La Xunta acusada por los ecologistas de «entregar la costa a empresas como Pescanova»

DENUNCIA ADEGA

XUNTA + PESCANOVA

Plano Director de Acuicultura: A          Xunta teima en defender un modelo insustentábel e ruinoso para          entregar a costa a empresas como Pescanova

17 de abril de 2013. A      Xunta vén de apresentar o documento definitivo do Plano          Director de Acuicultura (PDA), o instrumento      legal que        permitirá á patronal acuícola asaltar a Rede Natura, comezando        por Touriñán.        Ducias e ducias de páxinas con moita infografía e retórica, ao        estilo dos libros brancos fraguianos, para xustificar que toda          a nosa costa é susceptíbel de albergar piscifatorías.        Sen zonas de exclusión, sen medidas para reducir o impactos        sobre o territorio e os recursos naturais máis aló da cosmética,        sen informe de viabilidade económica nen orzamentos… A Xunta        persiste en apoiar o «sistema PESCANOVA», un modelo fracasado        baseado na especulación, o produtivismo e a desregulación        ambiental, cunha ínfima          criazón de postos de traballo. Semella que nin Feijóo nin        Fernández de Sousa aprenderon nada da nefasta periencia de        Pescanova en Mira…

A        planificación acuícola deste PDA está escandalosamente sesgada        cara a acuicultura industrial en terra, esquecendo que o groso        do sector e dos postos          de traballo corresponden á acuicultura a flote, o        marisqueo e aos cultivos mariños. Atende únicamente ás        necesidades da industria, principalmente da patronal do peixe        plano, nucleada arredor de dúas grandes transnacionais (Stolt        Sea Farm e Pescanova), e non ás características e valores do        medio receptor.

Neste        PDA, para non «mollarse» e delimitar as áreas de desenvolvemento        acuícola e as zonas de exclusión, acódese ao conceito «equilibrio          entre regulación e flexibilidade», de xeito que as        condicións de selección dun emprazamento veñen determinadas polo          «momento temporal, a innovación tecnolóxica e o          desenvolvemento territorial». Traducindo esta florida        terminoloxía, significa que as piscifatorías irán onde lle        interese á patronal e decida a discreción o conselleiro/a de        turno.

Tendo        en conta ademais que «a propiedade dos terreos          corresponderá á iniciativa privada e que as actuacións          levaranse a cabo por expropiación forzosa só no caso que sexa          necesario” fica claro cal é o papel da Xunta: Eliminar        molestos atrancos ambientais e sociais. Para iso fíxose o POL,        o Plano          Director da Rede Natura, declarouse a acuicultura «de          interese público de primeira orde» e castrouse a lexislación          de avaliación ambiental.

Ademais        resulta chamativo que este PDAL NON inclúa no seu Informe de        Sustentabilidade Ambiental (ISA) como é preceitivo:
-As        medidas para reducir os efectos negativos sobre o territorio e        as variables da sustentabilidade.
-O        informe de viabilidade económica e orzamentos previstos.
Para        a Xunta «O PDAL non prevé a localización nin          desenvolvemento de ningún establecemento en concreto, senón          que é o marco estratéxico no que se deberán valorar estes»        polo que «non é necesario recoller un estudo económico          financeiro ao uso»  nin establecer as «medidas          necesarias para minorar os seus efectos negativos… que deben          centrarse e diferirse, necesariamente, á fase proxectual».        Sen unha análise nin de impactos nin de custos, a Xunta propón        unha desregulamentación de facto da acuicultura galega,        consagrando a discrecionalidade e cedendo o protagonismo de        desenvolver o sector e xestionar o litoral ás empresas.
Resulta        ben triste que na guía sobre os criterios de sustentabilidade e        integración paisaxística que acompaña a este PDAL, despois de        encher ducias de páxinas cunha variada serie de recomendacións        que afectan á sustentabilidade dos proxectos, a Xunta pretenda        resolver o impacto paisaxístico destes monstros con curiosas        propostas para «ambientalizar» macroinstalacións como a de Cabo        Vilán: Disposición en socalcos dos tanques de cría, muros        vexetais e redes de camuflaxe para agochar o cemento, moita        pintura verde e zonas axardinadas entre as piscinas… Para        Feijóo, o que non se ve, non pode causar dano!

Con este PDA, Feijóo aposta por unha      acuicultura modelo Chile, Guatemala ou Indonesia: Desfeita      ambiental, contaminación e man de obra escasa e precaria,      sometendo o litoral aos intereses das empresas. Mais este PDA      seguirá a ser outro «libro branco» ou campaña de publicidade      fallida da Xunta, mentres os fundos europeos de pesca sigan      excluindo a macroacuicultura industrial: Nin Stolt, nin moito      menos Pescanova tal e como está nestes intres, darán un paso sen      ter garantido o 50% de subvencións públicas

¿Y tú qué opinas de esto?