UGT Galicia denuncia 15 millones en sanciones a las empresas de los que solo se cobraron cinco

UGT GALICIA

Dos 15 millóns impostos en multas no 2011, só foron resoltos cinco. Urxe a creación dunha unidade de recadación executiva (URE)

Máis de 5.000 infraccións cometidas polas empresas galegas no 2011 coa imposición de case 15 millóns de euros en sancións

A área de Seguridade Social é a que acumula máis infraccións e a de saúde laboral rexistra as contías máis altas en multas

Santiago, 17 de agosto de 2012. As estatísticas que recollen a actividade da Inspección de Traballo en Galicia, tanto no ano 2011 como no que vai de 2012, reflicten que nesta Autonomía as empresas seguen a cometer moitas infraccións, tanto en materia de relacións laborais, como de Seguridade Social ou seguridade e saúde laboral, neste último caso hai que lembrar que este xeito incorrecto de actuar por parte das empresas pode acabar en moitos casos coa vida de persoas ou invalidalos coas dramáticas consecuencias que isto acarrea para o afectado, a súa familia e a sociedade en xeral.

Por iso, dende UGT-Galicia alértase destas cifras, que non son meras estatísticas, senón que reflicten a cara máis oscura do mercado laboral e que entre todos, administracións, empresas e sindicatos, hai que traballar para mudar certas condutas e acabar coa impunidade coa que pretenden actuar moitos empresarios, aínda poñendo en risco a vida dos seus traballadores e cercenando os seus dereitos laborais, atentando en moitas ocasións contra a súa dignidade.

A UGT-Galicia preocúpalle que a crise sexa un argumento máis para que os empresarios baixen a guardia e poñan en risco os dereitos laborais dos traballadores e, incluso, a súa integridade física. Por isto, o Sindicato quere deixar claro que vai estar vixiante para evitar que os traballadores, que xa están a ser os grandes prexudicados desta conxuntura cunha limitación de dereitos a través dos decretos gubernamentais e reformas laborais, aínda non o sexan máis vendo violados os poucos dereitos que lles queden e poñendo en risco a súa seguridade e saúde.

Baixando ao terro das cifras que, como se dicía en parágrafos precedentes, non son máis que o espello do día a día das empresas, estas reflicten que no ano 2011 rexistráronse un total de 5.226 infraccións en acta, que afectaron a 19.093 traballadores e que acarrearon 14.962.172,25 euros para as empresas.

Deste total, 585 corresponden a relacións laborais, cun importe de 2.205.055 euros en sancións. Os traballadores afectados neste caso foron 7.361. Por provincias, detaca A Coruña que acumula a maioría das infraccións, 363, seguida de Pontevedra, con 152, Ourense, con 54, e Lugo, con 16.

En materia de seguridade e saúde laboral o número de infraccións recollidas en acta foi de 1.126, cun importe de 4.853.538,26 euros en sancións e víronse afectados 6.881 traballadores.

De novo é A Coruña a máis afectada con 605 infraccións, seguida de Pontevedra, con 342, Ourense, con 76, e Lugo, con 103.

Pero son as infraccións en materia de Seguridade Social as máis numerosas durante o ano 2011. Un total de 3.004, cun importe nas sancións de 4.643.121,10 euros e 3.647 traballadores afectados.

A CORUÑA, A PROVINCIA QUE MÁIS INFRACCIÓNS REXISTRA EN TODAS AS MATERIAS

A tendencia repítese como nas duas materias anteriores, A Coruña é a provincia que rexistra maior actividade infractora, con 1.338, seguida de Pontevedra, con 1.088, Lugo, con 363, e Ourense, con 215.

No que vai de ano, entre xaneiro de 2012 e marzo (últimos datos disponibles), a tendencia parece manterse. Con 1.163 infraccións en acta, no primeiro trimestre, cun importe de 3.605.926,56 euros e 9.032 traballadores afectados. A Coruña acumula 614 infraccións, 390 Pontevedra, 104 Lugo e 55 Ourense.

Unha actividade inspectora que denota que son moitas as empresa galegas que non cumpren a Lei e que urxe que aqueles que xestionan as relacións laborais, en todos os seus eidos, dentro do mundo da empresa tomen conciencia de que os traballadores teñen uns dereitos e que as relacións laborais ríxense por unhas normas de obrigado cumprimento. O contrario debe ser sancionado e perseguido con todos os instrumentos que ofrece a lexislación actual.

1.400.476 XORNADAS NON TRABALLADAS POR ACCIDENTE CON BAIXA

Tamén hai ouro dato salientable, o número de xornadas non traballadas por continxencias profesionais, que en Galicia ascendeu no 2011 a 1.400.476. E no que vai de ano, primeiro trimestre de 2012 xa suman 334.494 xornadas perdidas tanto por accidentes de traballo como por enfermidades profesionais.

DOS 15 MILLÓNS IMPOSTOS EN MULTAS NO 2011, A 10 DE FEBREIRO, SÓ FORAN RESOLTOS 1.304 EXPEDIENTES CUNHA CONTIA DE 5.510.536 EUROS

O pasado 10 de febreiro a Xunta facilitou o informe de sancións na orde social que permite observar como se están a desenvolver sobre o terreo, é dicir, na práctica, as infraccións impostas pola Inspección de Traballo. Trátase dos datos referidos aos expedientes resoltos en primeira instancia en Galicia en materia de infraccións e sancións da orde social.

Concretamente, no ano 2011 foron resoltos en primeira instancia un total de 1.304 expedientes, dos cales 502 corresponden a traballo e 802 a seguridade e hixiene. Estes expedientes e sancións xa resoltos trouxeron consigo un total de 5.510.536 euros. Estando á data referida aínda 1.353 expedientes (cunha contía de 8.919.363) en fase de recurso.

Para UGT-Galicia isto supón que a celeridade e obstinación que están a aplicar as administracións á hora de impoñer recortes aos traballadores e ao sector máis débil da sociedade, os desempregados, non a están a ter coas infraccións cometidas polos empresarios aínda que exista un expediente sancionador por parte da Inspección que apunta á violación da lexislación vixente.

Por iso, UGT-Galicia considera que urxe unha unidade de recadación executiva (URE) que faga efectivo o cobro das sancións. Así mesmo, no referente ás sancións por infrraccións moi graves en prevención de riscos laborais, UGT-Galicia demanda a posta en marcha do rexistro de consulta pública recollido na Orde do 30 xullo de 2008 sobre “Publicación das sancións por infraccións moi graves en materia de prevención de riscos laborais e creación dun rexistro de consulta pública”.

NON BAIXAR A GUARDIA EN MATERIA DE INSPECCIÓN E INCREMENTAR OS SEUS RECURSOS

Para a Comisión Executiva de UGT-Galicia, este balance amosa a importancia da actividade da Inspección de Traballo e Seguridade Social. Hai que lembrar que entre os obxectivos da Inspección destaca a loita contra o fraude, tanto en materia de réxime económico como no mal uso de determinadas modalidades de contratación, as diferentes formas de economía irregular ou o subemprego e a prevención de riscos laborais.

A Inspección de Traballo e Seguridade Social constitúe un instrumento esencial para a execución da política social e a mellora da calidade no traballo, polo que a relevancia social e política destas cuestións tradúcese en que por parte da Comisión Executiva UGT-Galicia reclamemos que continúe a incrementarse o número de inspectores en Galicia e a mellora dous seus medios técnicos para desenvolver a súa labor.

SECRETARIO DE SAÚDE LABORAL E MEDIO AMBIENTE DE UGT-GALICIA, CARLOS BELLAS

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s