Comisiones denuncia que el Grupo Tragsa despidió a 200 personas en Galicia pero sigue pagando a sus directivos complementos por objetivos

ECONOMÍA | LABORAL

 

CC OO denuncia que o Grupo Tragsa prescindiu de 200 persoas en Galicia mentres paga complementos por obxectivos

O cadro de persoal do grupo na comunidade autónoma reduciuse un 19% no último ano

21-3-2013.- CC OO denuncia que o Grupo Tragsa prescindiu no último ano de case 200 traballadores e traballadores en Galicia, un 19%, ao tempo que se nomean novos directivos e se pagan complementos por obxectivos.

As seccións sindicais de CC OO no grupo explican que a dirección da empresa procedeu hai uns días ao pagamento da chamada dirección por obxectivos, que perciben algúns traballadores por lograr obxectivos por produción, marxe directa, carteira de pedidos ou produción pendente de facturar.

A situación «é aínda máis grave» se se ten en conta que co nomeamento de novos directivos se está a incrementar o organigrama da empresa, ao tempo que o persoal de Tragsa e de Tragsatec viu reducido o salario pola aplicación do RD 20/2012. Isto provocou que CC OO interpuxera as correspondentes demandas de conflito colectivo contra unha medida que considera «ilegal».

Grazas a esta redución salarial, o Grupo Tragsa puido pechar o 2012 con beneficios, pero as previsións para o 2013 é de perdas de varios millóns de euros. Para salvar a situación, a empresa «quere aplicar medidas de flexibilidade interna e, se é necesario, de flexibilidade externa», o que suporía máis perda de postos de traballo en Galicia e no conxunto da empresa.

CC OO non aceptará que se pretendan aplicar medidas traumáticas ao tempo que se aboen incentivos por obxectivos, que en todo caso se pagan á custa da diminución do poder adquisitivo do persoal do Grupo Tragsa.

Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s