La CIG denuncia al ayuntamiento de Santiago por no permitirle anunciar manifestaciones

PUBLICITAR PROTESTAS

A CIG estuda denunciar ao Concello de Compostela por prevaricación despois dunha nova sentenza que autoriza anunciar unha manifestación na cidade.

Renato Núñez, Secretario de Organización da CIG – Compostela, considera que logo de 6 autos xudiciais é o momento de pedir responsabilidades ao Concello.

27 de xaneiro do 2011, 1º de Maio do 2011, 1º de Maio do 2012, 14 de Novembro do 2012, 10 de Marzo do 2013 e agora o 1º de Maio do 2013 son datas de mobilizacións nas que a CIG de Compostela tivo que acudir ao Xulgado para acadar as autorizacións para megafonear, colocar faixas ou obter permisos para a lectura dun manifesto. Seis datas ás que hai que sumar outras varias nas que non foi posíbel por razón de tempo ou de medios, presentar denuncias contra o Concello e nas que non se puideron exercer debidamente os dereitos vulnerados.

Neste último auto o Xulgado do Contencioso número 1 de Compostela ven de afirmar que:

“cabería o risco de que, tardiamente, unha resolución extemporánea do Concello, puidera comprometer seriamente o exercios dos dereitos fundamentais antes referido (…) Tal posibilidade non resulta descabelada á vista da TRAXECTORIA EVIDENCIADA POLA CITADA ADMINISTRACIÓN”

Era tan evidente a falta de motivación legal para non ter autorizado a divulgación da última mobilización que o propio avogado do Concello non se opón as medidas cautelares nas que se autoriza anunciar a manifestación do 1º de Maio. En concreto o xuíz di que “non podemos decir tampouco que exista unha verdadeira oposición á adopción das medidas que aquí se piden, limitándose a esixir que as mesmas respecten o tenor das Ordenanzas”. Resulta que o Concello pide que se respecten as ordenanzas que el sistematicamente incumpre, algo que se deixa en evidencia no auto onde se afirma que “presentada a solicitude o pasado 2 de abril, a día de hoxe non consta que o Concello resolvera expresamente a mesma INCUMPRINDO DE ESTE MODO A SÚA PROPIA NORMATIVA”

O Xulgado do Contencioso nº 1 de Compostela afirma que “En efecto, tal e como reiteradamente se ven sostendo neste mesmo Xulgado en casos similares ao presente, o exercicio dos dereitos fundamentais de manifestación e liberdade de expresión esixe, para que sexa realmente eficaz, dunha previa campaña de información e divulgación para o cal o uso da megafonía e a colocación de faixas ou voandeiras informativas consitue un instrumento esencial” e que a falta de contestación da solicitude dos permisos supón “tendo en conta que nos encontramos ante o exercicio de dereitos fundamentais, un serio perigo para o eficaz exercicio do mesmo”

Hai que ter en conta que algunha autorización previa de colocación de faixas impuxo taxas de 600€ para permitir a instalación de cada unha. Unha cantidade desorbitada que tamén lle pareceu á Fiscalía nalgunha das denuncias anteriores.

Esta acumulación de denuncias realizadas pola CIG resulta algo imposíbel de facer para moitos outros colectivos cidadáns que abandonaron as súas pretensións ante os incumrpimentos da Ordenanza por parte do Concello ou a imposición de medidas imposíbeis de realizar e que non veñen contempladas nas Ordenanzas.

Nunha ocasión, o Concello agardou até a víspera da data para o inicio do megafoneado para contestar á solicitude, esixindo que a CIG demostrara previamente que a megafonía non superaría os límites de decibelios permitidos, noutra ocasión esixiu o recorrido do coche da megafonía, doutra vez pediu os lemas das faixas a colgar… Todas esas medidas non son esixíbeis e así o dictou o Xulgado.

Evidentemente a aplicación da normativa faise á medida, incumprindo a lexislación vixente e os continuos autos e sentencias demostran que se realizan con coñecemento de que as limitacións son ilegais. Esa forma de actuar está claramente penada e non é outro delito que o de prevaricación. Algo sobre o que Renato Núñez entende que os responsábeis do Concello de Compostela deberan responder.

 

Compostela, 23 de abril de 2013

Asdo.-Renato Núñez da Silva

Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s