Una novedosa aplicación web facilitará la inserción laboral de miembros de Cogami con discapacidad

APLICACIÓN WEB

Unha novidosa aplicación web facilitará a inserción laboral das persoas inscritas na bolsa de emprego de COGAMI

viernes, 25 enero 2013, 12:18, por Confederación Galega de Minusválidos (COGAMI)


25 de xaneiro de 2013

O Presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, e mailo Director Xeral da Fundación Vodafone España, Santiago Moreno, asinaron un convenio de colaboración co fin de mellorar a empregabilidade das persoas con discapacidade.

A través deste convenio, COGAMI inicia un novo proxecto que vai permitir a realización de actividades de orientación laboral e de asesoramento empresarial na contratación de persoas con discapacidade en Galicia. Trátase do deseño dunha aplicación web accesible a través dun PC, dunha Tablet ou dun Smartphone e que ofrece un servizo de intermediación laboral en tempo real e no momento que xurda a necesidade, tanto para facer unha orientación á persoa con discapacidade como para asesorar a un empresario sobre a contratación.

A aplicación está en fase de deseño e vai ofrecer para as persoas con discapacidade servizos sobre ofertas de emprego segundo o perfil da persoa ademais de ofertar cursos formativos, contacto co orientador laboral a través dun chat ou videoconferencia, a posibilidade de realizar consultas sobre temática laboral e a dispoñibilidade para elaborar curriculums, entrevistas de traballo ou cartas de presentación, por exemplo.

No caso dos empresarios, a aplicación permitirá o envío de ofertas de emprego, información actualizada sobre contratos subvencionados, a posibilidade de solicitar información á carta e o poder contactar cun orientador laboral vía chat ou videoconferencia.

A aplicación vaise desenvolver durante nove meses e constará de catro fases: requisitos, análise, deseño e implementación da implantación da Aplicación Web-Sil. Trala finalización destas fases, realizarase un proceso piloto de comprobación da eficacia da aplicación ao comprobala durante a orientación de 50 persoas e o asesoramento na contratación a 12 empresas durante tres meses. COGAMI promoverá a inserción laboral do 30% das persoas participantes neste proxecto.

A innovación é unha das apostas de COGAMI, un dos puntos fortes establecido no seu plan estratéxico. Na procura desta mellora está o desenvolver proxectos que favorecen a contratación do colectivo, moi castigado durante a crise económica. O convenio asinado coa Fundación Vodafone España supón un paso máis dentro das ferramentas útiles par ao acceso ao traballo que se suma a outra ferramenta web creada recentemente  pola Confederación e que lle permite ao empresario calcular as bonificacións existentes cando contrata a unha persoa con discapacidade.

Tamén a área de formación e emprego aposta por estar ao día á hora da busca activa de emprego. Por iso subvencionoulle un videocurriculum a 15 persoas inscritas na bolsa de emprego, formando parte do Programa Integrado a metade destas, un programa destinado a persoas que teñen máis problemas na procura de emprego, moitas delas por coincidirlles dúas cualidades,  ser muller e vivir no rural.

Anuncios

2 comentarios sobre “Una novedosa aplicación web facilitará la inserción laboral de miembros de Cogami con discapacidad

  1. En Galicia máis de 270.000 persoas teñen algún tipo de discapacidade, tal e como asegura o derradeiro informe da Xunta de Galicia sobre o uso das TIC para a integración laboral das persoas con discapacidade na empresa galega. A meirande parte delas son mulleres e a provincia con máis persoas con discapacidades é A Coruña, que concentra o 44%. As discapacidades físicas máis habituais na nosa comunidade.

    Me gusta

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s