Institutos de Ourense y Lugo en lucha contra la conversión en CIFP!

PRIVATIZACIÓN ENSEÑANZA

Institutos de Ourense e Lugo en loita contra a conversión en CIFP!

jueves, 21 marzo 2013

O Partido Popular suprime, unha vez máis, prazas de ESO e Bacharelato en centros públicos mentres deseñan o ensino galego en función dos intereses dos centros privados. Dun xeito similar ao que xa sucedeu no ano 2011, a Xunta vén de decretar a conversión en Centros Integrados de Formación Profesional do IES A Carballeira de Ourense e o IES As Mercedes de Lugo.

Este anuncio, sen previo aviso e sen ningún tipo de negociación provocará grandes problemas para as e os estudantes destes dous centros de ensino que se verán obrigados a buscar unha praza, para o vindeiro curso, nun instituto distinto posto que esta decisión unilateral da Consellería de Educación terá como consecuencia a supresión dos cursos da ESO e do Bacharelato dos mesmos.

A comunidade educativa IES As Mercedes de Lugo mobilizouse na mañá de hoxe contra unha medida que deixará ao sur desta cidade sen ningún instituto público e que afectará a máis dos 600 estudantes matriculados a día de hoxe neste Instituto.

Pola contra, mañá, venres 22, está convocada unha manifestación que partirá ás 12:00h na entrada do IES Carballeira de Ourense (Praza da Lexión s/n 32002, Ourense) para denunciar unha clara agresión ao dereito ao ensino e para rexeitar supresión destas prazas da ESO e Bacharelato.

A nosa organización quere mostrar a noso total oposición a estes recentes anuncios da Consellería de Educación e rexeitamos a supresión da totalidade dos cursos da ESO e do Bacharelato nos centros afectados. Amosamos tamén o noso apoio ás e aos estudantes destes centros que xa están a convocar diversas mobilizacións.

Se só somos números para eles que vexan que somos números cabreados, estamos farto/as de que non se nos tome en conta, e que nos teñamos que enterar pola prensa de que A Carballeira xa non será un centro de ensino secundario e de bachiller, isto non é unha mellora como se intenta transmitir dende os medios e dende a xunta, isto é un claro ataque contra ao noso e contra o dereito ao ensino, é un claro xesto de que nos estan a quitar a educación pública”

Estudante do IES Carballeira de Ourense

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s