidas que abaixo se enumeran. Alertamos a todos os galegos e galegas de ben para que o pobo na súa totalidade funcione como o servizo de alerta, posta en coñecemento e denuncia diante das autoridades competentes de todos os datos e informacións relativas a existencia de lumes, ás causas do inicio dos mesmos e ás posíbeis faltas de operatividade na súa prevención e extinción.

Do mesmo xeito, quedamos emprazados e emprazadas, como Asemblea Galega Contra o Lume, para esixir das distintas administracións con competencia as medidas correctoras necesarias nas políticas de prevención e extinción que se están a aplicar, para rematar dunha vez por todas coa lacra dos incendios que ano tras ano producen o dano ecolóxico máis importante ao territorio galego, e empregando se fose preciso a mobilización dos galegos e das galegas para a consecución deste fin.

DEZ MEDIDAS PARA LOITAR EFICAZMENTE CONTRA OS LUMES

1. Un ordenamento territorial acorde coas características do noso país, no que o monte ocupa uns 2/3 do territorio e coa maior densidade de núcleos de poboación de Europa. Evitar o despoboamento, o abandono dos usos tradicionais e a forestación de terras agrarias ao tempo que se fomentan alternativas produtivas sustentábeis para o medio rural.

2. Unha nova política forestal que promova a multifuncionalidade do monte e protexa as súas funcións ecosistémicas (regulación do ciclo hídrico, sumidoiro de carbono, reserva de biodiversidade) e sociais.

3. Un novo Plano Forestal que contemple os montes como algo máis que subministradores de madeira barata para triturar ou queimar, que limite a expansión das especies pirófitas e alóctonas e que promova unha silvicultura preventiva e sustentábel.

4. Incrementar os esforzos e os investimentos en prevención, que deberían ser superiores aos de extinción. Os labores de prevención, vixilancia, loita contra o lume e rexeneración deben desenvolverse durante todo o ano.

5. Planificar e desenvolver programas de rexeneración hidrolóxico-forestal nos montes queimados para evitar a perda de solo e a erosión, prohibindo a mudanza de usos e a especulación nestes terreos.

6. Labores de rexeneración da vexetación natural nas zonas queimadas.

7. Promover o incremento dos montes públicos e reforzar o papel das Comunidades de Montes Veciñais en Man Común, impedindo a súa privatización e a entrada de capital especulativo no monte.

8. Profesionalizar os equipos de prevención, detección, extinción e rexeneración nos incendios, que deben estar baixo un mando único dependente da Xunta de Galicia, evitando privatizar os seus servizos.

9. Rapidez e transparencia no acceso á información sobre os lumes, poñendo a disposición da cidadanía as ferramentas informáticas e de comunicación precisas.

10. Fomentar a Educación Ambiental a todos os niveis para promover na sociedade valores e comportamentos compatíbeis coa preservación do medio. Formar e informar especialmente ás Comunidades e propietarios de montes, para promover o sentimento de vencello e identidade positiva entre a veciñanza e o monte.

CODA: Os incendios deberían tratarse como un “asunto de país”, fuxindo da utilización partidista, a demagoxia e o curtopracismo. Ningún goberno pode resolver os lumes nunha lexislatura. Cómpre pois un amplo consenso político e social na loita contra os lumes.

Sinaturas:

ADEGA, ALTERMUNDO, AMARANTE, ANAGACI, ASOCIACION PETÓN DO LOBO DE CORCOESTO, COLECTIVO ARTABRA 21, FEDERACION ECOLOXISTA GALEGA, FORO SOCIAL DE CANGAS, FUCO BUXAN, PLATAFORMA FRAGAS DO EUME, PLATAFORMA POLA DEFENSA DE CORCOESTO E BERGANTIÑOS, SLG, VERDEGAIA

A petición en change.org, dirixida ao Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo (por unha nova política forestal que evite os incendios), conta xa con máis dun milleiro de sinaturas:

http://www.change.org/es/peticiones/presidente-da-xunta-de-galicia-alberto-n%C3%BA%C3%B1ez-feij%C3%B3o-unha-nova-pol%C3%ADtica-forestal-que-evite-os-incendios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s