La CIG rechaza los “abusivos” servicios mínimos propuestos por la Xunta para la huelga general

HUELGA GENERAL

Anuncia que no caso de non modificarse interporá recurso

A CIG rexeita a abusiva proposta de servizos mínimos presentada pola Xunta para a folga do día 14 de novembro

 

Compostela, a 6 de novembro, de 2012

 

A CIG trasladou esta mañá a súa total oposición á proposta de servizos mínimos presentada pola Xunta de Galiza para a folga do día 14 de novembro por considerala arbitraria, desproporcionada e falta de motivación. A central sindical entende que con este borrador de servizos mínimos non queda garantido o lexítimo exercicio do dereito á folga do conxunto do persoal que traballa para a administración galega. Por iso, a central nacionalista advirte que, de non producirse un cambio substancial, presentará recurso contencioso-administrativo.

 

A proposta presentada pola Consellaría de Facenda esta mañá ás centrais sindicais afecta ao persoal que traballa nos servizos, sectores e actividades baixo competencia da Xunta: seguridade, protección civil, medios de comunicación social, rexistro, educación, bombeiros, transportes, etc…

 

Mañá terá lugar a resposta por parte da administración, en canto as alegacións propostas pola CIG, nas que se recollen as conclusións do auto do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza do ano 2002.

 

A central sindical, agarda unha resposta en positivo, aínda que todo semella indicar que, dada a actitude da administración será difícil. De feito, a CIG denuncia que a proposta do Goberno galego supera incluso os servizos mínimos estabelecidos para folgas anteriores. A este respecto cómpre subliñar que tanto o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza e máis o Tribunal Supremo a instancias de recursos presentados pola CIG consideraron excesivos e abusivos os servizos mínimos decretados pola Xunta de Galiza.

 

Para a CIG resulta especialmente grave que a Xunta que malia estes antecedentes legais, a administración teime en conculcar dereitos fundamentais de xeito reiterado, cando debería ser a primeira en velar pola defensa destes dereitos e a primeira en cumprir as resolucións dos tribunais de xustiza.

 

Así as cousas, de non mudar substancialmente a proposta na xuntanza convocada para mañá mércores, a CIG anuncia que vai presentar recurso, xa que entende que o punto de partida para a negociación do decreto de servizos mínimos do día 14 de novembro ten que ser o auto do 19 de xuño de 2002 da sala do contencioso-administrativo do TSXG, que di: “enténdese que os servizos mínimos que hai que fixar para o período de folga convocado non poderán exceder en cada centro, departamento ou oficina, do número de persoas que normalmente permanecen neles con ocasión dun domingo ou día festivo, salvo que se trate de órganos que tales días permanecen pechados, no que haberá que atenderse ás quendas estabelecidas para os sábados”.

 

Porén, a Xunta ignora todas estes mandatos xudiciais e, unha vez máis, volve marcar unha actividade mínima claramente abusiva, co obxectivo de impedir aos traballadores/as ao servizo das administracións galegas que exerzan o seu lexítimo dereito á folga.

 

Servizos abusivos no ensino

No caso do ensino non se aplica o auto do TSXG, xa que de cumprirse o estabelecido polo alto tribunal galego ningún centro debería estar en funcionamento o día 14 de novembro, posto que nas fins de semana as escolas ou universidades permanecen pechadas.

 

Ademais, a CIG considera especialmente intolerábel que a Xunta volva privar dos seus dereitos ao persoal das escolar unitarias, xa que obriga á presenza dalgún/ha membro docente naqueles centros con menos de seis unidades.

 

Transporte escolar e de traballadores/as

A CIG solicitou a retirada como servizo mínimo, do transporte de escolares e dos traballadores/as. A central sindical considera que esta non é unha folga específica do sector do transporte, senón que ten carácter xeral e dun só día. Darlle a consideración de especial a este tipo de transporte imposibilita que os traballadores e traballadoras das compañías que prestan o servizo poidan exercer o seu dereito.

 

Administración de Xustiza

A central nacionalista solicitou a presenza nos xulgados e dependencias de xustiza dos servizos correspondentes a domingos ou sábados.

 

Televisión e radio galegas

Administración e comités de empresa negocian a aplicación da sentenza do Tribunal Supremo do 19 de xullo de 2012.

 

Agardando que sexa do voso interese. Un cordial saúdo

Gabinete de Comunicación CIG

 ——————————————————————–

CURSOS ASTURGALICIA

Un comentario sobre “La CIG rechaza los “abusivos” servicios mínimos propuestos por la Xunta para la huelga general

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s