Fiesta del Solsticio de invierno de Eira da Xoaña (Adega)

FIESTA SOLSTICIO

Un ano máis dirixímosnos a vós para comunicarvos que por terceira ocasión, imos celebrar a festa do Solsticio de Inverno o vindeiro venres 21 de Decembro no equipamento da Eira da Xoana de Ramil, Agolada.

Con elo pretendemos coma sempre, recuperar os últimos ecos dun ritual milenario. Cunha edición máis, queremos traer de novo á nosa sociedade unha celebración que se perde na noite dos tempos. Nela rendíase homenaxe ao Sol, que rexuvenece neste día ganando espazo á escuridade para traernos luz, calor e vida.

O PROGRAMA previsto para a xornada é o seguinte:

17.00 h => Encontro na Eira. Para elaboración de fachos, boneco e realización doutros quefaceres necesarios para o desenvolvemento da actividade.

17.45 h => Subida ao Cotón dos fogos. Onde realizaremos un acto musical e poético de despedida ao Sol a medida que este se vaia agochando.

18.30 h => Queima do Tizón, facendo lume Novo que queima o ano vello que remata.

19.30 h => Acto literario e musical. Entre outros estará presente a figura do Apalpador que se dará a coñecer especialmente entre tod@s os nen@s que se acheguen. Faráo tamén Lois, que é un contador de historias que co seu orixinal humor, vainos falar da personaxe Percival e o solsticio.

20.30 h => Cea e Actuacións. Coma de costume nesta data, cadaquén deberá traer a súa comida para compartir nesta cea de convivio. Haberá queixo e café por unha aportación solidaria de 3 €.

–.– h => Remate.Cando se acaben os folgos.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s