BNG propone una «respuesta social unitaria frente a las políticas crueles» de Xunta, gobierno central y UE

«POLÍTICAS CRUELES»

O BNG propón unha resposta social unitaria fronte as políticas crueis de Xunta, goberno central e UE

  • Hai alternativas”, subliña Xavier Vence na presentación da campaña “Non é unha crise. É un roubo”

  • Banca pública, defensa da economía produtiva e novos acordos comerciais son algunhas das

Compostela, 27 de abril de 2013.- O portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, presentou este sábado a campaña “Non é unha crise. É un roubo”, coa que a forza de nacionalista quere denunciar a “situación económica grave, case desesperada” actual e impulsar unha resposta social unitaria. Nunha rolda conxunta co secretario de Organización Bieito Lobeira e a secretaria de Imaxe, Montse Prado, o portavoz nacional subliñou que o BNG propón alternativas claras fronte ás políticas do PP na Xunta e no goberno do Estado.

“Temos que xuntar a loita dos aforradores estafados polas preferentes e subordinadas, coa loitas dos desafiuzados e coa loita de todos os traballadores, contribuíntes e autónomos e empresas produtivas para poñer á banca no seu sitio, para que paguen os verdadeiros culpábeis desta situación”,subliñou Xavier Vence.

Para o portavoz nacional, “urxe tumbar a un PP que lexisla só en beneficio desa banca” e cómpre impulsar políticas que permitan poñer os recursos do país a funcionar, crear emprego e riqueza”.

Precisamente co obxectivo de forzar ao PP a mudar completamente o rumbo da política económica ou convocar novas eleccións, Vence fixo un chamamento a todas as forzas políticas nacionalistas e des esquerdas, ás forzas sindicais, e aos movementos sociais dos diferentes colectivos afectados, para establecer unha estratexia común que permita cambiar o rumbo social e económico.

“A cidadanía debe rebelarse antes de que sexa demasiado tarde”, sinalou o portavoz nacional. “Cómpre unha rebelión organizada de todos e todas os que non nos resignamos a perder todos os dereitos e conquistas”, defendeu.

Dignose da situación

Segundo asegurou Xavier Vence, as políticas de redución do déficit só levan a máis déficit e ao aumento da débeda, ademais de estrangular a recuperación e o emprego. Sinalou ademais que esas medidas só teñen como obxectivo “salvar á grande banca especulativa a costa de arrasar coa economía produtiva, os servizos públicos e os nosos aforros”.

Como consecuencia desas políticas prexudiciais, apuntou que arredor de 64.000 familias están a piques de perder uns 600-700 millóns de euros coas quitas de preferentes e subordinadas, que van beneficiar finalmente a gran banca. No tocante a Galiza, sinalou que perde nese lance un volume de aforro que equivale ao 1% do noso PIB total, só co fin de salvar a elite enriquecida e poderosa “que empobrece ás familias e espolia ao país enteiro”.

Neste sentido explicou que unha grande parte da suba de impostos (IVE, IRPF, taxas, etc ) van destinados a pagar ao longo dos vindeiros anos o rescate da banca española (cando menos uns 180.000 millóns de euros da débeda pública -un 18% do PIB español-, que en 2012 fixo pasar o déficit público dun 7% a un 10,5% do PIB).

“Os galegos e galegas imos pagar todo iso e ao final imos quedar sen aforros e sen sistema financeiro que alimente o crédito e o investimento no país”, denunciou Xavier Vence. Ao seu xuízo, o aforro dos galegos e galegas “seguirá emigrando a través do circuíto bancario da gran banca española que controlará as nosas entidades”, e por non ter entidades propias que canalicen o aforro para o crédito dentro de Galiza, “padecemos un curtocircuito financeiro que asfixia as nosas empresas da economía produtiva, desde as agrarias ao comercio”.

Mudar as políticas

Co obxectivo de darlle a volta a esta situación, o portavoz nacional do Bloque subliñou que “son precisas medidas de reactivación da economía produtiva para obter maiores ingresos e actuar sobre o déficit”. Así, na súa intervención fixo referencia a diversas medidas que propón o Bloque nesta liña, como son a defensa da banca pública, fronte ao rescate da banca especulativa, ou a defensa da economía produtiva fronte á entrega dos recursos do país ás finanzas.

“Para recuperar o emprego e o dinamismo económico precisamos mudar de raíz moitas políticas. En particular, precisamos unha Banca Pública Galega que xestione con ética e confianza o aforro dos galegos e que o canalice cara o investimento en agricultura, industria, servizos e innovación dentro do noso país”, destacou.

Asemade, Xavier Vence destacou a necesidade de defender novos acordos comerciais, fronte á resignación ante a liberalización comercial; así como unha fiscalidade progresiva e a eliminación dos paraísos fiscais, fronte á evasión e a fraude fiscal das grandes fortunas; e reforzamento dos servizos públicos fronte á austeridade e os recortes no gasto social.

O portavoz nacionalista tamén fixo referencia as políticas da Unión Europea. “Fronte a unha UE cada vez máis desigual, defendemos un novo modelo de Unión que garanta a viabilidade produtiva da periferia, e fronte a un BCE ao servizo da banca privada, queremos un BCE que financie aos estados”, salientou.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s