MINERÍA POLÉMICA
Denuncia proxecto Corcoesto
lunes, 24 diciembre 2012, por Esquerda Unida – Izquierda Unida (Eu-Iu)
-
O Grupo Parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda organizará en xaneiro unhas xornadas sobre minería para tratar de loitar contra proxectos como os de Corcoesto. O voceiro do Grupo Parlamentario, Xosé Manuel Beiras, e os deputados, Xabier Ron e Antón Sánchez, visitaron a zona que se verá afectada polo proxecto acompañados da Plataforma pola Defensa de Corcoesto e veciños da zona
Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2012.- O voceiro do Grupo Parlamentario de Alternativa, Xosé Manuel Beiras, os deputados Xabier Ron e Antón Sánchez, visitaron esta mañá a zona que se verá afectada polo proxecto mineiro de Corcoesto acompañados por representantes da Plataforma pola Defensa de Corcoesto e veciños da zona e parroquias veciñas quenes lles trasladaron a súa preocupación polos efectos negativos que terá este proxecto na zona.
O Grupo Parlamentario denunciou unha vez máis a actitude da Xunta de Galiza en relación ao proxecto de extracción de ouro da empresa mineira Corcoesto SL (*) que aseguran é un intento de estafa e extorsión aos veciños do que o Goberno galego é “cómplice pasivo”. O Grupo Parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda considera moi grave que a Xunta tolere que unha sociedade de capital estranxeiro practique a extorsión e a chantaxe a través de cartas intimidatorias intolerables que está a enviar as veciños.
Os deputados parlamentarios de Alternativa Galega de Esquerda denuncia que “a misiva é un cúmulo de falsedades, dende a valoración do terreo, até o feito de que xa sexa inminente o proceso expropiatorio, que non o é, e que en caso de expropiarse os prezos sexan os que di a empresa”.
Os deputados insistiron en que a mina tramítase como proxecto industrial estratéxico cando o que en realidad supón é un expolio para todo o país cun proxecto de enorme impacto medio-ambiental (**) que, de aprobarse, tería consecuencias moi negativas de cara ao futuro. Os deputados parlamentarios destacan que “o proxecto mineiro de Corcoesto é máis propio de antigos modelos de desenvolvemento do terceiro mundo, da época colonial, polo seu impacto ambiental, polo saqueo dos nosos recursos naturais e pola súa insostibilidade”.
“Resulta evidente que este tipo de empresas busca países cunha lexislación ambiental moi laxa e onde atopen a complicidade das autoridades políticas, coma é o caso do goberno de Feijoo e do alcalde do PP de Cabana de Bergantiños” denunciaron desde Alternativa Galega de Esquerda e lembra ao respecto que un proxecto de idénticas características polo Principado de Asturias, decisión que foi confirmada polos Tribunais de Xustiza, desestimando as reclamacións da empresa.
Os deputados de Alternativa Galega de Esquerda advierten ademáis que existen actualmente máis proxectos similares o que suporía un ataque brutal para todo o noso país.
Os deputados do Grupo Parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda anunciaron tras a visita que levarán a cabo unhas xornadas específicas sobre minería na que convidarán a participar a todos os colectivos afectados coordinando todos os colectivos a nivel galego para entre todos tratar de acabar con esta agresión.
(*) 1.- A anterior sociedade, Rio Narcea Gold Mines S.L cambia o nome polo actual de Mineira Corcoesto S.L o 11/04/2012. O 100 % do capital pertece a Edgewater Exploration LTD (compañía canadiana constituida en xuño de 2007 en Vancouver)
(**) As características do proxecto:
-Excavación de un diámetro de 1,5 km
-Construción dunha balsa de decantación de 10.000.000 m3, semellante á de Aznalcollar que provocou o desastre natural no Parque Nacional de Doñana.
-Utilización de cianuro no proceso de obtención de ouro.